A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 12/2001, seguido de oficio, contra Piedad Parga Vázquez, finalizando este trámite con acordo de inicio de expediente sancionador por dedica-la vivenda de promoción pública adxudicada a alugamento. Expediente LU-89/010, conta 9.
O citado acordo é do seguinte teor:
Acordo de inicio do expediente sancionador 12/2001:
Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo contra Piedad Parga Vázquez, adxudicataria da vivenda de promoción pública construída baixo o expediente LU-89/010, conta 9 e unha vez terminadas estas, e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes
Feitos:
1. Con datas 13 de marzo de 2001, realizouse visita de inspección á vivenda 3º A do edificio nº 21 da rúa Aquilino Iglesia Alvariño de Lugo, acollido ó réxime de vivendas de promoción pública baixo número LU-89/010, resultando da mesma que na vivenda non reside a propietaria Piedad Parga Vázquez e na que vive Begoña Gómez en réxime de alugamento.
2. O artigo 5, apartado B e C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que «a dedicación das vivendas de protección oficial a usos non autorizados ou a alteración do réxime de uso das mesmas, establecido na cédula de cualificación definitiva» e «o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses», constitúe una infracción grave.
Fundamentos de dereito:
1. É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.
2. Ó amparo do disposto no artigo 3.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a presentar tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.
Poderán, así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme ó establecido no artigo 8 do citado regulamento.
3. En particular, e segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días a contar desde a notificación do presente acordo para presentaren os documentos ou informacións que estimen convenientes e propoñeren probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.
4. Os feitos indicados poden ser constitutivos de infracción administrativa tipificada no apartado e, 6 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda da que aparece como presunta responsable Piedad Parga Vázquez, podendo corresponder unha sanción de 100.001 a 500.000 pesetas de multa, sen prexuízo do que resulte da tramitación do presente procedemento.
5. De acordo co artigo 153 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro, o presunto responsable ten dereito a coñecer, entre outros extremos, o instructor do procedemento sancionador, dereito que o artigo 13.1º do Regulamento do procedemento estende ó coñecemento do secretario, sendo o seu réxime de recusación o previsto nos artigos 28 e 29 da dita lei.
Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, esta delegación
ACORDA:
1. Incoa-lo procedemento administrativo sancionador contra Piedad Parga Vázquez, como presunta responsable dos feitos sinalados.
2. Nomear instructor do expediente a Francisco Centeno Márquez xefe da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e como secretario a Ángel Negrete Rico, inspector da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo.
3. Conceder un prazo de quince días para presentaren os interesados cantas alegacións, documentos e informacións estimen convenientes, e, de se-lo caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretendan valerse.
Comuníquese o presente acordo ó órgano instructor con traslado de tódalas actuacións practicadas, e notifíquese ó interesado, entendendo en todo caso como tal ó inculpado, con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Lugo, 8 de xuño de 2001.
Antonio Boné Piña
Delegado provincial de Lugo