Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2001 Páx. 11.211

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de xuño de 2001 pola que se lle concede o cambio de denominación e a autorización definitiva ó centro privado Benposta Ciudad de los Muchachos de Ourense, para impartir educación secundaria obrigatoria e bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais, segundo os datos do anexo.

Examinado o expediente instruído por instancia do centro privado Benposta-Ciudad de los Muchachos de Ourense, solicitando cambio de denominación e autorización definitiva para impartir educación secundaria obrigatoria e bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Tendo en conta os informes da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, así como o contemplado

na disposición transitoria terceira, alínea c) do Real decreto 1004/1991, no referente ó bacharelato.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo cambio de denominación do centro privado Benposta-Ciudad de los Muchachos pasando a denominarse Benposta-Nación de Muchachos.

Segundo.-Autorizar ó centro privado Benposta-Nación de Muchachos de Ourense, para impartir educación secundaria obrigatoria e bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais, segundo se especifica no anexo desta orde.

Terceiro.-Para as ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado para imparti-las ditas ensinanzas.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente y a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: Finca Benposta.

Código do centro: 32008653.

Denominación anterior: Benposta-Ciudad de los Muchachos.

Nova denominación: Benposta-Nación de Muchachos.

Titular: Benposta-Nación de Muchachos.

Composición resultante:

a) Centro de educación primaria: 6 unidades.

b) Centro de educación secundaria:-4 unidades de educación secundaria obrigatoria.-4 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.