Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 21 de agosto de 2001 Páx. 11.197

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 1 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento de pagamento ó debedor que se sinala (expediente LU-83/430, conta 33).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil, notifícaselle ó interesado, cos datos e domicilio que a continuación se relaciona, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que, en data 31 de maio de 2001, ascenden á cantidade que se sinala, facéndoselle constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito por vostede coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 25 de novembro, e no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poña ó día nas súas obrigas, ou compareza na delegación provincial en trámite de audiencia, co fin de presenta-los documentos e xustificacións que considere convenientes no seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución do seu contrato e iniciación do oportuno expediente de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Lugo, 29 de xuño de 2001.

P.A.

Eugenio Basanta Curbera

Xefe da Área Provincial de Lugo

ANEXO

Nome: Alberto Vilar Fernández.

Expediente: LU-83/430.

Conta: nº 33.

Enderezo: rúa Río, 6-3º F, 27880 Burela (Lugo).

Importe da débeda: 2.350.720 pesetas.