Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 21 de agosto de 2001 Páx. 11.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 12 de xuño de 2001, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve a clasificación dos montes Barxela e Lomba do Cruceiro, pertencentes á parroquia de Ribadetea, do concello de Ponteareas.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co diposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, dictou a seguinte resolución:

Asistentes:

Presidente:

José Luis Díez Yáñez (delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente).

Vocais:

Luis Mª Muíños Vidueira (letrado da Asesoría Xurídica da Xunta).

Isabel Catoira Lamela (avogada do colexio da provincia).

Teodoro Arribas Serrano (xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais).

Vocais representantes da parroquia de Ribadetea do concello de Ponteareas:

Teodoro Otero Pérez.

Benigno Sobral Domínguez.

Secretaria:

Mª José León Gómez (xefa do Servicio Técnico-Xurídico da Delegación de Medio Ambiente).

Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día trinta de maio de 2001, coa asistencia das persoas á marxe sinaladas, reúnese na 3ª planta do edificio sito no nº 47 da rúa Benito Corbal o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común co obxecto de decidir sobre a clasificación dos montes Barxela e Lomba do Cruceiro, da parroquia de Ribadetea, do concello de Ponteareas.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por Teodoro Otero Pérez, na cualidade de presidente da comunidade veciñal de Ribadetea, do concello de Ponteareas, solicitou en data 10-4-1996, a iniciación dos trámites para a clasificación como veciñais en man común dos montes Barxela e Lomba do Cruceiro, da parroquia de Ribadetea, do concello de Ponteareas.

Segundo.-O Xurado Provincial de Clasificación de Montes veciñais, na súa reunión de data 18-11-1996, acordou inicia-los trámites para a clasificación dos referidos montes, así como a remisión do expediente ó Servicio de Montes e Industrias Forestais da entón Delegación Provincial de Agricultura, Gandería e Montes de Pontevedra para o seu estudio e informe, nomeándose instructor do expediente a José Juan Barreiro Prado.

Terceiro.-Cumprida e observada a tramitación legal e regulamentariamente esixida, procedeuse á apertura do trámite de audiencia, non formulándose oposición á clasificación solicitada.

Cuarto.-Por acordo do xurado na reunión celebrada en data 29-11-2000, e como consecuencia da Sentencia do Tribunal Constitucional no recurso de inconstitucionalidade nº 175/1990, noméase instructor do expediente a José Luis Díez Yáñez.

Quinto.-Polo que afecta ás parcelas das que se solicita a clasificación, obedecen á seguinte descrición:

Nome do monte: Barxela.

Cabida: 6,5 ha aproximadamente.

Estremas:

Norte: propiedades particulares de Leandina Otero Toucedo, José Fernández Domínguez, Ramón Fernández Álvarez, Algira Lage Carracedo, María Represas Canesa, Manuel Lemos Represas, Manuel Graña Francisco e María Represas Canesa.

Sur: propiedades particulares de Consuelo Amil Lorenzo e José Santos Ucha.

Leste: propiedades particulares de Joaquín Ucha Noguereda, Victoria Castelo Otero, Eusebio Veiga Garrido, Celia Álvarez Troncoso, José Fernández Domínguez, Purificación Domínguez Portas, Albino Otero Portas, Gregorio Domínguez Portas, Guillermo Rema Grandal, Benito Andrés Ucha, Manuel Ucha Ocampo, Celia Fernández Lorenzo, Mª Victoria Rodríguez Alvariño, Salvador Fernández Troncoso, Marcelino Domínguez Rivas e Sara Amil Lorenzo.

Oeste: propiedades particulares de Estrella Lemos Ucha, Francisco Areal Estévez, Artenio Lage Carracedo, Claudino Fontánez Toucedo, Sara Amil Lorenzo, Antonio Toucedo Cerdeira, Manuel Ucha Domínguez, Teodoro Otero Pérez, Algira Lage Carracedo, Nieves Piñeiro Iglesias, Carmen Lage Fernández e pista a Xelas.

Nome do monte: Lomba do Cruceiro.

Cabida: 1 ha aproximadamente.

Estremas:

Norte: Cerámica de Ponteareas, S.L. e propiedad particular de Eugenio Alejandro Mayo.

Sur: estrada e Lomba de Ares.

Leste: propiedad particular de Salvador Fernández, Pista e zona residencial A Freixa, estrada de Ponteareas a Pazos de Borbén.

Oeste: parque de maquinaria da deputación provincial.

Fundamentos de dereito.

1. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o teor do establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

2. Trátase de dúas parcelas ben delimitadas, a primeira delas, Barxela, inclúe un campo de fútbol, sendo o resto piñeiral aberto con distintas clases de idade; e a segunda, Lomba do Cruceiro, atópase atravesada pola estrada de Ponteareas-Pazos de Borbén e está rodeada de fábricas, naves e pistas, non tendo vexetación arbórea ninguha, resultando se-lo sobrante do monte que no seu día foi cedido para camping e construcción da urbanización A Freixa e para fins industriais, segundo consta na resolución deste xurado provincial de data 5-12-1979, facendo constar que segundo o informe que figura no expe

diente os veciños declaran vir aproveitando as ditas parcelas desde tempo inmemorial consuetudinariamente en réxime de comunidade.

3. De conformidade co establecido no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, así como no artigo 1 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, cómpre entender por montes veciñais en man común «... os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades productivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa cualidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Así, segundo abondosa xurisprudencia, o feito que xustifica a clasificación ou non como veciñal dun determinado monte, en vía administrativa, é a circunstancia de terse ou non demostrado o aproveitamento veciñal de feito do dito monte por parte dos veciños; e no presente caso, pois que o informe preceptivo realizado polo técnico competente manifesta a realidade do dito aproveitamento veciñal, queda así efectivamente acreditado que ámbolos dous montes cumpren suficientemente o recollido no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, propoñéndose a súa clasificación con tal carácter.

En consecuencia, vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación ó caso examinado, o instructor propón e de maneira unánime o xurado

ACORDA:

Clasificar como veciñal en man común a favor dos veciños da parroquia de Ribadetea do concello de Ponteareas os montes Barxela e Lomba do Cruceiro por terse demostrado, no curso do expediente, o aproveitamento veciñal de feito en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, e reuniren os requisitos establecidos no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, correspondéndose coa planimetría elaborada para o efecto polo Servicio de Montes e Industrias Forestais que forma parte inseparable da presente resolución, e de acordo coa descrición, cabida e estremas sinalada no antecedente de feito quinto.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da presente notificación, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei

30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Pontevedra, 12 de xuño do 2001.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra