Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 21 de agosto de 2001 Páx. 11.190

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (754/2000).

Eu, Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe es testemuño de que nos autos de xuízo número 754/2000, seguidos por instancia de Manuel Fontao Pereira contra a empresa García Albañiles, C.B. e outros, sobre indemnización por danos e perdas, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

Sentencia. Lugo, 28 de xuño de 2001.

Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal número 754/2000, sobre reclamación de indemnización por danos e perdas, no que son partes, como demandante, Manuel Fontao Pereira, representado polo graduado social Juan Carlos Varela López e, como parte demandada, a empresa Construcciones Paraño, S.A., representada polo procurador Jacobo Varle aPuga e asistida do letrado Gerardo Acosta Santos. Non compareceron os codemandados empresa García Albañiles, C.B., Celestino García Castro, Jesús García García, nin a compañía aseguradora Asefa, malia estaren citados en legal forma.

Decido que estimando en parte a demanda imterposta por Manuel Fontao Pereira, debo condenar e condeno os demandados García Albañiles, C.B., Construcciones Paraño, S.A., Celestino García Castro, Jesús García García, e a compañía aseguradora Asefa, a lle aboar ó demandante, solidariamente entre todos eles, a cantidade de trinta e cinco millóns de pesetas (35.000.000 de pesetas). A aseguradora deberá, ademais, aboa-los xuros do artigo 20.4º LCS 60/1980, do 8 de outubro, desde a data desta resolución.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-69 nº de autos 754/2000, que este Xulgado do Social ten aberta no Banco de Bilbao-Vizcaya desta cidade, na rúa da Raíña nº 1, a cantidade obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la

responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo

número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 25.000 pesetas prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 754/2000 do Banco Bilbao-Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de se-la empresa demandada quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa García Albañiles, C.B., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, o 28 de xuño de 2001.