Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 21 de agosto de 2001 Páx. 11.189

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (344/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres en funcións do Xulgado do Social número catro de A Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 344/2001, por instancia de Ruth Modera Vila, contra Centro Peluqueros Grupo Mar Vigo, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Ruth Modera Vila contra a empresa Centro Peluqueros Grupo Mar Vigo, S.L. debo declarar improcedente o despedimento efectuado á demandante o 11-4-2001, condenando a demandada a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ó aboamento da cantidade de 325.479 pesetas en concepto de indemnización e ó aboamento dos salarios deixados de recibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta resolución a razón de 5.000 pesetas diarias.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o resgardo acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número identificador 5606, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen o cal requisito non poderá terse anunciado o recurso e quedará firme a sentencia, debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o resgardo na secretaría ó tempo de

interpoñe-lo recurso, declarándose o mesmo este desistido de non constituírse tal depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Centro Peluqueros Grupo Mar Vigo, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña, o 2 de xullo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado