Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 20 de agosto de 2001 Páx. 11.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (9/2000).

A Comisión de Goberno municipal, en sesión celebrada o día 29 de decembro de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e estatutos presentados pola comisión xestora do Polígono E7.01 do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixen

te coas modificacións nas bases que se sinalan a continuación:

Base 2ª. Criterios para valora-los predios achegados:

1. Os dereitos e deberes dos propietarios determínanse en proporción ás súas respectivas cotas de urbanización, establecidas en función da superficie dos predios da súa pertenza.

2. O valor por metro cadrado de superficie determinarase por aplicación ó aproveitamento establecido polo planeamento para cada terreo concreto, do valor básico de repercusión na parcela recollido nos relatorios de valores catastrais ou, se é o caso, do de repercusión na rúa ou tramo de rúa corrixido na forma establecida na normativa técnica de valoración catastral. Nos supostos de inexistencia ou perda de vixencia dos valores dos relatorios catastrais, aplicaranse os valores de repercusión obtidos polo método residual.

3. Nos supostos de discrepancia sobre a propiedade dun terreo, parte del ou dos seus lindeiros, a propiedade conceptuarase de litixiosa, asumindo o Concello da Coruña a representación dos dereitos e intereses desas titularidades, para os efectos da tramitación do expediente, ata que sexa dictada resolución definitiva polos tribunais ordinarios.

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, advertíndolles que poderán solicita-la incorporación a xunta de compensación no prazo dun mes contado a partir da presente notificación mediante escrito presentado ante a propia comisión xestora ou ante este concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se achega, facultando a comisión xestora e no seu nome a José Freire Amador, como secretario dela, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Advertirlle á comisión xestora de que, unha vez vencido o prazo dun mes ó que se refire o punto segundo precedente, e logo de declaración de firmeza que será realizada por esta Administración, deberá de proceder á constitución da xunta de compensación con citación dos propietarios que solicitaran a súa incorporación, para o que dispoñen dun prazo máximo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representación municipal no órgano rector da xunta o xefe de xestión no Servicio de Urbanismo, Carlos Hernández López.

Sexto.-Requirir á comisión xestora, e no seu nome a José Freire para que ingrese na Caixa Municipal en concepto de depósito previo correspondente á liquidación da taxa pola tramitación do expediente, que ascende á cantidade de cincuenta e sete mil trescentas trinta (57.330) pesetas, advertíndolle que sen a xustificación de ter ingresado a dita cantidade non se poderá dar trámite ó proxecto de compensación.

O que se publica para xeral coñecemento indicando que, contra este acordo, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación. Non obstante pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a alcaldía-presidencia no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é a partir do mes de telo interposto.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2001.

O alcalde

P.D.

Rubricado