Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 20 de agosto de 2001 Páx. 11.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación de subministración sucesiva de carne de porco e friames para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 56/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Obxecto: subministración sucesiva de carne de porco e friames, estructurada nun único lote:

Lote 1: carne de porco:

1.1. Costela de porco.

1.2. Costeletas de porco.

1.3. Xamón desosado.

1.4. Lombo de porco.

1.5. Touciño entrefebrado.

1.6. Cacheira de porco salgada.

1.7. Xogas do pernil (codillos).

1.8. Chorizo caseiro.

1.9. Pa de porco fresca.

1.10. Touciño entrefebrado de porco con costela salgada.

1.11. Salchichas.

1.12. Touciño.

1.13. Unto.

Lote 2: friames:

2.1. Chorizo caseiro.

2.2. Lombo adobado.

2.3. Xamón.

2.4. Mortadela.

2.5. Salchichón.

2.6. Friame de pa.

2. Orzamento estimado: 25.027.702 pesetas (vintecinco millóns vintesete mil setecentas dúas pesetas), IVE incluído, 150.419,52 euros (cento cincuenta mil catrocentos dezanove euros con cincuenta e dous céntimos).

3. Garantías:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación (500.554 pesetas - 3.008,39 euros).

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación (1.001.108 pesetas - 6.016,78 euros).

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e ordinario.

5. Prazo de execución: catorce meses, desde o 1 de novembro de 2001 ou desde a data de sinatura do contrato, se fose posterior. Este contrato poderase prorrogar nos termos que recolle a cláusula 2.3.2 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

6. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

7. Solvencia económica e financeira: acreditación libre atendendo os criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Solvencia técnica: acreditación libre atendendo os criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Criterios de adxudicación:

Número de puntos

1. Oferta económica:ata un 50%

2. Calidade dos materiais:ata un 40%

3. Servicio técnico da subministración:ata un 10%

10. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de contratación administrativa do Hospital Clínico Universitario A Choupana, s/n 15706 - Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

11. Clasificación: non se esixe.

12. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

13. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, ás 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

14. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2001.

Felipe Casanueva Freijo

Xerente xeral en funcións do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela