Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 20 de agosto de 2001 Páx. 11.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 20 de xuño de 2001, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-02122-O-2000 e PO-02197-S-2000).

Pola presente cédula, notifícanselles ós/ás denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo),

recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que lles asiste para interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contados desde o seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, sendo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

E para que conste e sirva de notificación ós/ás denunciados/as, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, citada anteriormente, expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 20 de xuño de 2001.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-02122-O-2000

M-2319-JX

G.C. Tráfico

C.P. Carballal, S.L.

Río Maior-Sta. Cristina, 3, 36141 Vilaboa (Pontevedra)

Circular transportando un palé de tellas planas (150 tellas) desde Pontevedra ata Vilaboa, carecendo da tarxeta de transportes. Servicio privado complementario.

4-8-2000; 11; N-550; 126,500

Artigo 103 da Lei

16/1987 e artigo 158 do

R.D. 1211/1990

Artigo 143 da Lei

16/1987 e artigo 201

do R.D. 1211/1990

25.000 pesetas
PO-02197-S-2000

PO-7473-W

Servicio fiscal

Patrulla de Portos e Costas de Marín

María Paula Núñez Lens

Avenida Ourense, 34-3º B, 36900 Marín (Pontevedra)

Circular con mercadoría perecedoira (20 kg de xurelo), carecendo do certificado de autorización para o transporte de mercadorías perecedoiras (vehículo non isotermo).

25-8-2000; 5.15

Artigo 7 do Real decreto

237/2000, do 18 de

febreiro, sobre transporte

de productos alimentarios

a temperatura regulada

(BOE nº 65, do 16 de

marzo)

Artigo 143 da Lei

16/1987 e artigo 201

do R.D. 1211/1990

25.000 pesetas