Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 20 de agosto de 2001 Páx. 11.081

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de xullo de 2001 pola que se conceden subvencións a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Por Orde do 8 de marzo de 2001 (DOG do 2 de abril), publicouse a convocatoria para a concesión de subvencións a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concedérlle-las subvencións, nas contías que se sinalan, ás escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Desestima-las solicitudes presentadas polas escolas de música que se relacionan no anexo II, polas causas que se indican.

Terceiro.-Para facer efectivo o pagamento das subvencións, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, Subdirección Xeral de Centros, Servicio de Xestión de Programas Educativos, antes do 15 de outubro de 2001, a xustificación completa dos gastos realizados.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Solicitante

Concello

Contía

da subvención concedida (pesetas)

Real Sociedad Económica de Amigos PaísSantiago

de Compostela

500.000

Asociación Cultural da Banda de Música

de Visantoña

Santiso500.000

Sociedade Recreativa San Xoán de CaloTeo500.000

Asociación Cultural Escola de Música

e Danza de Chantada

Chantada500.000

Banda de Música Cultural de LalínLalín500.000

Banda de Musica Unión de GulánsPonteareas500.000

Banda de Música Xuvenil de XinzoPonteareas500.000

Agrupación Musical do RosalRosal, O500.000

Asociación Amigos de la MúsicaSalceda

de Caselas

500.000

Sociedade Cultural Deportiva Atlántida

de Matamá

Vigo500.000

Asociación Banda Escola de Música de BeadeVigo500.000

Asociación Cultural CoppeliaVigo500.000

ANEXO II

SolicitanteConcelloCausa da denegación

Concello de LousameLousameNon ter autorización expresa da Consellería de Educación e O.U. para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo segundo da orde de convocatoria)

Concello de PadrónPadrónA Escola de Música Municipal de Padrón non é unha escola de música privada (artigo primeiro da orde de convocatoria)

Asociación Coral

de Samos

SamosNon ter autorización expresa da Consellería de Educación e O.U. para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo segundo da orde de convocatoria)

Unión Cultural

de Campolameiro

Campola-

meiro

A solicitude foi presentada fóra de prazo

Asociación Cultural Banda de Música Popular de RubiósNeves, AsNon ter autorización expresa da Consellería de Educación e O.U. para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo segundo da orde de convocatoria)