Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 17 de agosto de 2001 Páx. 11.075

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial Recaré-2 (expediente 3597/401).

O Pleno do Concello, en sesión do 28 de xuño de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan parcial 03-09-Recaré 2, promovido pola entidade mercantil Inmobiliaria Recaré, S.A. e redactado polo arquitectos José Enrique López Santander e Álvaro Gil-Delgado, de acordo coas determinacións da aprobación inicial e a documentación que consta no expediente 3597/401, dándose así cumprimento ó disposto na sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nº 652/2000, do 4 de maio, dictada no recurso contencioso-administrativo nº 2/5066/1996.

Segundo.-Desestima-la alegación formulada por Antonio Rodríguez Vila, con data de entrada no rexistro da Xerencia de Urbanismo do 14-3-2001 (doc. nº 174291), polos motivos que se recollen na parte expositiva deste acordo. Estimar parcialmente a alegación formulada por José León Escobar Torrado o 10-5-1995 (doc. nº 579848), nos termos expostos no informe técnico do 14-6-1995, que se recolle na parte expositiva deste acordo.

Terceiro.-Declara-la conservación e, conseguintemente, a plena validez e eficacia dos acordos do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de datas respectivas 5-9-1997, 24-6-1999 e 6-4-2000, polos que se aprobaron definitivamente as bases e estatutos da xunta de compensación (expediente 3986/401), o proxecto de compensanción (expediente 4148/401) e o proxecto de urbanización (expediente 4160/401) do devandito ámbito, así como dos demais actos firmes dictados en execución do anterior acordo plenario do 8-2-1996, de aprobación definitiva do Plan parcial 03-09-Recaré 2.

Cuarto.-Publicar este acordo no DOG e no BOP. Notificarlles este acordo ós propietarios interesados, ós alegantes e á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, con cumprimento dos trámites previstos no artigo 48 da LSG.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá intepoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte o da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio e publicación no taboleiro de edictos do conecello notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios que sexan descoñecidos, dos que se ignore o lugar da notificación ou ben intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 27 de xullo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo