1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Persoal. Nº de expediente 12650/220.
2. Obxecto do contrato: descrición: subministración e implantación dunha aplicación informática de administración de recursos humanos e nómina para o Concello de Vigo.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo: 50 días naturais.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento: 16.000.000 de pesetas (96.161,94 euros).
5. Garantía: provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.
Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG e no BOP.
Documentación: a esixida na cláusula 9 do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
Variantes: non se admiten.
9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.
10. Outras informacións:
11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.
Vigo, 27 de xullo de 2001.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde