Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 17 de agosto de 2001 Páx. 11.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

O Pleno do Concello, na sesión do día 28 de xuño de 2001, aprobou inicialmente a modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) no ámbito do solo urbanizable non programado número 17 (SUNP-17) do Restollal, segundo o proxecto formulado polos servicios técnicos municipais en maio de 2001.

O obxectivo principal desta modificación diríxese a altera-la proporción dos distintos usos autorizados no sector, sen varia-la edificabilidade total permitida, incrementando as posibilidades de uso residencial e comercial, e reducindo as de hoteleiro e oficinas.

En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial da modificación determina automáticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa nova ordenación, sen prexuízo da concesión daquelas que, baseadas no réxime vixente, respecten así mesmo as determinacións do novo planeamento, segundo permite o artigo 120.1º do Regulamento de planeamento.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2001.

José a. Sánchez Bugallo

Alcalde