Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 17 de agosto de 2001 Páx. 11.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ACORDO do 2 de xullo de 2001 polo que se anuncia concurso con procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación das obras de abastecemento e saneamento en Samieira PSA/01.

Tipo de licitación: 10.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Fianzas: definitiva por importe do 4% do tipo.

Prazo de execución: tres meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, de 9 a 13.30 horas, dentro do prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Apertura de plicas: na Casa do Concello de Poio, ás 13.30 horas do terceiro día hábil posterior ó de remate do prazo de presentación (agás sábados).

Información: no Servicio de Contratación na Secretaría do Concello de Poio, teléfono: 986 77 00 01 e fax: 986 77 12 77.

Criterios de adxudicación: os indicados na cláusula 9ª do prego.

Gastos: por conta do adxudicatario, estipulados na cláusula 20ª.

Poio, 2 de xullo de 2001.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde