Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 17 de agosto de 2001 Páx. 11.072

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Cervo, en sesión do 16 de xuño de 2001, acordou aprobar incialmente o modificado segundo do Plan parcial do parque empresarial de Cuíña, redactado polo enxeñeiro de camiños José Enrique Cacicedo Herreros, por instancia da empresa Xestur Lugo.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes para o seu exame e alegacións polos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O prazo contarase a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG.

Cervo, 27 de xuño de 2001.

José Insua Pernas

Alcalde-presidente