Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 17 de agosto de 2001 Páx. 11.072

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión con data do 17 de xullo de 2001, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación do volume da unidade

de execución nº 16, situada no Temple-Cambre, presentado por Avelino López Camba, en representación de Epaat, S.L. e redactado polo arquitecto Rafael Pier Romero. O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincial, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, e o artigo 140 do regulamento de planeamento.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado nas oficinas da área de Urbanismo e réxime interior deste concello.

Cambre, 7 de agosto de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde