Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 17 de agosto de 2001 Páx. 11.044

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de agosto de 2001 pola que se convocan estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2001-2002, destinadas a funcionarios docentes non universitarios e se aproban as súas bases de concesión.

O artigo 56 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, determina que a formación permanente constitúe un dereito e unha obriga de todo o profesorado e unha responsabilidade das administracións educativas e dos propios centros e, na súa disposición adicional terceira, sinala que as administracións educativas pro

verán os recursos necesarios para garantir, no proceso de aplicación da lei, a inclusión de actividades, como poden se-las estadías en empresas, para asegurarlles a tódolos profesores ó longo da súa vida profesional a posibilidade de acceder a períodos formativos fóra do centro escolar.

Así mesmo, o actual proceso de implantación da nova formación profesional, estructurada en ciclos formativos, nos que se establece con carácter obrigatorio e avaliable un período de formación en centros de traballo, fai necesario que os profesores teñan previamente un coñecemento directo dos procesos productivos que se desenvolven nas empresas, as novas tecnoloxías que incorporan e as realizacións profesionais dos traballadores nos diferentes postos de traballo, para, deste xeito, perfila-lo programa formativo que os alumnos deberán realizar no módulo de formación en centro de traballo. Neste sentido, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria proponse satisface-las devanditas necesidades formativas, co obxectivo, en todo caso, de consegui-la mellora do sistema educativo a través da formación dos seus profesionais.

Durante estes últimos anos vense ofertando esta modalidade de formación do profesorado, destinadas a funcionarios docentes non universitarios e convocada mediante orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria baixo a denominación de estadías formativas en empresas ou institucións. Precisamente, a experiencia levada a cabo con esta acción evidencia un axeitado procedemento de actualización de coñecementos e, ó mesmo tempo, unha forma de achega-lo profesorado que imparte clases en formación profesional específica ó mundo productivo e ós avances tecnolóxicos de que dispoñen as empresas galegas.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Convocatoria e requisitos dos candidatos.

Primeiro.-Convócanse 120 prazas de estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2001-2002, dirixidas a funcionarios docentes de formación profesional específica destinados en centros dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo as condicións e a distribución que se establecen e relacionan nesta orde.

Os funcionarios deberán pertencer a algunha das especialidades do profesorado para impartir módulos de formación profesional específica, segundo o R.D. 1635/1995, do 6 de outubro e o R.D. 777/1998, do 30 de abril, ou estar adscritos a prazas dalgunha das especialidades indicadas, así como aqueles que estean impartindo clases en formación profesional específica.

En todo caso, a estadía solicitada estará relacionada coa súa actividade docente.

Os candidatos deberán reuni-los seguintes requisitos:

1. Estar en situación de servicio activo e prestar servicios durante os cursos 1999-2000 e 2000-2001 en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Ser funcionario de carreira ou funcionario en prácticas nalgún dos corpos e escalas ós que se alude este artigo. En casos excepcionais e sempre que queden vacantes, logo de asigna-las prazas a funcionarios, os interinos que estean impartindo clases durante o curso 2001-2002 en módulos asociados a unha unidade de competencia dos ciclos formativos de formación profesional específica, poden solicitar unha estadía de 2 semanas de duración, sempre e cando se xustifique a súa necesidade inmediata e a vista das características do módulo, ciclo e centro no que imparte clases.

3. Non ter que realiza-lo servicio militar ou servicio social substitutivo no período de realización da estadía en empresas.

4. Non ter realizado estadías formativas en empresas durante os 2 últimos cursos académicos outorgadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

5. Non estar a desfrutar ou ter concedida no curso 2001-2002 licencia por estudios, xa que se consideran incompatibles para realizar no mesmo período de vixencia das estadías formativas en empresas ámbalas dúas modalidades de formación.

Modalidades.

Segundo.-Segundo se trate de empresas ofertadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou empresas e prazas distintas das anteriores e propostas polo interesado, establécense dúas modalidades:

Tipo A: estadías formativas nas empresas acollidas a este programa, que se relacionan no anexo I.

Tipo B: estadías formativas noutras empresas ou institucións cun mínimo de 5 traballadores. Neste caso, o profesorado deberá concertar coa empresa o contido e duración da estadía e presentará un proxecto segundo o esquema recollido no anexo III.

Distribución das prazas.

Terceiro.-Do total das 120 prazas que se convocan, distribúense da seguinte forma: para a modalidade A=109 prazas e para a modalidade B=11 prazas. As prazas non cubertas polos candidatos nalgunha das dúas modalidades serán acumuladas na outra.

Solicitudes e documentación.

Cuarto.-Os candidatos a realiza-las estadías formativas en empresas que se convocan, deberán pre

senta-la súa solicitude segundo o modelo do anexo II, e acompañada da documentación que se indica a continuación:

1. Folla de servicios, segundo modelo do anexo VI, certificada pola delegación provincial correspondente e pechada a 30 de setembro de 2001, e que será solicitada e tramitada polo interesado.

2. Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que se considere conveniente alegar. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no anexo IV desta orde.

3. Relación numerada e asinada da documentación presentada, seguindo a orde que aparece no indicado anexo IV.

4. Non serán tidos en conta nin valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente nin os que se aleguen fóra do prazo ó que se refire o punto quinto desta convocatoria.

Prazo de presentación.

Quinto.-O prazo de presentación, tanto para a modalidade A como para a B, rematará o día 13 de setembro de 2001. As solicitudes, xunto coa documentación, deberán presentarse a través do rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais ou mediante calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sendo imprescindible que na instancia apareza a data de recepción no organismo público correspondente. Se, en uso deste dereito, o expediente é remitido por correo, é necesario que se presente en sobre aberto para que sexa datado e selado polo funcionario de correos antes de que se proceda á súa certificación.

As oficinas receptoras remitiranlle os expedientes á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional), San Lázaro 107, 15771, Santiago de Compostela, dentro das corenta e oito horas seguintes á súa recepción.

Informe da inspección.

Sexto.-Cerrado o prazo de presentación de solicitudes, o Servicio Provincial de Inspección Educativa emitirá o correspondente informe a instancia da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, segundo o modelo que aparece como anexo V a esta orde. Este informe deberá ser remitido á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, no prazo de 5 días naturais e será preceptivo á hora de valora-la autorización da solicitude.

Sétimo.-Aspectos do informe e valoración.

1. O mencionado informe do servicio de inspección referirase ós seguintes aspectos:

a) Organización da súa actividade docente (programación, metodoloxía, utilización de recursos, criterios de avaliación, actividades extraescolares, etc.).

b) Participación no funcionamento dos centros (traballo cos equipos docentes, departamentos, seminarios, colaboración cos órganos de goberno, titorías, etc.).

c) Participación en programas educativos de innovación e reforma.

2. O resultado deste informe traducirase nunha valoración global de cero a tres puntos.

Comisión de selección.

Oitavo

1. A selección dos candidatos realizaraa unha comisión integrada polos seguintes membros:

-A subdirectora xeral de Formación Profesional e de Educación de Adultos, que será o presidente.

-O subdirector xeral de Ordenación Educativa.

-O xefe do Servicio de Formación do Profesorado.

-A xefa de Servicio de Formación en Empresas e Orientación Laboral.

-Un inspector de educación.

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que actuará como secretario, con voz e sen voto.

2. Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente nomeará un representante que poderá asistir ás sesións da comisión con voz e sen voto.

3. A comisión poderá dispo-la constitución de subcomisións técnicas especializadas só para os efectos de colaborar na valoración dos méritos relacionados nos puntos 1 e 4 do anexo IV.

Resolución da convocatoria.

Noveno.-A comisión seleccionadora realizará unha selección segundo a puntuación obtida conforme o baremo que figura como anexo IV desta convocatoria.

1. En caso de empate entre os funcionarios, este dirimirase atendendo sucesivamente ós seguintes criterios:

a) Maior puntuación no punto 2 do baremo.

b) Maior puntuación no punto 3 do baremo.

2. A relación dos preseleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nos edificios

administrativos de San Caetano e San Lázaro e nos das delegacións provinciais, abríndose un prazo de dez días naturais para efectuar reclamación. Transcorrido este prazo, unha vez estudiadas e, se é o caso, atendidas as ditas reclamacións, a comisión seleccionadora elevará ó director xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a proposta de resolución desta convocatoria, xunto coa acta ou actas definitivas con expresión das valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final dos seleccionados. A resolución definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia.

No mesmo prazo establecido no parágrafo anterior, poderán presentarse renuncias á concesión das estadías en empresas perante a mencionada comisión seleccionadora.

Décimo.-Unha vez resolta esta convocatoria, soamente se admitirán renuncias ás actividades concedidas en casos de excepcional gravidade e libremente apreciados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O profesorado que non participe na actividade para a que foi seleccionado perderá a súa preferencia para participar nas vindeiras tres convocatorias da actividade, agás nos casos excepcionais autorizados.

As solicitudes consideraranse desestimadas de non quedar resolta a convocatoria no prazo de seis meses, desde a data da publicación desta convocatoria no DOG.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Períodos de duración das estadías formativas en empresas.

Décimo primeiro.-O período de duración das estadías para a modalidade A será o indicado no anexo I para cada empresa.

Para as estadías que se concedan pola modalidade B, a duración estará comprendida entre 15 días e 2 meses.

Décimo segundo.-Ó finaliza-lo período da estadía, os profesores beneficiarios presentarán ante a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de 15 días contados desde a finalización da estadía realizada, unha memoria do traballo individual desenvolvido, no que

se farán constar, entre outros, e como mínimo, os seguintes aspectos:

a) Descrición do proceso productivo. Perfís profesionais que participan diferenciados segundo os niveis de cualificación.

b) Realizacións máis significativas de cada perfil profesional.

c) Tecnoloxías utilizadas e a súa presencia no equipamento de cada ciclo formativo (valoración da súa necesidade ou conveniencia de incorporalo).

d) Cambios que se prevén no sistema productivo (evolución da competencia profesional).

e) Programa de formación en centros de traballo que se podería realizar nesa empresa e nos diferentes ciclos formativos da súa familia profesional.

f) Posible formación do profesorado que podería desenvolve-la empresa ou traballadores desta oferta de formación específica dirixida ó profesorado e que se considera interesante dada a profesionalidade detectada no ámbito de cada empresa.

g) Valoración da estadía de formación: aspectos positivos e aspectos que se deben mellorar.

Décimo terceiro.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria disporá das memorias dos traballos realizados de acordo coa lexislación vixente sobre propiedade intelectual.

Unha copia da memoria será enviada pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional á empresa na que cada profesor realizou a estadía.

Situación administrativa e compromisos dos seleccionados.

Décimo cuarto.-Durante a estadía na empresa os profesores seleccionados recibirán os emolumentos correspondentes ás súas retribucións básicas e complementarias. O profesorado seleccionado terá dereito, de acordo co establecido na Orde do 18 de xuño de 1990 (DOG do 4 de xullo), a unha bolsa de asistencia por día sempre e cando a actividade se desenvolva fóra do concello onde está situado o centro educativo de destino ou do concello onde teña o seu domicilio habitual.

A contía da bolsa que percibirá por día de asistencia á empresa será a que se indica a continuación, tendo en conta a distancia en quilómetros de ida e volta entre o seu domicilio habitual e a empresa:

a) Menos de 30 quilómetros: 1.750 pesetas/día.

b) Entre 31 e 50 quilómetros: 2.250 pesetas/día.

c) Entre 51 e 75 quilómetros: 3.000 pesetas/día.

d) Entre 76 e 100 quilómetros: 3.650 pesetas/día.

e) Máis de 101 quilómetros: 4.500 pesetas/día.

En todo caso, a contía máxima que poderá percibir en concepto de bolsa de asistencia non poderá supera-la cantidade de 150.000 ptas.

As bolsas están suxeitas ó IRPF e serán aboadas nun pagamento, unha vez finalizadas as actividades e entregada a memoria, coa certificación do Servicio de Formación en Empresas e Orientación Laboral de estar realizada a actividade de acordo co establecido nesta orde.

Décimo quinto.-As bolsas de asistencia aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.322S.640.1 e por un importe máximo de 18.000.000 de pesetas. Estas estadías están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Décimo sexto.-Os profesores realizarán durante a súa estadía na empresa o horario productivo que esta teña establecido.

Décimo sétimo.-Durante o período de estadía na empresa ou en institucións, os profesores estarán acollidos á Mutualidade de Funcionarios do Estado e ás pólizas de seguro de accidentes e responsabilidade civil subscritas pola Xunta de Galicia. A substitución deste profesorado que realice unha estadía formativa en empresas non supón ningún incremento de gasto no capítulo I do orzamento de gastos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Décimo oitavo.-Durante o período de estadía formativa en empresas, os profesores non terán vínculo ou relación laboral coa empresa ou institución de acollida, nin poderán ocupar un posto de traballo dentro do seu cadro de persoal, polo que quedarán excluídos da lexislación laboral.

Décimo noveno.-A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional remitiralles ás delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria unha relación dos profesores e do período de tempo que estean realizando as estadías formativas nas empresas, para o seu envío á Inspección de Traballo.

Vixésimo.-A concesión de autorización para estadías en empresas implicará a incompatibilidade con calquera outra actividade pública ou privada.

Vixésimo primeiro.-O non cumprimento do disposto nesta convocatoria poderá dar lugar á revogación da correspondente estadía formativa, sen prexuízo da posible incursión en responsabilidades disciplinarias de acordo co vixente Regulamento do réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Seguimento.

Vixésimo segundo.-A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, a tra

vés dos servicios de inspección de educación, efectuará o adecuado seguimento e control das estadías formativas.

Certificación.

Vixésimo terceiro.-Segundo o disposto no punto 14.2º da Orde do 13 de decembro de 1994 (DOG do 13 de xaneiro de 1995), pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro de actividades de formación permanente do profesorado e se establecen as equivalencias das actividades de investigación e das titulacións, os profesores que realicen unha estadía formativa en empresas ó abeiro desta orde, con avaliación positiva, obterán a seguinte certificación:

1. Estadías formativas ata 15 días de duración: certificación de 20 horas de formación.

2. Estadías de 16 a 29 días de duración: certificación de 35 horas de formación.

3. Estadías formativas de 30 a 44 días de duración: certificación de 50 horas de formación.

4. Estadías formativas de 45 a 59 días de duración: certificación 70 horas de formación.

5. Estadías formativas de máis de 59 días de duración: certificación de 80 horas de formación.

Retirada da documentación.

Vixésimo cuarto.-Durante o mes de outubro de 2001 os concursantes poderán retira-la súa documentación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (rúa San Lázaro, 107-Santiago de Compostela), directamente ou a través de persoa autorizada. Transcorrido o prazo, entenderase que renuncian á súa recuperación, perdendo todo dereito sobre ela.

Vixésimo quinto.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde e, así mesmo, para prorrogar automaticamente o período de presentación de solicitudes, de non cubrirse totalmente nesta convocatoria, dentro do curso 2001-2002.

Vixésimo sexto.-Os directores e directoras dos centros educativos arbitrarán as medidas necesarias para que esta orde sexa coñecida por todo o profesorado destinatario desta convocatoria.

Vixésimo sétimo.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Distribución das prazas para estadías en empresas da modalidade A que se convocan para o curso 2001-2002

Cod.

emp.

Nome

empresa

Centro de

traballo

Cod.

estadía

Especialidade

estadía

PrazasPeríodo

ofert.

DuraciónAnoMod.Concello

empre.

Provincia

empre.

06AlcoaAluminio Español270611Análise e química industrial (laboratorio)1Novembro1 mes2001ACervoLugo

06AlcoaAluminio Español270621Hidráulica e pneumática1Outubro1 mes2001ACervoLugo

26Altia Consultores, S.L.Altia Consultores, S.L. (A Coruña)152611Informática (A Coruña)1Do 1 ó 15 de febreiro15 días2002AA CoruñaA Coruña

26Altia Consultores, S.L.Altia Consultores, S.L. (Vigo)362611Informática (Vigo)1Do 1 ó 15 de febreiro15 días2002AA CoruñaA Coruña

51Artesanos Queseros de Galicia, S.L. (Arquega)Artesanos queseros de Galicia (Aranga-A Coruña)155111Contabilidade, fiscalidade, xestión administrativa, financeira e de recursos humanos1Do 1-4 ó 31-5 de 20012 meses2002AArangaA Coruña

54Asociación Euroeume. Centro de Desenvolvemento LocalAsociación Euroeume (As Pontes de Gª. Rguez.)155411Creación e desenvolvemento de productos e servicios turísticos1Do 1 ó 31 de marzo1 mes2002AAs Pontes de Gcía. Rguez.A Coruña

20Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos (Pontevedra-Vigo) AtraAutoviasa (Vigo)362014Carrocería, pintura, mecánica e electricidade do automóbil (Comercial Autovía, S.A. Autoviasa)1Marzo1 mes2002AVigoPontevedra

20Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos (Pontevedra-Vigo) AtraFerwagen, S.A. (Vigo)362012Carrocería, pintura, mecánica e electricidade do automóbil (Ferwagen, S.A.)1Febreiro1 mes2002AVigoPontevedra

20Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos (Pontevedra-Vigo) AtraGonzacoca (Vigo)362013Carrocería, pintura, mecánica e electricidade do automóbil (Gonzacoca)1Marzo1 mes2002AVigoPontevedra

20Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos (Pontevedra-Vigo) AtraSalvador Fernández de Automoción, S.A. (Vigo)362011Carrocería, pintura, mecánica e electricidade do automóbil (Salvador Fernández de Automoción, S.A.)1Febreiro1 mes2002AVigoPontevedra

11Asociación de Industrias de Punto e Confección de Lugo, Ourense e PontevedraChoiva, S.L. (Ribadumia)361111Confección impermeables (empresa: Choiva, S.L. Sisán-Ribadumia)1Marzo1 mes2002AVigoPontevedra

11Asociación de Industrias de Punto e Confección de Lugo, Ourense e PontevedraCidistex, S.L. (Vigo)361112Confección deportes (empresa: Cidistex, S.L. Vigo)1Decembro1 mes2001AVigoPontevedra

11Asociación de Industrias de Punto e Confección de Lugo, Ourense e PontevedraCreac Foque, S.L. (Nigrán)361113Punto nenos (empresa: Creac. Foque, S.L.

Priegue-Nigrán)

1Novembro1 mes2001AVigoPontevedra

11Asociación de Industrias de Punto e Confección de Lugo, Ourense e PontevedraD'Aquela (Lalín)361114Confección señora (empresa: D'Aquela, S.A. Lalín)1Novembro1 mes2001AVigoPontevedra

11Asociación de Industrias de Punto e Confección de Lugo, Ourense e PontevedraForestil, S.L. (Vigo)361115Confección bordados (empresa: Forestil, S.L. Vigo)1Febreiro1 mes2002AVigoPontevedra

11Asociación de Industrias de Punto e Confección de Lugo, Ourense e PontevedraSagres, S.L. (Redondela)361116Confección uniformes (empresa: Rotelpa, S.A. Vigo)1Xaneiro1 mes2002AVigoPontevedra

05Astano, estaleiros e talleres do noroesteAstano (Fene)150511Deseño-delineación1Outubro1 mes2001AFeneA Coruña

05Astano, estaleiros e talleres do noroesteAstano (Fene)150521Mantemento e servicios á producción1Febreiro1 mes2002AFeneA Coruña

05Astano, estaleiros e talleres do noroesteAstano (Fene)150531Sistemas electrónicos1Abril1 mes2002AFeneA Coruña

05Astano, estaleiros e talleres do noroesteAstano (Fene)150541Soldadura1Marzo1 mes2002AFeneA Coruña

35Astillero Barreras (Hijos de J. Barreras, S.A.)Astillero Barreras (Vigo)363511Soldadura e caldeirería1Do 5 de marzo ó 18 de abril44 días2002AVigoPontevedra

35Astillero Barreras (Hijos de J. Barreras, S.A.)Astillero Barreras (Vigo)363521Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque1Do 2 de maio ó 14 de xuño44 días2002AVigoPontevedra

31CaramésCaramés (Sada)153121Montaxe1Do 20 ó 26 de outubro1 semana2001ASadaA Coruña

31CaramésCaramés (Sada)153131Organización e control da producción1Do 20 ó 26 de outubro1 semana2001ASadaA Coruña

63Centro Comarcal do SalnésCentro Comarcal do Salnés (Cambados)366311Promoción, desenvolvemento e recursos turísticos en base comarcalDo 1 ó 30 de marzo1 mes2002ACambadosPontevedra

22Centro de Saúde Abrente y Lago-SergasCentro de saúde Abrente y Lago-Sergas (A Coruña)362211Prevención bucodental1Do 9 de xaneiro ó 9 de marzo2 meses2002AA CoruñaA Coruña

04Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG)CRTVG (Santiago de Compostela)150411Estética e maquillaxe1Febreiro1 mes2002ASantiago de CompostelaA Coruña

04Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG)CRTVG (Santiago de Compostela)150421Imaxe1Novembro1 mes2001ASantiago de CompostelaA Coruña

04Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG)CRTVG (Santiago de Compostela)150431Mantemento eléctrico1Marzo1 mes2002ASantiago de CompostelaA Coruña

04Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG)CRTVG (Santiago de Compostela)150441Producción audiovisuais1Novembro1 mes2001ASantiago de CompostelaA Coruña

04Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG)CRTVG (Santiago de Compostela)150451Sistemas informáticos1Marzo1 mes2002ASantiago de CompostelaA Coruña

24Complexo Hospitalario Juán Canalejo da CoruñaHospital Juan Canalejo (A Coruña)152415Laboratorio de referencia bioquímica e hematoloxía1Do 8 de xaneiro ó 8 de marzo2 meses2002BA CoruñaA Coruña

24Complexo Hospitalario Juán Canalejo da CoruñaHospital Juan Canalejo (A Coruña)152414Procesos de hospitalización1Febreiro1 mes2002AA CoruñaA Coruña

Cod.

emp.

Nome

empresa

Centro de

traballo

Cod.

estadía

Especialidade

estadía

PrazasPeríodo

ofert.

DuraciónAnoMod.Concello

empre.

Provincia

empre.

24Complexo Hospitalario Juán Canalejo da CoruñaHospital Juan Canalejo (A Coruña)152416Radioloxía1Do 8 de xaneiro ó 8 de marzo2 meses2002AA CoruñaA Coruña

24Complexo Hospitalario Juán Canalejo da CoruñaHospital Juan Canalejo (A Coruña)152416Servicio de Anatomía Patolóxica1Do 1 de outubro ó 30 de novembro2 meses2001AA CoruñaA Coruña

24Complexo Hospitalario Juán Canalejo da CoruñaHospital Juan Canalejo (A Coruña)152413Servicio de Microbioloxía1Do 1 ó 31 de marzo1 mes 1 unha semana2002BA CoruñaA Coruña

24Complexo Hospitalario Juán Canalejo da CoruñaHospital Juan Canalejo (A Coruña)152412Técnicas e procesos de enfermería1Outubro1 mes2001AA CoruñaA Coruña

24Complexo Hospitalario Juán Canalejo da CoruñaHospital Juan Canalejo (A Coruña)152411Técnicas e procesos de enfermería1Novembro1 mes2001AA CoruñaA Coruña

43Concello de LugoEstación de tratamento de augas (Lugo)274311Estación de tratamento de auga potable: augas de uso e consumo1Do 10-1 ó 10-32 meses2002ALugoLugo

25Creaciones EnmanuelCreaciones Enmanuel (Lalín)362511Confección en tecido1Do 8 de xaneiro ó 2 de febreiro1 mes2002ALalínPontevedra

19Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de OurenseResidencia 3ª Idade de Cabeza de Vaca (Barbadás)321914Atención socio-sanitaria1Febreiro1 mes2002AOurenseOurense

19Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de OurenseResidencia 3ª Idade do Carballiño321913Atención socio-sanitaria1Febreiro1 mes2002AOurenseOurense

19Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de OurenseResidencia 3ª Idade do Carballiño321911Atención socio-sanitaria1Febreiro1 mes2002AOurenseOurense

19Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de OurenseResidencia 3ª Idade de Cabeza de Vaca (Barbadás)321912Atención socio-sanitaria1Febreiro1 mes2002AOurenseOurense

19Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de OurenseResidencia 3ª Idade de Castro Caldelas321915Atención socio-sanitaria1Febreiro1 mes2002AOurenseOurense

28Deputación Provincial de Pontevedra (Estacion Fitopatolóxica do Areiro)Estación Fitopatoloxía do Areiro (Pontevedra)362811Cría de insectos parásitos e depredadores1Outubro1 mes2001APontevedraPontevedra

09EndesaEndesa (As Pontes de Gª. Rguez.)150912Instrumentación (central térmica)1Xaneiro e febreiro2 meses2002AAs Pontes de Gª. Rguez.A Coruña

09EndesaEndesa (As Pontes de Gª. Rguez.)150921Laboratorio (central térmica)1Outubro e novembro2 meses2001AAs Pontes de Gª. Rguez.A Coruña

09EndesaEndesa (As Pontes de Gª. Rguez.)150932Mantemento eléctrico (central térmica)1Febreiro e marzo2 meses2002AAs Pontes de Gª. Rguez.A Coruña

09EndesaEndesa (As Pontes de Gª. Rguez.)150952Medio ambiente (central térmica)1Outubro e novembro2 meses2001AAs Pontes de Gª. Rguez.A Coruña

09EndesaEndesa (As Pontes de Gª. Rguez.)150922Telecomunicacións (mina)1Do 1-10 ó 15-111 mes e medio2001AAs Pontes de Gª. Rguez.A Coruña

09EndesaEndesa (As Pontes de Gª. Rguez.)15023Telecomunicacións (mina)1Do 7 de xaneiro ó 22 de febreiro1 mes e medio2002AAs Pontes de Gª. Rguez.A Coruña

07Finsa-financiera Maderera, S.A.Finsa Orember (Ourense)150711Mantemento eléctrico (Orember-Ourense)1Marzo3 semanas 2002ASantiago de CompostelaA Coruña

07Finsa-financiera Maderera, S.A.Finsa Fibranor (Rábade-Lugo)150721Química industrial (Fibranor Rábade-Lugo)1Abril3 semanas2002ASantiago de CompostelaA Coruña

21Fremap (mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da SS.SS.Fremap (Pontevedra)362111Seguridade, hixiene e prevención de riscos laborais1Do 14 de xaneiro ó 14 de marzo de 20022 meses2002APontevedraPontevedra

27Frigo Diz, S.A.Frigo Diz (A Coruña)152711Mantemento e servicios á producción (módulos de frío e aire acondicionado)1Do 1 ó 30 de outubro1 mes2001AA CoruñaA Coruña

32Grupo EstorrentadaGrupo Estorrentada (Cambre)153211Acabados1Do 14 ó 25 de xaneiro2 semanas2002ACambreA Coruña

32Grupo EstorrentadaGrupo Estorrentada (Cambre)153221Control de calidade1Do 14 ó 25 de xaneiro2 semanas2002ACambreA Coruña

32Grupo EstorrentadaGrupo Estorrentada (Cambre)153231Operar con máquinas gobernadas por C.N.C.1Do 1 ó 12 de outubro2 semanas2001ACambreA Coruña

32Grupo EstorrentadaGrupo Estorrentada (Cambre)153241Organización e control da producción1Do 2 ó 13 de outubro2 semanas2001ACambreA Coruña

14Idasa-A CoruñaIdasa (A Coruña)151411Administración1Do 15 de outubro ó 15 de decembro2 meses2001AA CoruñaA Coruña

29IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais)IGAEM (Santiago de Compostela)152911As xiras de espectáculos (comunicación, imaxe e son)12ª quincena de outubro2 semanas2001ASantiago de CompostelaA Coruña

29IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais)IGAEM (Santiago de Compostela)152112As xiras de espectáculos (comunicación, imaxe e son)12ª quincena de outubro2 semanas2001ASantiago de CompostelaA Coruña

23IgapeIgape (Santiago de Compostela)152313Proxectos e servicios de apoio á empresa1Xaneiro e febreiro2 meses2002ASantiago de CompostelaA Coruña

23IgapeIgape (Santiago de Compostela)152312Proxectos e servicios de apoio á empresa1Marzo e abril2 meses2002ASantiago de CompostelaA Coruña

15Imprenta Universidade de Santiago de CompostelaImprenta Universidade de Santiago de Compostela151511Artes gráficas: preimpresión, impresión offset e manipulados1Novembro1 mes 2001ASantiago de CompostelaA Coruña

15Imprenta Universidade de Santiago de CompostelaImprenta Universidade de Santiago de Compostela151512Artes gráficas: preimpresión, impresión offset e manipulados1Novembro1 mes 2001ASantiago de CompostelaA Coruña

Cod.

emp.

Nome

empresa

Centro de

traballo

Cod.

estadía

Especialidade

estadía

PrazasPeríodo

ofert.

DuraciónAnoMod.Concello

empre.

Provincia

empre.

34InducaInduca (Valdoviño)153411Acabados1Do 20 ó 31 de maio2 semanas2002AValdoviñoA Coruña

34InducaInduca (Valdoviño)153421Control de calidade1Do 2 ó 15 de abril2 semanas2002AValdoviñoA Coruña

34InducaInduca (Valdoviño)153431Operar con máquinas gobernadas por C.N.C.1Do 1 ó 15 de maio2 semanas2002AValdoviñoA Coruña

34InducaInduca (Valdoviño)153441Organización e control da producción1Do 14 ó 26 de abril2 semanas2002AValdoviñoA Coruña

01Izar (Astillero Ferrol)Izar (Astillero Ferrol)150111Axust. mont. torner. fresador1Outubro1 mes2001AFerrolA Coruña

01Izar (Astillero Ferrol)Izar (Astillero Ferrol)150121Control numérico. fabric. turb.1Febreiro 1 mes2002AFerrolA Coruña

01Izar (Astillero Ferrol)Izar (Astillero Ferrol)150131Electrónico1Abril1 mes2002AFerrolA Coruña

01Izar (Astillero Ferrol)Izar (Astillero Ferrol)150141Mecanizado fabric. turb.1Marzo 1 mes2002AFerrolA Coruña

44Mapfre (banca y seguros)Mapfre (Lugo)274411Operacións bancarias e operacións de seguros e reaseguros1Do 7-1 ó 7-3 de 20012 meses2002BLugoLugo

17Motores y Vehículos Orense, S.A. Opel MoyvesaOpel Moyvesa (Ourense)321711Reparación integral de vehículos1Outubro e novembro2 meses2001AOurenseOurense

30Puertas Tren Sarman, S.A.Puertas Tren Sarman, S.A. Cambre)153011Control de calidade1Do 1 ó 15 de abril15 días2002ACambreA Coruña

30Puertas Tren Sarman, S.A.Puertas Tren Sarman, S.A. Cambre)153021Operar con máquinas gobernadas por C.N.C.1Do 1 ó 16 de outubro15 días2001ACambreA Coruña

30Puertas Tren Sarman, S.A.Puertas Tren Sarman, S.A. Cambre)153031Organización e control de la producción1Do 15 ó 30 outubro15 días2001ACambreA Coruña

02Repsol Petróleo, S.A.Repsol Petróleo

(A Coruña)

150213Electrónica de control1Febreiro1 mes2002AA CoruñaA Coruña

02Repsol Petróleo, S.A.Repsol Petróleo

(A Coruña)

150211Electrónica de control1Novembro1 mes2001AA CoruñaA Coruña

02Repsol Petróleo, S.A.Repsol Petróleo

(A Coruña)

150214Electrónica de control1Maio1 mes2002AA CoruñaA Coruña

02Repsol Petróleo, S.A.Repsol Petróleo

(A Coruña)

150212Electrónica de control1Outubro1 mes2001AA CoruñaA Coruña

02Repsol Petróleo, S.A.Repsol Petróleo

(A Coruña)

150215Electrónica de control1Marzo1 mes2002AA CoruñaA Coruña

02Repsol Petróleo, S.A.Repsol Petróleo

(A Coruña)

150225Verificación mecánica1Marzo1 mes2002AA CoruñaA Coruña

02Repsol Petróleo, S.A.Repsol Petróleo

(A Coruña)

150221Verificación mecánica1Novembro1 mes2001AA CoruñaA Coruña

02Repsol Petróleo, S.A.Repsol Petróleo

(A Coruña)

150223Verificación mecánica1Febreiro1 mes2002AA CoruñaA Coruña

02Repsol Petróleo, S.A.Repsol Petróleo

(A Coruña)

150224Verificación mecánica1Maio1 mes2002AA CoruñaA Coruña

02Repsol Petróleo, S.A.Repsol Petróleo

(A Coruña)

150222Verificación mecánica1Outubro1 mes2001AA CoruñaA Coruña

10Seat Marineda Motor, S.A.Seat Marineda Motor (A Coruña)151011Chapa e pintura do automóbil1Do 1 de abril ó 15 de maio1 mes e medio2002AA CoruñaA Coruña

65Tambre PielTambre Piel (políg. do Tambre-Santiago de Compostela)156511Pel e napa1Abril1 mes2002ASantiago de CompostelaA Coruña

12TelefónicaTelefónica (A Coruña)151212Equipos de telefonía (A Coruña)1Marzo1 mes2002AA CoruñaA Coruña

12TelefónicaTelefónica (A Coruña)151211Equipos de telefonía (A Coruña)1Febreiro1 mes2002AA CoruñaA Coruña

12TelefónicaTelefónica (A Coruña)151213Equipos de telefonía (A Coruña)1Abril1 mes2002AA CoruñaA Coruña

12TelefónicaTelefónica (Vigo)151242Equipos de telefonía (Vigo)1Marzo1 mes2002AVigoPontevedra

12TelefónicaTelefónica (Vigo)151241Equipos de telefonía (Vigo)1Febreiro1 mes2002AVigoPontevedra

12TelefónicaTelefónica (Vigo)151243Equipos de telefonía (Vigo)1Abril1 mes2002AVigoPontevedra

03Televés-Telcor, S.A.Televés-Telcor (Santiago de Compostela)150311Axuste e reparación de equipos electrónicos1Outubro15 días2001AA CoruñaA Coruña

03Televés-Telcor, S.A.Televés-Telcor (Santiago de Compostela)150321Mantemento e instrumentación1Novembro15 días2001AA CoruñaA Coruña

16Transportes Azkar, S.A.Trasnportes Azkar (Lugo)271611Procesos comerciais e procesos de xestión administrativa1Abril1 mes2002ALugoLugo

08Unión FenosaUnión Fenosa (Pontevedra)360823Electricidade (Pontevedra)1Novembro1 mes2001AVigoPontevedra

08Unión Fenosa (Vigo)Unión Fenosa (Vigo)360822Electricidade (Vigo)1Febreiro1 mes2002AVigoPontevedra

08Unión FenosaUnión Fenosa (Meirama)150831Mantemento e servicios á producción (Meirama)1Febreiro1 mes2002AA CoruñaA Coruña

08Unión FenosaUnión Fenosa (Meirama)150832Mantemento e servicios á producción (Meirama)1Febreiro1 mes2002AA CoruñaA Coruña

40Universidade de Vigo (Facultade de Ciencias)Facultade de Ciencias (Campus Ourense)324011Microbioloxía e hixiene alimentaria1Do 1 de outubro ó 30 de novembro2 meses2001BOurenseOurense

56Universidade de Santiago: Facultade de Medicina e OdontoloxíaFacultade de Mediciña e Odontoloxía (Santiago de Compostela)155611Odontoloxía1Do 15-1 ó 30-21 mes e medio2002ASantiago de CompostelaA Coruña

52Universidade de VigoITS Ingenieros de Comunicación (Vigo)155211Montaxe de circuítos electrónicos, manexo de aparatos de medida convencionais e novas tecnoloxías das comunicacións1Do 1-2 ó 31-32 meses2002AVigoPontevedra

57Vilar Castro Hnos., C.B.Villar Castro Hnos. (A Coruña)155711Mecanizados e soldadura1Do 1 ó 30 de abril1 mes2002AA CoruñaA Coruña

ANEXO III

Esquema do proxecto para a modalidade B

1. Empresa ou institución de acollida:

CIF:

Nome ou razón social:

Titular da empresa:

Nº de traballadores:

Titor da estadía:

Enderezo:

Localidade:

Provincia:

Teléfono:

Fax:

2. Denominación da especialidade da estadía formativa.

3. Actividade da empresa e familias profesionais coas que se relaciona.

4. Módulos profesionais da formación profesional específica asociados á especialidade da estadía e ás actividades do programa formativo, que poden ser impartidas polo profesor solicitante.

5. Obxectivos que se pretenden acadar mediante a estadía formativa, con especial referencia á repercusión na súa práctica docente nos ciclos formativos.

6. Descrición das actividades que se realizarán durante o período da estadía formativa na empresa ou institución de acollida (máximo 5 follas).

ANEXO IV

MéritosTotal puntos máximoDocumentos

1. Proxecto de estadía formativa para a modalidade B
1.1. Polo interese que ofreza para mellora-la calidade do ensino na impartición dos ciclos formativos de formación profesional específica0 a 5O solicitado no anexo III

2. Méritos docentes:
2.1. Servicios docentes
2.1.1. Por cada ano de servicio como funcionario de carreira: 1 punto por ano completo

2.1.2. Por cada ano de servicio coa condición de catedrático adquirida: 0,20 puntos por ano completo

2.1.3. Por cada ano de servicio como profesor en prácticas, interino ou contratado: 0,50 puntos por ano completo (agás o primeiro ano que pode ser máis de nove meses)

Por estes tres subapartados ata 10 puntosFolla de servicios certificada e pechada pola delegación provincial correspondente e fotocopia compulsada do título administrativo de funcionario de carreira
2.2. Informe do servicio de Inspección de Educación. Ata3

3. Actividades de formación permanente:
3.1. Dirección e/ou docencia en actividades de perfeccionamento relacionadas coa súa especialidade:

0,50 puntos por actividade como máximo

4Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas
3.2. Asistencia a cursos, grupos estables, seminarios e outras actividades da especialidade: 0,25 puntos por actividade como máximo2
3.3. Cursos de lingua galega:
3.3.1. Especialización1,5
3.3.2. Perfeccionamento1
3.3.3. Iniciación0,5
(Nota: non acumulables entre si)

4. Publicacións ou investigacións sobre a materia ou especialidade de ensinanzas:
Libro:

-Non especializadoAta 0,50 p

3Exemplares correspondentes avalados por organismos públicos, nos que conste o ISBN
-EspecializadoAta 1 p
Revista:3
-Non especializadaAta 0,50 p
-EspecializadaAta 0,50 p
Vídeo/casete, CD, disquete:3
-Non especializadoAta 0,25 p
-EspecializadoAta 0,50 p

5. Méritos académicos:
5.1. Título de doutor: 1,5 puntos

5.2. Para funcionarios do corpo de mestres: título de licenciado: 1 punto

Ata 3 puntosFotocopias compulsadas de títulos ou certificación de estudios
5.3. Outros títulos ou diplomas relacionados coa especialidade obxecto da materia: 0,25 puntos