Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 17 de agosto de 2001 Páx. 11.040

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2001 pola que se conceden as axudas para a realización de proxectos de investigación e as prórrogas de bolsas predoutorais correspondentes ó programa de estudios socioeconómicos e xurídicos do Plan Ga-

lego de Investigación e Desenvolvemento

Tecnolóxico convocado nos anexos I e II

da Orde do 27 de febreiro de 2001 (Diario

Oficial de Galicia do 7 de marzo).

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 27 de febreiro de 2001 (DOG do 7 de marzo) aprobaba as bases para a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación (anexo I) e para prórrogas de bolsas predoutorais (anexo II), do programa de estudios socioeconómicos e xurídicos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Na base 6 dos anexos I e II da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros das respectivas comisións que vai designa-lo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada polas citadas comisións,

RESOLVO:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación ás persoas que se relacionan no anexo I da presente resolución nas contías que se sinalan e polo período de tempo indicado,

que en cada caso se computa a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal, deberan realiza-la dita contratación conforme ás normas establecidas nas bases da convocatoria.

Segundo.-Concederlles prórroga da bolsa de nova adxudicación para a realización de tese de doutoramento durante o período do 1 de outubro de 2001 ó 31 de marzo do 2002 (ámbolos dous incluídos), ás persoas que se relacionan no anexo II da presente resolución.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 27 de febreiro de 2001 (DOG do 7 de marzo), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.

P.D. (Orde do 27 de febreiro de 2001)

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO I

SOLICITANTECÓDIGO DA AXUDATÍTULOANOS2001

(MILES

PTAS.)

2002

MILES

PTAS.)

2003

(MILES

PTAS.)

2004

(MILES

PTAS.)

TOTAIS

(MILES

PTAS.)

PERSOAL

CARDESÍN DÍAZ, JOSÉ MARÍAPGIDT01SCX10201PRA ÁREA METROPOLITANA DA CORUÑA: USO DA VIVENDA, PARTICIPACIÓN CIDADÁN E PLANIFICACIÓN URBANA22.8003.7506007.150SI

COBO BEDIA, ROSAPGIDT01SCX10202PREXCLUSIÓN SOCIAL E POLÍTICAS DE IGUALDADE EN GALICIA22.7103.3007006.710SI

CRESPO DOMíNGUEZ, MIGUEL ÁNGELPGIDT01SCX30001PRA REALIDADE SOCIO-ECONÓMICA DA EMPRESA FAMILIAR NA EUROREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL24.000 1.6807006.380NON

GAGO RODRÍGUEZ, ALBERTOPGIDT01SCX30002PRNOVOS MODELOS DE REFORMA FISCAL UNHA APLICACIÓN DO MODELO DUAL DE REFORMA DO IRPF PARA ESPAÑA21.800 3.0003705.170SI

GARCÍA NOVOA, CÉSARPGIDT01SCX20201PRANÁLISE DO PROXECTO DE LEI XERAL TRIBUTARIA E A SÚA INCIDENCIA NAS COMPETENCIAS E NA NORMATIVA TRIBUTARIA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA33.2004.2401.6001.30010.340SI

GÓMEZ-REINO CARNOTA, ENRIQUE ANTONIOPGIDT01SCX20202PRCONVERXENCIA TECNOLÓXICA, LIBERALIZACIÓN E SOCIEDADE DA INFORMACIÓN NA UNIÓN EUROPEA. REGULACIÓN XURÍDICA E IMPACTO SOCIAL33.9104.0201.9901.30011.220SI

GUISAN SEIJAS, CARMENPGIDT01SCX20101PRMODELIZACIÓN DO CRECEMENTO, A COMPETITIVIDADE E O EMPREGO DE GALICIA NA UE31.4901.5008005004.290SI

LÓPEZ GARCÍA, XOSÉPGIDT01SCX21201PRANÁLISE DOS CONTIDOS TEXTUAIS E DOS ASPECTOS FORMAIS DOS DIARIOS GALEGOS.31.3008403002002.640NON

MARTÍNEZ GIRÓN, JESÚSPGIDT01SCX10101PRAS RELACIÓNS LABORAIS E DE SEGURIDADE SOCIAL EN SECTORES ECONÓMICOS ESTRATÉXICOS PARA GALICIA. ESPECIAL REFERENCIA Á AGRICULTURA, PESCA, HOSTALERÍA E CONSTRUCCIÓN.33.8001.3203003005.720NON

SOLICITANTECÓDIGO DA AXUDATÍTULOANOS2001

(MILES

PTAS.)

2002

MILES

PTAS.)

2003

(MILES

PTAS.)

2004

(MILES

PTAS.)

TOTAIS

(MILES

PTAS.)

PERSOAL

PEREIRA MENAUT, ANTONIO CARLOSPGIDT01SCX20203PRCONTRIBUCIÓN DESDE UNHA PERSPECTIVA GALEGA A UN PROXECTO DE CONSTITUCIÓN DA UE: UN CASO DE MULTILEVEL GOVERNANCE33.7102.9301.6001.0009.240***

SUBPROXECTOS:

PEREIRA MENAUT, ANTONIOUNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA31.71016007005004.510 SI

ROJO SALGADO, ARGIMIROUNIVERSIDADE DE VIGO32.0001.3309005004.730SI

TEMES MONTES, ENRIQUEPGIDT01SCX90801AF25001.0604402.000NON

VILLAGÓMEZ CEBRIÁN, MARCO ANTONIOPGIDT01SCX39701PRO NOVO PROCESO CIVIL NA UNIÓN EUROPEA35.7801.8006004008.580***

SUBPROXECTOS:

VILLAGÓMEZ CEBRIÁN, MARCO ANTONIOUNIVERSIDADE DE VIGO32.8909003002004.290NON

MICHINEL ÁLVAREZ, MIGUEL ÁNGELUNIVERSIDADE DE VIGO32.8909003002004.290NON

ANEXO II

Pablo Grande Seara: 44445823-W.

Jesús López Rodríguez: 33330562-C.