Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 16 de agosto de 2001 Páx. 11.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, con data do 6-6-2001, o estudio de detalle para a reordenación de volumes na unidade de actuación centro sur número 11 (praza do Rei-Montirón), do PXOU vixente, que modifica o aprobado polo concello pleno con data do 15-9-1993, solicitado por José R. Baldonedo Moreira, en representación de Edificios y Alquileres Lugo, S.L., coa finalidade de construír un entresollado no edificio sito no predio número 1 con fronte á praza do Rei.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, núme

ro 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 26 de xuño de 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado da Área