Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 16 de agosto de 2001 Páx. 11.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Grove.

2. Obxecto do contrato: contratación de postos de venda de alimentos no mercado municipal. Lugar de execución: O Grove. Prazo da concesión: 10 anos, con prórrogas sucesivas de 10 anos, a solicitude da parte interesada, e ata un máximo de 50 anos, incluíndo o período inicial e as súas prórrogas.

3. Tramitación: urxente, procedemento: aberto, forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 600.000 pesetas para o posto de 24 m e 300.000 pesetas para cada un dos restantes postos.

5. Garantías: provisional: 2% do prezo de licitación. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información. Casa do Concello do Grove, prazo do Corgo 1, (36980) O Grove (Pontevedra), teléfono/fax: 986 73 13 58. Data límite: ata o último día do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación de ofertas: durante 14 días hábiles contados a partir da publicación do último dos anuncios a publicar no BOP de Pontevedra e no DOG de 9 a 14 horas.

-Documentación: a establecida no artigo 12 do prego de condicións.

-Lugar de presentación: o mesmo que figura no punto 6 deste anuncio.

9. Apertura de ofertas: no salón de plenos do concello, o 3º día hábil seguinte non sábado, despois do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 13 horas.

10. Outras informacións: simultaneamente á licitación exponse o prego de condicións, polo prazo de oito días hábiles desde a publicación no BOP, aprazándose aquela se se producen reclamacións contra o dito prego.

11. Gastos de anuncios: correrán por conta do adxudicatario.

O Grove, 2 de xullo de 2001.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde