Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 16 de agosto de 2001 Páx. 11.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do estudio informativo da vía de alta capacidade do Morrazo (Rande-Cangas). (Clave PO/99.61.0).

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, esta dirección xeral

DISPÓN:

Que se faga pública a Resolución do 12 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a Declaración de impacto ambiental, do estudio informativo da vía de alta capacidade do Morrazo (Rande-Cangas). Clave: PO/99.61.0, que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2001.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Director xeral de Obras Públicas

ANEXO

Resolución do 12 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do estudio informativo da vía de alta capacidade do

Morrazo (Rande-Cangas). Clave PO/99/61.0, nos concellos de Moaña, Bueu e Cangas (Pontevedra), promovido pola Dirección Xeral de Obras Públicas.

O artigo 1 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, establece a obrigatoriedade de someter a avaliación de impacto ambiental os proxectos consistentes na realización de obras, instalacións ou actividades comprendidas no seu anexo I.

Dado que o proxecto obxecto desta declaración está incluído no punto 7 do citado anexo procédese a formula-la declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto considerado no estudio informativo da vía de alta capacidade do Morrazo (Rande-Cangas). Clave PO/99/61.0.

No proxecto obxecto de avaliación estúdiase o trazado alternativo máis conveniente á C-550, entre Rande e a conexión coa estrada C-550 no tramo Aldán-Beluso. O trazado seleccionado, correspondente coa alternativa A-B1-C modificada, ten unha lonxitude total de aproximadamente 18,3 km, cunhas características xeométricas correspondentes a unha velocidade de proxecto de 80 km/h, con radios mínimos de 275 m e ramplas máximas do 6%. A súa sección varía ó longo do trazado, de forma que entre a orixe (p.k. 100+000) e o cruzamento coa estrada PO-320 de Cangas a Bueu (p.k. 115+650) deséñase cunha sección tipo correspondente a unha tipoloxía de vía de alta capacidade con calzadas separadas, e entre este punto e o final (118+359) a sección tipo corresponde a unha vía de alta capacidade dunha única calzada.

No anexo I resúmese o estudio informativo e as medidas correctoras e protectoras propostas.

En virtude do establecido no artigo 5.2º do citado decreto, a Dirección Xeral de Obras Públicas, trala aprobación técnica do estudio informativo e, mediante a publicación no DOG nº 169, do 31 de agosto de 2000 da resolución da Subdirección Xeral de Estradas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, somete a información pública o estudio informativo e o de impacto ambiental da vía de alta capacidade do Morrazo e os seus accesos, nos concellos de Bueu, Cangas e Moaña (Pontevedra). Durante o período de información pública consta a presentación de alegacións de carácter ambiental, que se atopan resumidas no anexo III desta declaración.

Con data do 10 de xullo de 2001 complétase o expediente ambiental do proxecto, remitido pola Dirección Xeral de Obras Públicas, no que constan os informes da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Saúde Pública, Deputación Provincial de Pontevedra e ós concellos de Cangas, Moaña e Bueu.

No anexo II resúmense os anteditos informes.

No que se refire ás alegacións de carácter ambiental, concretamente sobre a hidroloxía, a fauna e o patrimonio, estas foron tidas en conta no que procede nos puntos 2, 5 e 7 da presente DIA, así como nas modificacións introducidas na alternativa A-B1-C,

recollidas no plano titulado estudio informativo e impacto ambiental do corredor do Morrazo, de data 10 de xullo de 2001.

Unha vez cuberta a tramitación, conforme se establece no Decreto 442/1990, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 482/1997, formula a declaración de impacto ambiental do estudio informativo da vía de alta capacidade do Morrazo (Rande-Cangas). Clave PO/99/61.0, localizada nos concellos de Moaña, Bueu e Cangas (Pontevedra), promovido pola Dirección Xeral de Obras Públicas.

O órgano substantivo para este proxecto é a Dirección Xeral de Obras Públicas, e o órgano ambiental a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopan os seguintes documentos presentados polo promotor:

-Estudio informativo e impacto ambiental da vía de alta capacidade do Morrazo (Rande-Cangas). Xullo 2000.

-Memoria técnica. Prospección arqueolóxica extensiva, realizada en febreiro de 2001.

-Plano titulado estudio informativo e impacto ambiental do corredor do Morrazo, con data de entrada nesta dirección xeral do 10 de xullo de 2001.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer, pola presente declaración de impacto ambiental, as seguintes condicións ambientais, ademais das incluídas na documentación avaliada, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o recollido na documentación avaliada e a presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última. En todo caso, a orde de prelación é a seguinte: plano titulado estudio informativo e impacto ambiental do corredor do Morrazo, estudio informativo e impacto ambiental da vía de alta capacidade do Morrazo (Rande-Cangas). Xullo 2000 e Memoria técnica. Prospección arqueolóxica extensiva.

A) Ámbito da declaración.

Esta declaración de impacto ambiental refírese en exclusiva á execución e explotación do proxecto desenvolvido no estudio informativo da vía de alta capacidade do Morrazo (Rande-Cangas). Corredor: p.k. 100+000-p.k. 115+900 e vía rápida: p.k. 115+900-p.k. 118+359.211. Clave PO/99/61.0 para a alternativa denominada A-B1-C, de acordo co trazado reflectido no plano titulado estudio informativo e impacto ambiental do corredor do Morrazo, de data de entrada nesta dirección xeral do 10 de xullo de 2001.

B) Condicionado.

1. Protección da atmosfera.

1.1. Sobre a emisión de po e gases.

1.1.1. A maquinaria utilizada na obra cumprirá coa normativa de emisións de aplicación, debendo dispor de documentación acreditativa ó respecto.

1.1.2. Queda prohibida a queima de restos ou de calquera tipo de material.

1.2. Sobre o ruído.

1.2.1. Adoptaranse as medidas correctoras precisas para garantir que os niveis de presión sonora orixinados durante as fases de obra e funcionamento cumpran co disposto na Lei 7/1997, de protección contra a contaminación acústica (DOG do 20 de agosto de 1997) e, se é o caso, co establecido nas ordenanzas municipais dos concellos afectados. Neste sentido, e ademais da proposta horaria efectuada para a fase de obras, deberán definirse e xustificarse as características das pantallas antiruído, tendo en conta a planta e seccións transversais definitivas, segundo o requirido no punto 9.3.

2. Protección das augas.

2.1. Previamente a calquera afección no dominio público hidráulico, zona de servidume ou policía de álveos, será preceptiva a autorización administrativa outorgada por Augas de Galicia.

2.2. Queda prohibido o vertido de calquera tipo de material ou substancia ás augas continentais.

2.3. No deseño dos dispositivos de drenaxe terase en conta a capacidade de acollida dos regos receptores, de forma que as achegas non ocasionen alteracións substanciais nestes. Así mesmo, proxectaranse de xeito que se evite a formación de asolagamentos ou deposicións nos puntos de incorporación á rede natural.

2.4. Tal e como se considera no estudio, disporanse de barreiras de retención de sedimentos durante a fase de obras e instalaranse balsas de decantación para a fase de explotación, co obxecto de evita-la contaminación das augas por sólidos. Así mesmo, disporanse de mallas ou doutros dispositivos que eviten a proxección de materiais durante as voaduras.

2.5. Disporanse de dispositivos disipadores de enerxía naqueles puntos nos que, polas súas características morfolóxicas, sexa previsible a aparición de fenómenos de erosión.

3. Protección do solo.

3.1. De acordo co recollido no estudio, delimitarase a zona de obras, incluíndo as instalacións e vieiros auxiliares, restrinxíndose o movemento da maquinaria ás zonas destinadas para o efecto.

3.2. Na selección da zona destinada a instalacións auxiliares seguiranse os criterios recollidos no estudio ambiental, de xeito que esta se localice nun espacio carente de valores ambientais relevantes.

3.3. Os labores de mantemento da maquinaria de obra non apta para circular pola estrada realizaranse dentro da antedita zona, dispoñendo dos medios necesarios para previr calquera afección ó solo por derrames accidentais. No caso da maquinaria apta para esta circulación, deberán realizarse en talleres autorizados.

3.4. No referente ós vieiros auxiliares, tal e como se indica no proxecto, primarase o emprego de pistas existentes ou da propia traza antes que á apertura de novas pistas, debendo xustificalo en tal caso. Estes vieiros deberán ser definidos e reflectirse en planos a escala 1:5.000, segundo o requirido nos puntos 9.4 e 9.12.

3.5. A terra vexetal amorearase de acordo cos criterios expostos na documentación. No caso de que o período de amoreamento supere os seis meses procederase a realiza-lo seu mantemento, mediante regas periódicas, removido temporal, achega de fertilizante mineral e sementeiras a base de gramíneas e leguminosas, con achega de mulch en cantidade suficiente para manter entre un 5 e un 6% de materia orgánica.

3.6. Tal e como se recolle na documentación, a totalidade dos materiais que se precisen deberán proceder de canteiras autorizadas.

3.7. A xestión de tódolos residuos que se xeren como consecuencia da execución das obras e da explotación da vía realizarase conforme a lexislación vixente, en función da súa natureza, primando a súa reutilización e reciclaxe frente ó vertido. Os sobrantes de terra, de acordo co proposto na documentación, serán depositados en lugares autorizados por órgano competente.

3.8. De realizarse almacenamentos temporais de residuos en tanto non se produce a súa entrega a xestor autorizado, estes localizaranse dentro da zona de obras en superficies delimitadas e sinalizadas, que deberán fornecerse de contedores ou doutros medios que se estimen necesarios para evitar afeccións ó solo. De tratarse de residuos considerados perigosos, atenderase o disposto no Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 20/1986, do 14 de maio, básica de residuos tóxicos e perigosos.

4. Protección da vexetación.

4.1. En fase de replanteo, de acordo co recollido na documentación, procederase ó balizamento de todas aquelas formacións vexetais de maior valor ecolóxico que poidan ser afectadas polo trazado, especialmente no contorno das Carballeiras de Coiro e Bronlle.

4.2. Previamente a calquera afección á vexetación de ribeira obterase autorización do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural de Pontevedra. Así mesmo, para a corta de arboredo realizarase a solicitude de autorización ou a comunicación de corta, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

4.2. Respectarase sistematicamente todo tipo de vexetación existente que non estea afectada directamente pola execución da obra.

5. Protección da fauna.

5.1. Na programación das voaduras deberán considerarse os períodos de reproducción e cría das especies faunísticas presentes, minimizando a súa afección.

5.2. Os piares das estructuras proxectadas para supera-los leitos fluviais deberán quedar fóra do leito e as súas marxes. No caso de que isto non sexa tecnicamente posible, deberase xustificar, de acordo co requirido no punto 9.6.

5.3. As obras de drenaxe transversal deberán ter amplitude suficente para permiti-lo paso da fauna, tal e como se recolle na documentación presentada. Cando as obras de drenaxe afecten a cursos fluviais permanentes, utilizaranse preferentemente estructuras que non afecten ó leito, como pórticos, evitando a instalación de pasos tipo marco. En caso de que tecnicamente non sexa posible, deberán xustificarse as estructuras que se vaian instalar, garantindo que co seu deseño non se xeren no punto de paso láminas de auga de pouca profundidade e excesiva velocidade, e que se minimiza a lonxitude do marco ó máximo posible. As características destes pasos deberán vir xustificadas na documentación requirida no punto 9.7.

6. Protección da paisaxe e restauración.

6.1. Adoptaranse as medidas precisas para mante-la finalidade e homoxeneidade do Roteiro Ecolóxico do Morrazo.

6.2. Restauraranse a totalidade das superficies alteradas polas obras que non teñan un uso permanente, de acordo co recollido na documentación avaliada. A restauración terá como obxecto acadar que as zonas adquiran un aspecto o máis semellante posible á situación preoperacional, utilizando na revexetación especies autóctonas presentes na zona e propias dos hábitats que se proxecta revexetar.

6.3. Naquelas zonas afectadas por movementos de terras e escavacións e, en xeral, todas aquelas operacións de obra que supoñan a aparición de superficies núas, procederase á aplicación dos procedementos de revexetación á maior brevidade posible, co obxecto de evita-la aparición de fenómenos erosivos.

7. Protección do patrimonio.

7.1. As pías e estribos do viaducto proxectado para o río Fraga non impactarán directamente sobre o muíño e a pontella existentes.

7.2. Co obxecto de protexe-lo conxunto de muíños do río Freixa, estudiarase a posibilidade de substituí-lo recheo previsto por un viaducto.

7.3. Durante a fase de elaboración do proxecto de trazado realizarase unha prospección arqueolóxica intensiva do ámbito das obras, de acordo cun

proxecto aprobado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e en coordinación cos seus servicios técnicos.

Na elaboración do proxecto de trazado deberanse ter en conta as medidas correctoras propostas na prospección extensiva para os xacigos localizados, as posibles incidencias noutros xacigos que poidan aparecer no transcurso da prospección intensiva e a adopción de medidas alternativas ás consideradas na memoria técnica da prospección arqueolóxica extensiva que minimicen a afección dos seguintes elementos do patrimonio arqueolóxico, por considerarse insuficentes as propostas:

* Impacto crítico e severo:

-Regueiriño.

-Castro de Montealegre.

-Devesa de Abaixo.

-Xacigo indeterminado 2.

-Xacigo indeterminado 3.

-Castro das Cidades e xacigo indeterminado 4.

-Xacigo indeterminado 5.

-Xacigo indeterminado 7.

-Abrigos de Monte da Pena.

-Zona arqueolóxica dos Remedios.

-Petroglifo de Gondarán.

-Os Laguiños.

-Abrigo de Portela.

* Afección no contorno:

-A Fontela e petroglifo da Fontenla.

-Pedra de Navío.

-Petroglifo de Borna.

-Xacigo indeterminado 1.

-Petroglifo de Chan do Caeiro.

-Pozo Garrido.

-Grupo II de petroglifos da Escada.

-Torre de Meira.

-Petroglifo da Torre de Meira.

-Xacigo indeterminado 6.

-Monte da Pena.

-Castro de Pedralán.

-Monte de Castro.

-Casal.

-Castro Liboreiro.

-Petroglifo das Abelaires.

-Mámoas da Tomada de Martínez.

-Curral.

7.4. O proxecto de trazado que se elabore deberá incluír un plan global de medidas correctoras que se van realizar nas distintas fases de execución das obras, que inclúa as seguintes actuacións:

-Control e seguimento arqueolóxico das fases de replanteo de execución de obra e de restitución dos terreos.

-Escavacións e actuacións arqueolóxicas puntuais nos xacigos ou no contorno de xacigos afectados polas obras.

Así mesmo, deberá incorporarse a valoración económica das medidas correctoras.

7.5. Con base nos resultados obtidos na documentación sinalada anteriormente, unha vez avaliada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, estableceranse as medidas de protección que se estimen precisas.

8. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras consideradas no estudio de impacto ambiental e no condicionado da presente declaración. O programa pode permitir detectar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da declaración, permitindo determinar ou cuantificar efectos non previsibles e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tódalas analíticas e medicións deberán ser realizadas por unha entidade homologada e os resultados deberán vir asinados por un técnico da dita entidade. Así mesmo, e tal e como se estipula no punto 10.4 desta declaración, deberá nomearse un responsable do cumprimento do programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O Plan de Vixilancia Ambiental deberá orzarse e incorporarse ás correspondentes partidas orzamentarias.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá, a esta dirección xeral dous (2) exemplares de:

8.1. Mensualmente: cronograma actualizado das obras, xunto cun plano no que se reflicta a zona de actuación prevista para o seguinte mes.

8.2. Trimestralmente: memoria do seguimento realizado de acordo co programa de vixilancia e seguimento ambiental indicado no punto 9.13, xunto co cronograma actualizado das obras. Indicaranse, se é o caso, as variacións producidas con respecto ó proxectado.

8.3. Antes da emisión da acta de recepción, de acordo co sinalado na documentación: memoria-resumo do seguimento realizado de acordo co programa de vixilancia e seguimento ambiental, no que se informe respecto do cumprimento deste e de tódalas medidas correctoras. Incluirá documentación acreditativa da entrega dos residuos ós xestores autorizados, reportaxe fotográfica na que se reflicta o

estado da vía e dos traballos de restauración levados a cabo.

8.4. Despois da recepción das obras e anualmente durante tres anos, tal e como se indica no estudio: memoria-resumo do seguimento realizado de acordo co programa de vixilancia e seguimento ambiental, no que se inclúan as incidencias producidas e as medidas adoptadas para a súa resolución.

No caso de xerarse algún informe especial, definido no Programa de Vixilancia e Seguimento Ambiental do estudio presentado, remitirase á maior brevidade posible a esta dirección xeral.

9. Documentación adicional.

Antes do inicio das obras presentaranse perante esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental tres (3) exemplares da seguinte documentación:

9.1. Memoria xustificativa de que as modificacións realizadas respecto do trazado orixinal a consecuencia do proceso de información pública e que constan no anexo I da presente DIA, non supoñen a xeración de novos impactos de carácter substancial.

9.2. Como mínimo 48 horas antes do inicio das obras, remitirase cronograma de obras actualizado. Para a súa elaboración terase en conta o estipulado nos puntos 5.1 e 6.3 desta declaración.

9.3. Estudio de previsión de emisións acústicas en fase de explotación, conforme o estipulado polo Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica. Acompañarase da definición das medidas correctoras precisas para asegura-lo cumprimento do exposto no punto 1.2.1 da DIA.

9.4. Definición dos vieiros auxiliares, xustificando a necesidade de apertura de novos vieiros, no caso de que se precisen, segundo o indicado no punto 3.4.

9.5. Xustificación de que a localización das instalacións auxiliares, zonas dedicadas a mantemento precisas para a execución das obras proxectadas e de amoreamento da terra vexetal se realiza conforme o estipulado nos puntos 3.2, 3.3 e 3.5 desta declaración, así como definición dos equipamentos con que se dotan.

9.6. Xustificación, se é o caso, da inserción de piares nos leitos fluviais ou nas súas marxes, de acordo co recollido no punto 5.2.

9.7. Descrición e xustificación do deseño das estructuras de drenaxe transversal e lonxitudinal, tanto desde o punto de vista hidráulico como do seu efecto sobre a fauna, segundo o requirido no punto 2.3 e 5.3. Así mesmo, presentarase o proxecto de balsas de decantación que se instalarán entre as obras de drenaxe e os leitos naturais co fin de que a calidade das augas cumpra cos límites legais, segundo o recollido no punto 2.4.

9.8. Memoria na que se determinen as afeccións e definición de medidas que se van adoptar para mante-la finalidade e homoxeneidade do roteiro ecolóxico do Morrazo, de acordo co recollido no punto 6.1. Para a súa elaboración terase en conta o proxecto de roteiro ecolóxico do Morrazo.

9.9. Proxecto de restauración e acondicionamento paisaxístico dos espacios alterados polas obras, no que se concreten as especies vexetais que se van utilizar, así como a súa localización e densidade e/ou marco de plantación.

9.10. Estudio de valoración de substitución do recheo no río Freixa por un viaducto, de acordo co recollido no punto 7.2.

9.11. Prospección arqueolóxica intensiva e memoria técnica onde se recollan os resultados da dita prospección, de acordo co requirido no punto 7.3. Tódalas actuacións deberán ser realizadas por técnicos arqueólogos con experiencia demostrada na actividade da que se trate.

9.12. Proxecto do trazado no que se reflictan as características definitivas das obras que se van realizar, se inclúan a totalidade das medidas correctoras e o plan global sinalado no punto 7.4. Neste proxecto incluiranse os planos, a escala 1:5000 e referenciados en coordenadas UTM, nos que se reflicta a localización de pantallas antiruído, vieiros e instalacións auxiliares (diferenciando os vieiros de nova construcción, se é o caso), zonas de almacenamento temporal de residuos e zonas de amoreamento da terra vexetal. Así mesmo, incorporaranse planos nos que se reflicta a situación final da restauración (diferenciando a localización das distintas especies vexetais que se empreguen, de acordo co proxecto de restauración) e do roteiro ecolóxico do Morrazo. Deste documento deberán presentarse catro (4) exemplares.

9.13. Desenvolvemento do Programa de Vixilancia e Seguimento Ambiental presentado no estudio de impacto ambiental, de forma que se concreten as periodicidades da totalidade dos controis e os parámetros que se van utilizar, incluíndo programas de control das emisións sonoras na fase de explotación nos puntos máis próximos ás vivendas, de control da calidade das augas, tendo en conta, se é o caso, o seu uso para abastecemento humano e de control, ademais das balsas de decantación, da totalidade do sistema de drenaxe.

10. Condicións adicionais.

10.1. A Dirección Xeral de Obras Públicas comunicará a esta dirección xeral a data de comezo de execución das obras.

10.2. Se unha vez emitida esta DIA, se manifestase algún outro tipo de efecto, severo ou crítico sobre o medio ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e se corrixan.

Do mesmo xeito, poderase proceder no caso de incumprimento total ou parcial das condicións expostas nesta declaración.

10.3. As condicións sinaladas nesta DIA, son de obrigado cumprimento. Non obstante, o promotor, poderá solicitarlle ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas nesta DIA co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa execución, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan alcanza-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, o promotor solicitarao, nun prazo máximo dun (1) mes, de lle ser notificada a presente declaración á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas, comunicándolle o acordo adoptado ó promotor, que non poderá comeza-los traballos antes de contar cunha resolución desta dirección xeral para o efecto.

10.4. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable deste, notificándolle o seu nomeamento ó órgano ambiental.

10.5. Calquera cambio no proxecto obxecto desta declaración, deberá ser comunicado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e informará se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

10.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan no desenvolvemento da actividade, ou ante a manifestación de calquera tipo de efecto non considerado nesta.

10.7. Se unha vez emitida esta DIA, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e sexan corrixidas.

10.8. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I

Descrición do proxecto

O estudio informativo da vía de alta capacidade do Morrazo ten por obxecto a elección da alternativa

máis conveniente á CC-550 entre Rande e a conexión coa CC-550, no treito Aldán-Beluso.

Estúdiase neste documento unha vía de alta capacidade para a Península do Morrazo cunha lonxitude total de 18,3 km, cunhas características xeométricas correspondentes a unha velocidade de proxecto de 80 km/h, con radios mínimos de 275 m e ramplas máximas do 6%.

Entre a orixe, no p.k. 100+000 e o cruzamento coa estrada PO-320 de Cangas a Bueu, no p.k. 115+650 deséñase cunha sección tipo correspondente a unha tipoloxía de vía de alta capacidade con calzadas separadas.

Entre o citado p.k. 115+650 e o final, no p.k. 118+359, na conexión coa CC-550, no treito Aldán-Beluso, a sección tipo corresponde a unha vía de alta capacidade dunha única calzada.

Para o desenvolvemento do estudio, foi dividido o trazado en tres treitos que se chaman A, B e C; nos treitos A e C considerouse unha única alternativa mentres que no treito B foron estudiadas tres alternativas: B-1, B-2 e B-3. As alternativas estudiadas son as seguintes:

TreitoOrixe (p.k.)Final (p.k.)

-Treito A
Alternativa A100+000105+200

-Treito B
Alternativa B-1105+200*113+200*
Alternativa B-2105+200*113+319*
Alternativa B-3105+200*111+296*

-Treito C
Alternativa C113+200118+359

* Punto de contacto das tres alternativas.

* Treito A:

Neste treito foi estudiada a alternativa A, cunha lonxitude de 5.200 m, que discorre desde a orixe, no p.k. 100+000, na intersección en glorieta co enlace de Rande, coa autopista A-9 e a CC-550 (p.k. 14), ata o final, no p.k. 105+200, na ladeira do monte Pé da Moa, ó longo do concello de Moaña.

* Treito B:

-Alternativa B-1:

Esta alternativa ten a súa orixe no p.k. 105+200, coincidindo co remate da alternativa A, e un trazado continuista de características semellantes á anterior, ó discorrer cun trazado a media ladeira pola faldra dos Montes do Morrazo, afastándose no posible dos núcleos de Reibón, Pombal e Couso, para salva-lo Alto de Sidades e baixar de seguido para cruzar, á altura do p.k. 108+0000, sobre o val do río da Fraga, mediante un viaducto, co fin de minimiza-lo impacto sobre este.

A partir do val da Fraga, esta alternativa discorre por un corredor que bordea o fondo dos vales dos ríos da Fraga e do Inferno cun trazado equidistante

dos núcleos de Broullón e Fraga polo Norte, e Paradela e Piñeiro polo Sur, para cruzar a continuación sobre a estrada PO-313, no p.k. 109+850.

Finalmente a traza continúa de novo a media ladeira pola faldra dos Montes do Morrazo ó longo do concello de Moaña e de Cangas, para chegar ó remate, no p.k. 113+200, á altura de Pedra da Pena.

Ó longo desta alternativa B-1 foron previstos tres enlaces como conexión do corredor cos núcleos urbanos de Moaña, Cangas e coa estrada PO-313 de Moaña a Marín.

-Alternativa B-2:

Esta alternativa, cunha lonxitude total de 8.119 m, comparte o mesmo trazado coa alternativa B-1, desde a orixe, no p.k. 105+200 ata practicamente o p.k. 110+000.

A partir deste punto o trazado diverxe cara ó sudoeste para discorrer por cotas máis baixas, polo corredor existente entre os núcleos de Xalda e Outeiros de Sabaceda e do Cruceiro polo noroeste e Piñeiros e Cruceiro polo sudoeste, para converxer de novo co remate da alternativa B.1, á altura de Pedra da Pena, no p.k. 113+319.

Ó longo desta alternativa foron previstos tres enlaces: os enlaces de Moaña e da estrada PO-313, coincidentes en trazado e funcionalidade cos da alternativa B-1, situándose o enlace de Cangas no p.k. 112+450, a máis de 400 m ó oeste do núcleo de Cruceiro.

-Alternativa B-3:

Cunha lonxitude total de 6.096 m, a alternativa B-3 mantén a mesma orixe, no p.k. 105+200 e o remate, no p.k. 111+296, cás alternativas B-1 e B-2.

A partir do p.k. 105+500, o trazado da alternativa B-3 diverxe cara ó noroeste, para atravesa-los vales dos ríos da Fraga e do Inferno, salvando en viaducto o val do río A Fraga, á altura do p.k. 107+600.

Seguidamente a traza atravesa o val do Inferno pola zona de Pozonegro cruzando sobre a estrada PO-313 á altura do p.k. 109+100 para contactar finalmente coa alternativa B-2 no p.k. 109+700.

Sobre esta alternativa foron previstos tres enlaces: o enlace de Moaña, situado no p.k. 106+750 e o enlace coa estrada PO-313, no p.k. 109+150. O enlace de Cangas, situado no p.k. 110+450, coincide co mesmo da alternativa B-2.

* Treito C:

No treito C foi estudiada a alternativa C, cunha lonxitude de 5.159 m, que discorre desde a orixe, no p.k. 113+200, punto de contacto do remate das alternativas B-1, B-2 e B-3, ata o remate, no p.k. 118+359, na intersección en glorieta coa CC-550, no treito Aldán-Beluso, a uns 400 m ó norte do núcleo de Gandón, tras cruzar sobre a PO-320 á altura do p.k. 115+650, sobre a que se prevé o enlace da PO-320.

Dependendo das características dos materiais foron deseñados os seguintes noiros:

Do p.k. 100+000 ó 101+400: 1H/2V.

Do p.k. 101+400 ó 103+700: 2H/3V.

Do p.k. 103+700 ó 105+700: 1H/1V.

Do p.k. 105+700 ó p.k. final: 2H/3V.

As seccións tipo previstas son as seguintes:

-Corredor:

Beiravías exteriores: 2x2,50 m.

Calzadas: 2x7,00 m.

Beiravías interiores: 2x1,50 m.

Mediana: 5,00 (incluíndo beiravías interiores).

-Vía rápida e ramais bidireccionais de enlaces:

Beiravías exteriores: 2x2,50 m.

Calzada: 7,00 m.

-Ramais unidireccionais de enlaces:

Beiravía dereita: 2,50 m.

Calzada: (4,00+s) m.

Beiravía esquerda: 1,00 m.

-Variantes de estradas:

Beiravías: 2x1,50 m.

Calzada: 2x(3,50+s) m.

Modificacións introducidas unha vez rematado o trámite de información pública

A consecuencia do proceso de consultas e información pública a que foi sometido o estudio informativo da vía de alta capacidade do Morrazo (Rande-Cangas). Clave PO/99/61.0, e avaliadas as respostas ás consultas efectuadas e as alegacións presentadas, a Dirección Xeral de Obras Públicas modifica o citado estudio informativo nos seguintes termos:

p.k. 100+000: conexión coa autoestrada A-9 a distinto nivel a través dun viaducto e en substitución da glorieta a nivel, co obxecto de mellora-la funcionalidade do enlace de acordo co informe emitido polo Ministerio de Fomento.

p.k. 100+800: desprazarase o trazado cara ó norte co fin de evita-la afección ó Castro de Montealegre.

p.k. 102+000: execución dun viaducto en lugar dun terraplén para permeabiliza-la valgada e non afectar ós cursos naturais de auga, incluída unha fervenza singular situada augas abaixo.

p.k. 103+100: construcción dun enlace coa estrada que vai de Domaio ós lugares de Carballido e San Lorenzo.

p.k. 105+000: desprazamento do trazado cara ó norte por detrás da Pé da Moa, para evitar derribar unhas vivendas e afecta-las captacións e depósitos de auga que abastecen a unha comunidade de usuarios constituída por unhas 100 familias.

p.k. 105+000-p.k. 106+000: desprazamento do trazado cara ó oeste dentro da banda de fluctuación do trazado para afastalo das casas sitas na parte baixa da ladeira.

p.k. 106+600: construcción dun viaducto, en vez do terraplén de 50 m de altura, para minimiza-lo impacto da ocupación, mante-la permeabilidade transversal do val e non afectar a leitos fluviais naturais.

p.k. 109+400: construcción dun falso túnel no p.k. 109+400 para mante-la permeabilidade transversal do val e minimiza-lo impacto visual e acústico.

p.k. 111+950: enlace de Cangas. Desprazarase o enlace do corredor co ramal de acceso a Cangas do p.k. 111+950 ó p.k. 112+200, coa fin de afastalo dunha zona habitada, o que motiva a necesidade de despraza-lo trazado do corredor cara o sur entre os p.k. 112+300 e p.k. 112+600.

p.k. 114+000: substitúese o terraplén previsto por un viaducto sobre a cunca do río Bouzas, para minimiza-los impactos sobre o val e as vivendas próximas.

p.k. 114+500: desprázase o trazado cara ó norte para afastalo da zona habitada. Ademais, construirase un falso túnel para preserva-lo espacio natural coñecido como Fraga de Coiro.

p.k. 115+200: desprázase o trazado, dentro da banda de fluctuación, cara ó oeste e no treito p.k. 115+200-p.k. 116+000, para evitar afectar a unha nave e unhas vivendas.

p.k. 116+700: desprázase o trazado cara ó norte para evita-la afección ó petroglifo de As Abelaires e, ó mesmo tempo, posibilita-la construcción dun enlace cos polígonos industriais existentes e en planeamento.

p.k. 118+359: manterase o trazado da CC-550 no punto de conexión dela coa vía de alta capacidade.

Ramal de Meira: suprímese o ramal de Meira (p.k. 106+850) e a súa conexión coa circunvalación de Moaña prevista no planeamento.

Substitúese por un semienlace en dirección Rande desde o p.k. 106+850 ata a estrada provincial na zona do Viaducto de Fraga.

Ramal de Cangas:

p.k. 0+250: entre o p.k. 0+250 e o p.k. 0+750 desprázase a vía cara ó leste para evitar afecta-lo petroglifo de Gondarán.

p.k. 1+750: elimínase a conexión deste ramal coa CC-550 en Tirán, pasando a comunicalo coa estrada da deputación que discorre entre Coiro e Moaña.

Ademais das anteriores e en atención á presencia nos arredores de determinados puntos do trazado proposto, dunha serie de bens de interese arqueolóxico, realízanse unha serie de pequenos desprazamentos do trazado á altura dos seguintes puntos quilométricos:

p.k. 102+100: elementos etnográficos. Desprazamento cara ó norte.

p.k. 104+500: petroglifos da Borna. Desprazamento cara ó norte.

p.k. 108+000: Castro das Cidades e muíño e pontellas do Tellado. Desprazamento cara ó norte.

p.k. 112+000: Monte do Castro. Desprazamento cara ó norte.

p.k. 113+000: Abrigos do Monte da Pena. Desprazamento cara ó norte.

p.k. 116+500: petroglifo das Abelaires. Desprazamento cara ó norte.

Resumo das medidas protectoras e correctoras

Protectoras:

-Control do movemento da maquinaria.

-Localización de zonas de préstamos e vertedoiros.

-Control da execución de operacións molestas para a poboación.

-Control da execución de operacións molestas para a fauna.

-Construcción das instalacións auxiliares fóra das zonas de máis riqueza agrícola e ecolóxica.

-Valado da zona previo á eliminación da vexetación e explanación.

-Restauración das zonas alteradas despois de remata-las obras.

-Construcción de balsas de decantación previo ó seu vertido ós cursos naturais.

-Aproveitamento de accesos existentes para os vieiros auxiliares.

-Realización dunha prospección arqueolóxica e seguimento durante a construcción.

-Colocación de barreiras de retención de sedimentos.

-Regas superficiais nas épocas de seca nas zonas onde sexa previsible a formación de po.

-Tomaranse medidas precautorias contraincendios.

Correctoras:

-Deseño apropiado das obras de drenaxe e restauración das marxes afectadas.

-Retirada da terra vexetal das zonas explanadas para a súa posterior aplicación na restauración.

-Recuperación da cuberta vexetal mediante a restauración das zonas alteradas.

-Implantación de barreiras antirruído nas zonas onde se superen os límites legais.

ANEXO II

Resultado das consultas efectuadas

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural informa o seguinte:

Deberanse deseñar e representar graficamente as medidas correctoras para evita-las afeccións á rede hidrográfica, facendo fincapé nas condicións hidráulicas dos elementos que se propoñan para evitar fenómenos erosivos, asolagamentos ou sedimentacións.

Deberá respectarse o réxime de caudais nos cursos interceptados polo proxecto. Ademais, nas seccións directamente implicadas, certificarase que o fluxo das augas manteña as actuais condicións de velocidade, para o que se establecerán aquelas estructuras que resulten precisas para cumprir co indicado. En todo caso, xustificarase tecnicamente a adecuación das solucións adoptadas ós obxectivos indicados.

O emprego de estructuras tipo marco poden dificulta-lo movemento das especies migradoras, polo que deberá estudiarse o deseño para evitar barreiras que non existen actualmente. Adoptaranse estructuras preferentemente que non afecten ó leito, como pórticos.

Evitarase o vertido de substancias contaminantes ás augas (cemento, residuos, aceites...). Así mesmo, non se poderá altera-la calidade das augas no que respecta ás súas condicións físico-químicas, cumprindo para iso co establecido na lexislación vixente, é dicir, Directiva 78/659/CEE, Real decreto 927/1988 e Decreto 130/1997. Así mesmo, e en relación con isto, deberá terse en conta que non se acumularán nos leitos naturais nin nas zonas de servidume terras, residuos, materiais de construcción ou calquera outro tipo de material ou substancias contaminantes que, a consecuencia de escorregas ou crecidas, puideran incorporarse ós cursos de auga e evitarase, no posible, o arrastre de sólidos en suspensión, prohibíndose o lavado de materiais e utensilios nos ríos ou regatos.

Establecerase un procedemento de vixilancia sobre a posible aparición de fenómenos erosivos ocasionados pola rede de drenaxe. Incorporarase ó Programa de Vixilancia Ambiental e manterase durante a vida útil do proxecto.

No caso de afectar ó dominio público hidráulico precísase autorización do organismo de conca, e cando a modificación afecte ós ecosistemas fluviais, requírese informe preceptivo da Dirección Xeral de Montes e MAN segundo o disposto no artigo 77.3º do Decreto 130/1997.

Cando se pretendan realizar cortas de especies arbóreas deberá terse en conta o disposto no Regulamento de montes, o que implica que terá que facer-

se a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso. No suposto de que se afecte á vexetación de ribeira solicitarase a correspondente autorización ó Servicio Provincial do MAN, tal e como establece o Decreto 130/1997:

Para o aproveitamento e utilización de calquera tipo de vexetación nas ribeiras dos ríos e das augas, será precisa autorización previa do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, en función do establecido no artigo 16 da Lei de pesca fluvial e no artigo 56 do seu regulamento.

Para a modificación da vexetación de ribeiras e marxes precisarase dun informe do servicio provincial, en función do establecido no artigo 16 da Lei de pesca fluvial e no artigo 56 do seu regulamento.

En atención ó posible efecto barreira da infraestructura respecto da fauna, indícase que as obras de drenaxe transversal deben presentar amplitude suficiente para permiti-lo paso daquela. Recoméndase evitar sistemas de drenaxe tipo marco ou tubo.

Non se poderán depositar nin acumular residuos sólidos no ámbito da zona de obras. No caso de empregarse canteiras abandonadas ou outros lugares para o almacenamento de residuos, indicarase cáles son e establecerase un programa de actuacións para acondicionar estas zonas acadando unha boa integración co medio. En calquera caso, a totalidade dos residuos xerados tanto en fase de construcción como de explotación, deberán xestionarse de acordo coa súa natureza e a lexislación vixente.

No que respecta ás medidas correctoras, protectoras e compensatorias, deberán desenvolverse e definirse con detalle suficiente. Así mesmo, orzamentaranse, e incorporarán, se procede, o preceptivo prego de condicións e, por último, incorporaranse ó proxecto como unidades de obra.

A Dirección Xeral de Saúde Pública informa favorablemente o proxecto.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural no seu informe indica o seguinte:

Patrimonio arquitectónico:

O muíño e a pontella do río Fraga quedarán baixo o viaducto, polo que se deberá garanti-la súa integridade proxectando as pías e estribos de xeito que non impacten directamente nos bens que hai que protexer.

O conxunto de muíños do río Freixa vese afectado polas obras de recheo e canalización do río. Deberíase estudia-la posibilidade de substituí-lo recheo por un viaducto, xa que doutro xeito o impacto considérase crítico pola perda irrecuperable dos valores culturais existentes.

Patrimonio arqueolóxico:

1. Debido a que as medidas correctoras propostas non se consideran suficientes, considérase necesario estudiar propostas alternativas para minimiza-la

afección dos seguintes elementos e indicios do patrimonio arqueolóxico:

-Impacto crítico e severo:

Regueiriño.

Castro de Montealegre.

Devesa de Abaixo.

Xacigo indeterminado 2.

Xacigo indeterminado 3.

Castro das Cidades e xacigo indeterminado 4.

Xacigo indeterminado 5.

Xacigo indeterminado 7.

Abrigos de Monte da Pena.

Zona arqueolóxica dos Remedios.

Petroglifo de Gondarán.

Os Laguiños.

Abrigo de Portela.

-Afección no contorno:

A Fontela e Petroglifo da Fontenla.

Pedra de Navío.

Petroglifo de Borna.

Xacigo indeterminado 1.

Petroglifo de Chan do Caeiro.

Pozo Garrido.

Grupo II de petroglifos de A Escada.

Torre de Meira.

Petroglifo da Torre de Meira.

Xacigo Indeterminado 6.

Monte da Pena.

Castro de Pedralán.

Monte de Castro.

O Casal.

Castro Liboreiro.

Petroglifo das Abelaires.

Mámoas da Tomada de Martínez.

O Curral.

2. Na fase de elaboración do proxecto de trazado deberase realizar unha prospección arqueolóxica intensiva do ámbito das obras.

3. Debido á importancia dos elementos que poden verse afectados, é preciso que estes traballos se leven a cabo en estricta coordinación cos servicios técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

4. O proxecto de trazado deberá ser remitido a esta dirección xeral para o seu informe vinculante. Este proxecto deberá conter un Plan global de medidas correctoras que se van realizar nas distintas fases de execución das obras valorándoas economicamente. Este plan debe conte-las seguintes actuacións:

Control e seguimento arqueolóxico das fases de replanteo de execución de obra e de restitución dos terreos.

Escavacións e actuacións arqueolóxicas puntuais nos xacigos ou no contorno de xacigos afectados polas obras.

5. Terase en conta que con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas previstas, en cada unha das tres fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección.

6. Tódalas actuacións deberán ser realizadas por técnicos arqueólogos con experiencia demostrada na actividade da que se trate. Así mesmo, estas actuacións realizaranse de acordo cos correspondentes proxectos presentados e autorizados pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, coa que se coordinará o deseño destes.

Os traballos realizaranse con cargo ó financiamento do proxecto.

A Deputación Provincial de Pontevedra informa favorablemente.

A Demarcación de Estradas do Estado en Galicia informa favorablemente coas seguintes prescricións:

A glorieta de inicio da vía de alta capacidade do Morrazo deberá cumpri-las recomendacións sobre glorietas do Ministerio de Fomento.

Deberase incluír no proxecto constructivo a modificación, aumentando o seu raio, da curva final da CN-554, co fin de acada-la máxima visibilidade sobre a dita glorieta.

O Concello de Bueu solicita que se incorpore ó proxecto unha conexión directa co Polígono Industrial de Castiñeiras, que o trazado executado se separe o máximo posible das vivendas situadas nos seus arredores, se adopten as medidas precisas para minimiza-las afeccións a captacións e mananciais de auga, e se manteña a antena de TV de Portela.

O Concello de Cangas fai as seguintes consideracións: nun primeiro escrito, datado en abril de 1999, recoñécese a necesidade de mellora-las comunicacións da comarca, aínda que rexeitan o estudio informativo polo impacto que xeraría e a barreira que constitúe para o futuro desenvolvemento do concello. Pola contra, apoiarían o desenvolvemento dos vieiros de circunvalación que constan no planeamento.

Nun segundo escrito, datado en outubro de 2000, realízanse unha serie de suxestións respecto do estudio informativo e co obxecto de melloralo. Así, solicítase a realización dun enlace co Polígono Industrial da Portela, un enlace directo e bidireccional coa A-9 e, por último, suxiren que á altura da zona de Coiro, o trazado discorra o máis afastado posible dos núcleos rurais de poboación.

O Concello de Moaña mostra o seu convencemento respecto da necesidade de executar un novo vieiro alternativo á CC-550.

Nembargantes, consideran que deberían tamén mellorarse os vieiros internos do concello, así como realizar un cinto de circunvalación entre os núcleos de Meira e Moaña.

Consideran fundamental a execución dun vieiro de enlace á altura da estrada de San Lourenzo, que permitiría o acceso desde Domaio. Así mesmo, outros enlaces que se consideran interesantes para vertebra-lo concello son os das estradas de Meira de Arriba, Verducedo-Piñeiro e Marín-O Con.

Así mesmo, sinalan a necesidade de elimina-los enlaces de Meira e Outeiro, polo seu notable impacto visual e ambiental.

Engaden que os novos vieiros de enlace deberían estudiarse baixo os procedementos de avaliación de impacto ambiental, así como estudiar todas aquelas solucións técnicas que, no tronco principal, eviten a xeración de alteracións sobre os bens patrimoniais.

Outro aspecto que se destaca é o relativo á necesidade de minimizar, ó máximo posible, as alteracións sobre os sistemas acuíferos.

Tamén consideran que o enlace coa A-9 debe proxectarse de forma máis directa.

Engaden que o estudio de impacto ambiental que acompaña ó estudio informativo presenta carencias no que respecta á cartografía.

Por último e como mellora visual, desexan facer constar que debería modificarse o trazado ó seu paso pola zona de Lourido-Mera, desprazando o trazado cara ó norte de forma que discorra por detrás do sistema de altos.

ANEXO III

Resumo de alegacións

* A AAVV O Progreso, de Beluso, rexeita diversos aspectos do proxecto avaliado: fala de enlace co Parque Industrial de Castiñeira, afección a vivendas no lugar da Portela, afección a servicios de abastecemento de auga e cablaxe de TV, afección ós petroglifos das Abelaires e o Castro de Liboreiro.

Propoñen desvia-lo trazado cara ó norte a partir do p.k. 117+100, que se proxecte un enlace co Polígono Industrial de Castiñeira, que se desvíe o trazado entre o p.k. 115+650 e p.k. 115+700 executando un túnel, que se prolongue o vieiro proposto entre Marín e Aldán ata unirse co de Rande na PO-320, que se potencien as conexións deste novo vieiro coa rede de estradas interiores da comarca e que se proxecte un acceso directo de Bueu cara a Vilaboa e Moaña.

* A Comunidade Traída de Augas Mte. Lourido sinala que o trazado proxectado pode afectar ós mananciais e ás augas subterráneas das que se serven 325 usuarios, así como ós dos encoros de que dispón a comunidade, polo que rexeitan o proxecto e solicitan se realice un novo estudio que considere outras alternativas.

* A Sociedade de Bens Sotelo Iglesias S.L. indica que a cartografía empregada no EsIA está totalmente desfasada pois non reflicte a nave empresarial dedicada á conserva de pescado situada na intersección do vieiro proxectado coa PO-320, á altura de Portela e que se ve afectada polo vieiro auxiliar de saída do vieiro proxectado.

Proponse desvia-lo trazado proxectado cara ó sur.

* Carmen Villar Gestido considera que a banda de fluctuación do trazado imposibilita avaliar e precisa-las afeccións reais, o que se traduce nunha situación de indefensión por parte dos veciños.

Rexeita o EsIA por resultar incompleto, carente de contido, falsea-la realidade e minimizar, intencionadamente, os impactos que se causan polo que non se garante a protección dos recursos naturais e o medio ambiente.

* Ángela Abad Camaño, en representación de ANIBEL, e 114 veciños máis, fai as seguintes alegacións:

-Esta vía causa un grave impacto ambiental e social na comarca con afeccións á paisaxe, ós bosques autóctonos e zonas de lecer.

-Que afecta gravemente ó réxime de augas subterráneas e superficiais.

-Que destrúe ou altera importantes bens de interese cultural protexidos.

-Que non responde ás necesidades de comunicación entre as poboacións do Morrazo.

-Polo que solicitan a retirada do proxecto.

* A Comunidade de Montes de Domaio rexeitan o trazado proposto por condiciona-lo desenvolvemento urbanístico da parroquia de Domaio, afectar a mananciais e captacións e por afectar ás mellores zonas de monte. Igualmente critican a indefinición do estudio respecto da banda de fluctuación do trazado.

Rexeitan o estudio e propoñen que se estudie unha estrada de tipo convencional.

* Serxio Regueira Gómez, en representación da AAVV Monte Faro, e 10 veciños máis, alegan o seguinte:

Consideran que a banda de fluctuación do trazado imposibilita avaliar e precisa-las afeccións reais, o que se traduce nunha situación de indefensión por parte dos veciños.

Engaden que se taponan diversos ríos e regatos, así como que se afectarán notablemente os mananciais e augas subterráneas a consecuencia dos movementos de terras.

Indican que tamén se afectará a zonas de interese natural e arqueolóxico e que o proxecto non se adapta ós planeamentos urbanísticos vixentes.

Rexeitan o estudio e propoñen que se estudie unha vía de carácter convencional tal e como se recolle nos planeamentos urbanísticos vixentes, así como que se proxecten viaductos en tódalas valgadas, se

minimicen as afeccións sobre a rede fluvial e outros recursos hídricos e que se consideren dous enlaces á altura da parroquia de Domaio.

* Jesús Corrales Piñeiro e veciños do barrio de Lourido de Meira-Moaña solicitan o desprazamento do trazado cara ó norte, pois afecta a dúas vivendas, o depósito de augas, ó tendido de alta tensión e xeraría molestias debidas ó ruído e contaminación atmosférica debido a que o trazado pasa moi cerca do barrio.

* Justa Soliño Nores considera que a banda de fluctuación do trazado imposibilita avaliar e precisa-las afeccións reais, o que se traduce nunha situación de indefensión por parte dos veciños. Engade que a cartografía utilizada non recolle moitos dos bens afectados e que non se xustifica a utilidade pública do proxecto, infrinxido os artigos 14 e 15 da Lei de estradas.

Sinala que o vieiro proxectado causa notables impactos ambientais e sociais, pois afecta a espacios naturais, ademais de afectar ó réxime de augas superficiais e subterráneas, así como a bens de interese cultural.

Engade que o vieiro proxectado non responde ás necesidades dos habitantes do Morrazo e que os vieiros locais onde remata non serán capaces de absorbe-los tráficos xerados.

Polo tanto rexeitan o proxecto.

* Francisco Rodríguez Bernárdez indica que é titular dunha albariza (20 colmeas) que pode ser afectada á altura do p.k. 116+750, polo que solicita se desprace o trazado para evita-la afección á esta.

* Manuel Rúa Chapela, presidente da AAVV O Real-O Con de Moaña, e catro veciños máis, consideran que se taponan diversos ríos e regatos, así como que se afectarán notablemente os mananciais e augas subterráneas a consecuencia dos movementos de terras.

Indican que tamén se afectará a zonas de interese natural e arqueolóxico, polo que rexeitan o estudio.

Laura Carballo Avilés e María del Carmen Morán de Castro, secretaria do Taller de Educación Ambiental do I.C.E. da Univ. de Santiago de Compostela, sinala que o vieiro proxectado causa notables impactos ambientais e sociais, pois afecta a espacios naturais (Montes de Morrazo e Carballal de Coiro) e áreas de valor cultural e sentimental (Poza da Moura e Carballeira de Bronlle), ademais de afectar ó réxime de augas superficiais e subterráneas, así como a bens de interese cultural.

Engade que o vieiro proxectado non responde ás necesidades dos habitantes do Morrazo, senón ós usuarios das praias na época estival. Polo tanto rexeitan o proxecto.

Alberto Casqueiro Iglesias e 11 veciños máis sinala que o proxecto provocará:

-Esnaquizamento do monte comunal, de zonas fértiles, de cursos de auga, fontes e mananciais.

-Afección á calidade do aire, xeración de ruídos.

-Impacto visual.

-Nulo servicio ós habitantes da zona.

-Destrozo de elementos do patrimonio cultural de valor incalculable.

-Sobrecarga dun ámbito cun complexo equilibrio.

-Fomento do transporte privado.

-Mutilación dun asentamento humano que se caracteriza pola multiplicidade e multifuncionalidade no aproveitamento do territorio.

-Así mesmo, o proxecto está baseado en intereses privados especulativos.

-A masificación provocaría unha presión ecolóxica sobre un contorno cuns límites moi definidos polo mar.

-Limitación das capacidades de mobilidade.

* Alfonso Fernández García considera que a banda de fluctuación do trazado imposibilita avaliar e precisa-las afeccións reais, o que se traduce nunha situación de indefensión por parte dos veciños. O desprazamento da vía cara ó norte eliminaría a maior parte dos prexuízos.

Engade que é propietario dun predio de 2.000 m.

* Alberto Casqueiro Iglesias rexeita o EIA por resultar incompleto, carente de contido, falsea-la realidade e minimizar, intencionadamente, os impactos que se causan polo que non se garante a protección dos recursos naturais e o medio ambiente. En suma, indícase que o EIA non se axusta ó prescrito na normativa reguladora dos procedementos de avaliación ambiental de proxectos.

* José Iglesias Martínez e 37 veciños máis consideran que a banda de fluctuación do trazado imposibilita avaliar e precisa-las afeccións reais, o que se traduce nunha situación de indefensión por parte dos veciños e que non se xustifica a utilidade pública do proxecto, infrinxindo os artigos 14 e 15 da Lei de estradas.

Sinalan que o vieiro proxectado causa notables impactos ambientais e sociais, pois afecta a espacios naturais, ademais de afectar ó réxime de augas superficiais e subterráneas, así como a bens de interese cultural.

Engaden que o vieiro proxectado non responde ás necesidades dos habitantes do Morrazo e que os vieiros locais onde remata non serán capaces de absorbe-los tráficos xerados.

Xuntan unha lista de bens afectados na Comunidade de Montes de Coiro, da que son comuneiros.

Polo tanto, rexeitan o proxecto.

* Silveria Álvarez Barreiro indica que é propietaria de terreos no barrio de Menduíña, Aldán e que debido á banda de fluctuación do trazado non sabe se será afectada ou non, polo que con base na dita indefinición e ó perigo que pode supo-lo aumento de tráfico na CC-550 na zona indicada e a consecuencia das obras proxectadas, solicita se rexeite o proxecto.

* José Luis Gestido Camaño, en representación da AAVV Río Bouzós de Coiro propón unha modificación do trazado co obxecto de evita-las afeccións na zona de Coiro.

Así, propón que este parta de Portela, pase ó norte da capela de San Cosme, suba cara ó Chan de Loureiro e chegue ata a cruz de Madeira de Cela e baixe ata Moaña por onde queiran os veciños.

Indica que se isto non é posible, se separe o máximo das casas, se faga un túnel entre Lagos e Tromentelo e outro en Espiñeiro, así como que se respecten os mananciais de Coiro e se planten árbores autóctonas na parte baixa do vieiro para humaniza-los arredores entre Parada e Igrexario.

* 209 veciños de Augalevada, Carballal e Parada (Coiro) asinan unha alegación referente ó treito p.k. 114+000-p.k. 115+000, indicando que o trazado debería ir pola vertente norte do Morrazo, en vez de pola sur. Engaden, ademais, que a cartografía utilizada resulta obsoleta e que os trazados das circunvalacións non coinciden cos recollidos nos planeamentos.

Respecto do tramo citado, indican como inasumible o desprazamento cara ó sur na banda de fluctuación do trazado, posto que suporía demoler 10 vivendas, ademais de xerar molestias debido ó ruído do tráfico sobre as vivendas próximas. Solicitan que se cruce o río Bouzas mediante viaducto e que se evite afectar ós mananciais e depósito da traída veciñal de augas.

Propoñen que o trazado se axuste ó límite norte da banda de fluctuación e discorra en túnel entre o p.k. 114+040 e o p.k. 115+050 aproximadamente.

* Antonio Pena Rodríguez manifesta o seu desacordo co procedemento de información pública, engade que a denominación de vía de alta capacidade é incorrecta, debendo ser substituída pola de corredor.

Por outro lado, manifesta o seu total rexeitamento ó proxecto por beneficiar ós habitantes de Vigo, de Bueu e a ós grupos de poder económico e danar ós habitantes de Cangas e Moaña.

* Matilde Llano Fernández rexeita o estudio porque carece de utilidade pública, non beneficia ós veciños do Morrazo, pois non mellora as comunicacións internas da zona, senón ós de Vigo e ós turistas e crea numerosos impactos ambientais.

* Antonio Nores Soliño rexeita o estudio porque carece de utilidade pública, non beneficia ós veciños do Morrazo, pois non mellora as comunicacións internas da zona, senón ós de Vigo e a ós turistas e crea numerosos impactos ambientais, así como que só favorece a especulación salvaxe de certas zonas.

* Pablo Bernárdez Paredes rexeita o estudio porque carece de utilidade pública, non beneficia ós veciños do Morrazo, pois non mellora as comunicacións internas da zona, polo que solicita unha mellora da CC-550. Así mesmo, engade que os impactos derivados do proxecto serían graves.

* Marta Ferral Malvido rexeita o estudio porque carece de utilidade pública, non beneficia ós veciños do Morrazo, pois estes seguirían usando a CC-550 para ir a Vigo. Non mellora as comunicacións internas da zona e engade que os impactos derivados do proxecto serían graves.

* José Ferral Villar rexeita o proxecto por alterar gravemente a calidade das augas do Morrazo, básicas para os regadíos da zona. Rexeita o estudio porque carece de utilidade pública, non beneficia os veciños do Morrazo, pois estes seguirían usando a CC-550 para ir a Vigo.

* Josefa Malvido Malvido rexeita o proxecto por alterar gravemente a calidade das augas do Morrazo, así como outros bens de interese natural. Engade que afecta a varias propiedades súas e que non se lle van a pagar suficientemente. Así mesmo, considera que o novo vieiro só será útil para os turistas, pois os veciños do Morrazo seguirán usando a CC-550 para ir a Vigo.

* Grupo Municipal PSG-PSOE de Cangas solicita que se cambie o concepto do proxecto, pasando de ser unha vía rápida a un vieiro urbano aberto e cos enlaces precisos. Así mesmo, apoia que este utilice os vieiros de circunvalación recollidos nos planeamentos de Cangas e Moaña. Manifesta a súa oposición a que o vieiro discorra tan afastado dos núcleos de poboación e están en contra dos viaductos debido ó efecto barreira que supoñen.

Indican que o trazado debe discorrer polo solo non urbanizable de protección forestal recollido en ámbolos dous planeamentos.

Por outra parte, propoñen que se execute dobre calzada por sentido de circulación en todo o vieiro, que teña máis saídas e conexións para vertebra-la comarca, que se realice ó mesmo tempo que as circunvalacións previstas no planeamento, propoñendo ademais a creación de túneles e falsos túneles para diminuí-lo impacto naquelas zonas onde se requiren maiores movementos de terras.

* A Federación Ecoloxista Galega rexeita o EIA por resultar incompleto, carente de contido, falsea-la realidade e minimizar, intencionadamente, os impactos que se causan polo que non se garante a protección dos recursos naturais e o medio ambiente. En suma, indícase que o EIA non se axusta ó

prescrito na normativa reguladora dos procedementos de avaliación ambiental de proxectos.

Por outra parte, sinalan erros no EIA no que respecta ó estudio e valoración da vexetación e fauna, así como na identificación de espacios naturais e bens do patrimonio.

* BNG de Cangas rexeita a proposta de novo vieiro por ir en contra dos acordos tomados polos concellos de Cangas e Moaña en marzo e abril de 1999, onde se apoiaba un vieiro convencional alternativo á CC-550 e apoiado nas circunvalacións recollidas nos planeamentos de ámbolos dous concellos.

Engade que a banda de fluctuación do trazado crea indefensión entre os veciños, ó non quedar claro quen resulta afectado e en que medida.

Os vieiros de circunvalación que figuran no proxecto non coinciden cos recollidos no planeamento, o que crea confusión e indefensión entre os veciños.

O concepto de vieiro desenvolvido provoca un forte impacto ambiental e non responde ás necesidades de vertebración da comarca, pois non favorece o seu uso como alternativa á CC-550 nin a súa consolidación como novo eixo viario de apoio ó desenvolvemento urbanístico, ó discorrer demasiado afastado dos asentamentos de poboación e non ser útil para mellora-las comunicacións internas da comarca.

As actuacións e ocupacións derivadas do trazado proxectado xerarán notables impactos sobre a paisaxe, medio natural, patrimonio, sociedade e desenvolvemento urbano e económico da comarca.

* Cándida Paredes Carballo e Manuel Paz Paz propoñen que se desprace o trazado o máis ó norte posible afastándoo de tódolos núcleos de poboación, desenvolve-lo acceso de Cangas sobre terreos de propiedade municipal para non afectar ós veciños, construír un enlace coa zona industrial de Bornas e respecta-los mananciais e traídas de auga.

* A AAVV A Chamusca de Moaña considera que a banda de fluctuación do trazado imposibilita avaliar e precisa-las afeccións reais, o que se traduce nunha situación de indefensión por parte dos veciños.

Considera que se taponan diversos ríos e regatos, así como que se afectarán notablemente os mananciais e augas subterráneas a consecuencia dos movementos de terras.

Indica que tamén se afectarán a zonas de interese natural e arqueolóxico, polo que rexeitan o estudio.

Engaden que o vieiro proxectado non se axusta ós planeamentos municipais, non se considera a mellora dos vieiros locais e engaden como necesaria a construcción das circunvalacións de Cangas e Moaña recollidas no planeamento.

Propoñen que se elabore un novo estudio que proxecte unha estrada de tipo convencional, aberta

e que se apoie nas circunvalacións recollidas nos planeamentos vixentes.

* Placeres Rodríguez Molanes considera que a banda de fluctuación do trazado imposibilita avaliar precisa-las afeccións reais, o que se traduce nunha situación de indefensión por parte dos veciños e que non se xustifica a utilidade pública do proxecto, infrinxindo os artigos 14 e 15 da Lei de estradas.

Sinala que o vieiro proxectado causa notables impactos ambientais e sociais, pois afecta a espacios naturais, ademais de afectar ó réxime de augas superficiais e subterráneas, así como a bens de interese cultural.

Engade que o vieiro proxectado non responde ás necesidades dos habitantes do Morrazo e que os vieiros locais onde remata non serán capaces de absorbe-los tráficos xerados.

Achega unha lista de bens afectados na Comunidade de Montes de Coiro, da que é comuneira.

Polo tanto, rexeita o proxecto.

* Iván Malido Viéitez e 16 veciños máis rexeitan o proxecto por xerar impactos ambientais, sociais e sobre o patrimonio. Engaden que o concepto de vieiro pechado e valado non responde ás necesidades da comarca, que o que requiren é unha mellora das comunicacións internas e a execución das circunvalacións de Moaña e Cangas, tal e como constan no planeamento.

* Nieves González Pérez sinala que se lle afecta un predio de 13 varas de superficie dedicada a uso forestal e unha traída de augas que fornece á súa vivenda.

* Manuel Ríos Solla sinala que se afecta á traída veciñal de auga de Calvar-Verdeal, na parroquia de Domaio.

* A Comunidade de Regantes Paradela alega que se afecta ós mananciais dos que se fornece a citada comunidade de regantes.

* Berta Tenorio Riobo sinala que se afecta a fonte de Regueira.

* José García Paz indica que se afecta a traída de auga de Xalde de Arriba.

* Andrés Couso Chapela alega que se afecta a tres predios no lugar de Bouza Branca.

* Luisa Rúa Santiago sinala que se afecta a traída veciñal de augas da parroquia de Meira (Moaña).

* Adelaida Moreira Portela indica que se afecta un camiño que utiliza para o aproveitamento do monte e se fan desaparece-los regatos dos que se fornece.

* Manuel Iglesias Pérez está en contra do trazado proxectado á altura da parroquia de Paradela, pois aféctalle varios predios da súa propiedade, así como a mananciais dos que se fornecen traídas veciñais, polo que solicita se desprace o trazado cara ó monte.

* Josefa Budiño Rodríguez solicita que se desprace o vieiro cara ó norte dentro da banda de fluctuación para que non lle afecte un predio e manancial que posúe no lugar de Xalde.

* Océano Piñeiro González solicita que non se afecte o encoro do Castañal, do que é un dos propietarios.

* Estanislao Durán Calvo rexeita o proxecto por afectar un predio de uso forestal da súa propiedade, por parti-lo pobo de Moaña en dous e por afectar ás fragas e bens arqueolóxicos.

* Pilar Currás Santomé rexeita o proxecto porque a súa casa quedaría na zona de servidume do vieiro e afectaría á súa calidade de vida.

* A Comunidade de Usuarios da Auga de Meira solicita que se respecten os mananciais e outras estructuras que compoñen o sistema de traída veciñal de augas do que se fornecer.

* Miguel González Santos rexeita o proxecto por ser unha falta de respecto ós veciños do Morrazo e crear graves impactos ambientais, sociais e económicos.

* Modesto Graña Fernández rexeita o proxecto por afectar ó Cristo de Fazáns nos Remedios.

* Mª Jesús Rúa Durán e 46 veciños da AAVV O Cristo solicitan que se respecten os mananciais, traídas para vivendas e predios, substituír terrapléns en valgada por viaductos e que se garanta a accesibilidade transversal territorial.

* Moisés Chorén Fernández solicita que se lle declaren os bens chamados Granxa de Paxarín como de especial protección do patrimonio e que, en consecuencia, se evite a afección do vieiro proxectado sobre o predio e construccións citadas.

* Manuel Portela Parcero solicita que se respecten tódalas captacións e traídas veciñais de auga da zona.

* Valentín Piñeiro González sinala que a banda de fluctuación do trazado imposibilita determina-lo grao de afección por parte dos veciños. Engade que o proxecto non responde ó interese público e que xeraría diversos e importantes impactos ambientais, sociais e económicos, polo que rexeita o proxecto e solicita que se desenvolva un novo que propoña unha estrada de corte convencional.

* Manuel Gómez Silla e Jesús Trigo Meira considera que a banda de fluctuación do trazado imposibilita avaliar e precisa-las afeccións reais, o que se traduce nunha situación de indefensión por parte dos veciños. Engade que a cartografía utilizada non recolle moitos dos bens afectados e que non se xustifica a utilidade pública do proxecto, infrinxindo os artigos 14 e 15 da Lei de estradas.

Sinala que o vieiro proxectado causa notables impactos ambientais e sociais, pois afecta a espacios naturais, ademais de afectar ó réxime de augas superficiais e subterráneas, así como a bens de interese cultural.

Engade que o vieiro proxectado non responde ás necesidades dos habitantes do Morrazo e que os vieiros locais onde rematan non serán capaces de absorbe-los tráficos xerados.

Polo tanto, rexeita o proxecto.

* A AAVV O Arroas considera que a banda de fluctuación do trazado imposibilita avaliar e precisa-las afeccións reais, o que se traduce nunha situación de indefensión por parte dos veciños. Ignóranse cursos de auga e mananciais. Sinala que o vieiro proxectado causa notables impactos ambientais e sociais, pois afecta a espacios naturais, ademais de afectar ó réxime de augas superficiais e subterráneas, así como a bens de interese cultural.

Solicitan que as valgadas sexan salvadas por viaductos.

* Jacinto García Piñeiro considera que as afeccións reais non poden ser concretadas debido á banda de fluctuación. A nova vía provocará o efecto barreira, ademais de destruír ou cambiar cursos de auga e destruí-la riqueza arqueolóxica dos montes do Morrazo.

* Rafael Redondo Menroy e 86 veciños máis consideran que a banda de fluctuación do trazado imposibilita avaliar e precisa-las afeccións reais, o que se traduce nunha situación de indefensión por parte dos veciños.

Sinalan que o vieiro proxectado causa notables impactos ambientais e sociais, pois afecta a espacios naturais, ademais de afectar ó réxime de augas superficiais e subterráneas, así como a bens de interese cultural, polo que rexeitan o proxecto e solicita que se desenvolva un novo que propoña unha estrada de corte convencional.

* O PSG-PSOE de Moaña solicita que se execute o novo vieiro coa configuración dunha autovía, que se execute tamén a circunvalación de Moaña, tal e como a recolle o planeamento, que se executen actuacións de mellora na CC-550 e na PO-313, que entre o p.k. 101+500 e o p.k. 102+500 se desprace o trazado cara ó norte para evita-las afeccións á Poza da Moura e á Cascada de Muíños, que se execute un túnel entre o p.k. 103+500 e o p.k. 105+500, que se execute un novo enlace co polígono industrial da Borna (p.k. 103+500), que o enlace de Moaña desemboque no vieiro de Meira de Arriba, que o enlace de Cangas se afaste do grupo escolar de Tirán e que se respecte o conxunto de captacións e instalacións das traídas de auga veciñais existentes na zona.

* Ángel Acuña Piñeiro sinala deficiencias no estudio do patrimonio da comarca do Morrazo que consta no proxecto.

* O Grupo Nós sinala que o trazado afectaría gravemente a diversos bens do patrimonio cultural.

* A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, a Asociación Natura Céltica e a Asociación Xuvenil Auruxeira indican que se afectará a varios xacigos

arqueolóxicos, polo que solicita que se realice unha prospección arqueolóxica intensiva e se identifiquen e valoren os impactos que se producirán.

* José Jaime Martínez González e 4 veciños máis indican o seguinte:

-O trazado discorre moi preto das vivendas.

-Aféctase o monte do Carballal, que inclúe unha plantación de carballo americano e carballo autóctono.

-Pola proximidade do vieiro producirase gran contaminación acústica e altos niveis de ruído.

-Producirase un gran impacto sobre a paisaxe e as augas ó altera-los cursos e o caudal dos ríos existentes.

-Por todo iso solicita:

-Que o trazado se separe das vivendas e pase pola parte superior da zona protexida do Carballal.

-Que a vía discorra pola pista xa existente entre o Alto da Portela e Moaña.

-Que se instalen pantallas reductoras do ruído.

-Que se valoren os impactos sobre as augas e se propoñan medidas correctoras.

* A Comunidade de Montes do Morrazo, O Grupo Erva, Greenpeace, e 908 veciños máis rexeitan o EIA por resultar incompleto, carente de contido, falsea-la realidade e minimizar, intencionadamente, os impactos que se causan polo que non se garante a protección dos recursos naturais e o medio ambiente. Indícase que o EIA non se axusta ó prescrito na normativa reguladora dos procedementos de avaliación ambiental de proxectos.

Non se avalían convenientemente as afeccións ós espacios naturais da zona, algunhas directas (Carballeira de Coiro e montes de Morrazo) e outras indirectas (Costa da Vela e Punta Udra).

O estudio presenta graves deficiencias no punto de patrimonio cultural e de afección á rede hidrográfica. Así mesmo, indica que non se tivo en conta o impacto socioeconómico sobre a poboación da construcción desta vía.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2001.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas