Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 16 de agosto de 2001 Páx. 10.989

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 192/2001, do 26 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto obra número 159, Plan de Obras e Servicios 2000. O Incio. Estrada provincial O Incio-Foilebar-Vilarxoán, alargamento, mellora e afirmado desde o punto quilométrico 7,730 ó 9,270 (concello do Incio).

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión do día 24 de novembro de 2000, aprobou o proxecto de obra nº 159, Plan Obras e Servicios 2000. O Incio. Estrada provincial O Incio-Foilebar-Vilarxoán, alargamento, mellora e afirmado do punto quilométrico 7,730 ó 9,270 e na sesión do 26 de marzo de 2001, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte da Deputación Provincial de Lugo foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 10 de xullo de 2001

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. Este informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 22 de maio de 2001.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a rea

lización das obras do proxecto técnico sinalado, porque segundo sinala a deputación, debido á degradación progresiva da estrada provincial que une as localidades do Incio, Foilebar e Vilarxoán, se trata de mellorar e alargar unha vía que, nas condicións actuais, ofrece numerosos puntos perigosos para a circulación nunha zona que se está a potenciar turisticamente; por todo isto faise necesario o alargamento do radio das curvas e das vertentes, para permiti-lo paso de vehículos de tamaño mediano, no tramo que une estas localidades co val do río Lóuzara (afluente do Lor) e así reforza-las comunicacións da zona.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia, segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de xullo de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de obra nº 159, Plan Obras e Servicios 2000. O Incio. Estrada provincial O Incio-Foilebar-Vilarxoán, alargamento, mellora e afirmado do punto quilométrico 7,730 ó 9,270.

Santiago de Compostela, vinteseis de xullo de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais