Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 14 de agosto de 2001 Páx. 10.967

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

ACORDO do 1 de agosto de 2001 do tribunal designado para xulga-las probas selectivas, convocadas por Resolución do 26 de decembro de 2000, para o acceso ó corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia, polo que se procede a dar publicidade á relación e puntuación obtida nestas probas.

En cumprimento do sinalado na base 8.1 da Resolución do 26 de decembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 11, do 16 de xaneiro), pola que se ordena a publicación do acordo do Pleno do Consello Consultivo de Galicia, do 22 de decembro de 2000, en virtude da que se aproban as bases e a convocatoria de oposicións para o acceso ó corpo de letrados do dito organismo e a provisión de dúas prazas vacantes nel, este tribunal, en sesión que tivo lugar o día 31 de xullo de 2001,

ACORDOU:

Dar publicidade á relación de aprobados na oposición ó corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia, sendo a orde de puntuación a que segue:

-Ana María López Guizán, DNI nº 33326319.

Total: 28,75 puntos.

-María José Quintana Acebo, DNI nº 32796939.

Total: 26,30 puntos.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2001.

José Antonio García Caridad

Presidente do tribunal