Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 13 de agosto de 2001 Páx. 10.942

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do 12 de xullo de 2001, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, e a reserva da corrección de deficiencias, o proxecto de urbanización do ámbito do Plan parcial Zapateira 1 (sector dentro da área 6 de SUNP) promovido pola sociedade Olsanova, S.L. e redactado polo arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas.

2. Somete-lo documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión da provincia.

Os prazos contaranse desde a última publicación deste anuncio (Diario Oficial de Galicia ou xornal), e poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais do Servicio de Urbanismo e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 13 de xullo de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro de Urbanismo