Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 13 de agosto de 2001 Páx. 10.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

Presentado pola sociedade Olsanova, S.L. o proxecto de compensación do ámbito do Plan parcial Zapateira 1, sector da área 6 de SUNP, co carácter de propietaria única dos terreos, sométese o citado documento a información pública polo prazo de 20 días hábiles contados

desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No devandito prazo poderá ser examinado o documento polas persoas interesadas nas oficinas da área de Urbanismo e presenta-las alegacións que consideren pertinentes.

Culleredo, 13 de xullo de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro de Urbanismo