Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Luns, 13 de agosto de 2001 Páx. 10.922

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 31 de xullo de 2001 pola que se delegan determinadas competencias nos delegados territoriais.

Artigo 1º

Delégase nos delegados territoriais a resolución dos expedeintes de instalación ou cambio de motor, incluídos no campo de aplicación do Real decreto 580/2001, do 1 de xuño, polo que se permite incremento de potencia propulsora a buques menores de 12 metros de eslora total (BOE do 5 de xuño); os ditos expedientes tramitaranse de acordo co procedemento establecido na Orde do 5 de maio de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 28 de maio).

Artigo 2º

As resolucións administrativas que se adopten facendo uso da delegación contida na presente orde farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas pola autoridade que as conferiu.

Artigo 3º

O conselleiro poderán en calquera momento, reclama-lo exercicio das facultades delegadas na presente disposición.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2001.

P.D. (Orde do 17-12-1997,

DOG nº 246, do 22 de decembro)

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura