Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2001 Páx. 10.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso público, procedemento aberto, para a contratación da subministración e entrega de roupa de uniforme para axentes forestais da Xunta de Galicia durante o ano 2001.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: subministración e entrega de roupa de uniforme para axentes forestais da Xunta de Galicia durante o ano 2001.

2.2. Prazo de execución: corenta e cinco días naturais desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dezanove millón novecentas oitenta mil (19.980.000) pesetas, IVE incluído (120.082,22 euros).

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ós que se presente ofertas.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación do lote ou lotes adxudicados.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (Teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=613.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesadas en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

7.2. Información: teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente