Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2001 Páx. 10.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para a adquisición de equipamento electromédico con destino ó Hospital Comarcal de Burela (Lugo). (SCS.-50/2001). (17 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde-Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (División de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Caetano, bloque 2, planta 2ª en Santiago de Compostela. Teléfonos 981 54 27 67, 981 54 27 68. Fax 981 54 27 62. Enderezo da Internet: www.sergas.es.

2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público, subministración sucesiva, polo trámite de urxencia.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Hospital Comarcal de Burela (Lugo).

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar: adquisición de equipamento electromédico. (17 lotes).

-Orzamento total: setenta e nove millóns cento noventa mil pesetas, IVE incluído (475.941,49 euros).

LoteDescriciónImporte lotes

PesetasEuros

1Monitor de transporte1.300.0007.813,16

2Microscopio cirúrxico oftalmolóxico7.200.00043.272,87

3Láser cirúrxico9.000.00054.091,09

4Sistema de anestesia27.500.000165.278,33

5Respirador de transporte500.0003.005,06

6Bisturís eléctricos5.900.00035.459,71

7Quentador de soros470.0002.824,76

8Desfibrilador900.0005.409,11

9Fibroendoscopio nasofarínxeo1.300.0007.813,16

10Torre endoscopia cirúrxica8.200.00049.282,99

11Laringoscopio300.0001.803,04

12Aspirador eléctrico400.0002.404,05

13Equipo de isquemia automático450.0002.704,55

14Accesorios endoscopia cirúrxica3.060.00018.390,97

15Cuna térmica1.400.0008.414,17

16Esterilizador baixa temperatura9.500.00057.096,15

17Equipamento esterilización1.810.00010.878,32

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algun dos lotes da subministración e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres (oferta base máis 2 variantes).

4. Prazo de entrega desde a petición: máximo 30 días, excepto o lote 16 que será de 45 días máximo.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 22 de agosto de 2001.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 28 de agosto de 2001.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público

b) Data, hora e lugar da antedita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, a partir das 9 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas: a garantía provisional é do 2% do importe da licitación. Ver no punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de claúsulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver punto 18 da folla de especificacións do prego de tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obligado a mante-la súa oferta: ata o 31 de decembro de 2002.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: admítense variantes.

15. Información complementaria: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

16. Data de envío da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 7 de xuño de 2001.

17. Data de envío do anuncio: 6 de agosto de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos