Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 10 de agosto de 2001 Páx. 10.847

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do 26 de xullo de 2001, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se autoriza a sinatura do acordo sobre melloras retributivas, incremento dos equipos docentes, aumento dos outros gastos do módulo económico de sostemento dos centros concertados/subvencionados e importe anual para o ano 2001 dos módulos económicos para o sostemento de centros concertados e subvencionados.

O artigo 49.4º da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo (BOE do 4 de xullo), reguladora do dereito

á educación, establece que as cantidades correspondentes ós salarios do persoal docente dos centros privados concertados tenderán a facer posible gradualmente que a remuneración destes sexa análoga á do profesorado estatal dos respectivos niveis. Así mesmo, o artigo 13.1º a) do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27 de decembro), polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, incide nesta cuestión, dispoñendo: as cantidades correspondentes a salarios do persoal docente dos centros privados concertados, incluídas as cotizacións por cota patronal á Seguridade Social correspondentes ós titulares dos centros, tenderán a facer posible gradualmente que a remuneración sexa análoga á do profesorado estatal dos respectivos niveis de ensino obxecto do concerto.

Por Resolución do 3 de agosto de 2000 (DOG do 25 de agosto) pola que se ordena a publicación do acordo do 21 de xullo de 2000, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se autoriza a sinatura do acordo sobre melloras retributivas e incremento dos equipos docentes, declarouse que é vontade da Xunta de Galicia emprender unha serie de medidas tendentes a mellora-la situación dos centros privados concertados, que se concretan tanto no que a retribucións do profesorado se refire como ó incremento progresivo dos equipos docentes. Ademais, engádese que é intención da Xunta de Galicia que a analoxía retributiva se acade no ano 2005, exceptuando o complemento específico por formación permanente dos funcionarios de carreira docentes, e co obxectivo de mellora-la calidade do ensino, considérase necesaria unha mellora dos equipos docentes, sendo intención da Xunta de Galicia aproximarse progresivamente ás propostas presentadas polas organizacións patronais e sindicais, de tal xeito que se

produciría a dita aproximación no ano 2007.

Por todo isto, a Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, na súa reunión do día 26 de xullo de 2001,

ACORDOU:

Primeiro.-Aproba-lo acordo de incremento retributivo do profesorado do ensino privado concertado e subvencionado para o ano 2001, co obxectivo de continua-lo proceso de homologación co profesorado do ensino público.

Segundo.-Aproba-lo acordo de incremento de equipos docentes dos centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2001-2002, co obxectivo de continua-lo proceso de aplicación dos equipos docentes dos centros privados concertados, así como o aumento para o ano 2001 dos outros gastos do módulo económico de sostemento dos centros concertados.

Terceiro.-Aproba-lo acordo polo que se establece para o ano 2001 o importe anual dos módulos económicos de distribución de fondos públicos para o sostemento de centros concertados e subvencionados.

Cuarto.-Autoriza-lo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para a sinatura do acordo de aumento das retribucións do profesorado, incre

mento dos equipos docentes dos centros privados concertados e aumento dos outros gastos do módulo económico de sostemento dos centros concertados.

En execución do anterior acordo, esta consellería e as representacións patronais e sindicais do ensino privado concertado, subscribiron os acordos correspondentes conforme os anexos que a continuación, así mesmo, se publican.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Acordo de incremento retributivo do profesorado do ensino privado concertado e subvencionado para o ano 2001, co obxectivo de continua-lo proceso de homologación co profesorado do ensino público desta comunidade

En concordancia co mandato legal contido no artigo 49.4º da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo (BOE do 4 de xullo), reguladora do dereito á educación, que sinala que as cantidades correspondentes ós salarios do persoal docente dos centros privados concertados tenderán a facer posible gradualmente que a remuneración destes sexa análoga á do profesorado estatal dos respectivos niveis.

Tendo en conta que o artigo 13.1º a) do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27 de decembro), polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, incide nesta mesma cuestión co seguinte texto: as cantidades correspondentes a salarios do persoal docente dos centros privados concertados, incluídas as cotizacións por cota patronal á Seguridade Social correspondentes ós titulares dos centros, tenderán a facer posible gradualmente que a remuneración do persoal docente sexa análoga á do profesorado estatal dos respectivos niveis de ensinanzas obxecto do concerto.

Este incremento retributivo do profesorado do ensino privado concertado e subvencionado foille presentado polas organizacións sindicais e patronais á Administración educativa nas últimas mesas de negociación. As tres partes consideran este aumento como unha mellora da calidade do sistema educativo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ademais, este acordo está baseado na Resolución do 3 de agosto de 2000 (DOG do 25 de agosto) pola que se ordena a publicación do acordo do 21 de xullo de 2000, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se autoriza a sinatura do acordo sobre melloras retributivas e incremento dos equipos docentes.

En consecuencia e de conformidade con todo o exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións abaixo asinantes como membros da mesa de negociación do ensino privado concertado/subvencionado adoptan o seguinte

Acordo:

Primeiro.-O presente acordo terá efectos económicos a partir do 1 de xaneiro de 2001.

Segundo.-O profesorado en pagamento delegado ou subvencionado dos centros privados concertados e subvencionados que pertencen ó ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia experimentará un incremento retributivo con respecto do profesorado do ensino público baseado nas seguintes premisas:

1. O incremento realizarase en función do nivel educativo no que exercen equivalente a cada corpo docente do ensino público.

2. Para o incremento tomaranse como referente os conceptos retributivos seguintes dos corpos docentes:

-Soldo.

-Complemento de destino.

-Complemento específico xeral docente (agás o complemento específico por formación permanente).

3. A cantidade que se engadirá no ano 2001 para o profesorado do 2º ciclo de infantil (4 e 5 anos), primaria, educación especial, 1º ciclo de ESO e orientador 1º ciclo ESO é de 113.686 pesetas/ano profesor, incluídas as cargas sociais.

4. Así mesmo, a cantidade que se engadirá tamén no ano 2001 para o profesorado do 2º ciclo de ESO, programas de garantía social, ciclos formativos de grao medio e grao superior, FP2 e orientador 2º ciclo ESO é de 123.459 pesetas/ano profesor, incluídas as cargas sociais.

5. Estes incrementos retributivos ós que se refire o presente acordo afectan ó profesorado incluído ou que se inclúa a partir deste momento na nómina de pagamento delegado, e máis ó profesorado que está nas unidades subvencionadas de educación infantil.

Terceiro.-Este incremento, que se denomina complemento retributivo da Comunidade Autónoma de Galicia, aboarase en 14 pagas e cada 12 meses, que terá carácter consolidable no salario do profesorado, sendo actualizables coa porcentaxe de incremento xeral anual de retribucións dos empregados públicos docentes desta comunidade.

No caso de que nos módulos económicos para o sostemento de centros concertados ós que se refire o artigo 49.2º da LODE, que con carácter mínimo fixe o Estado, se inclúan incrementos retributivos para o profesorado, en concepto de analoxía retributiva, estes serán absorbidos polos complementos retributivos fixados neste acordo sen que se produzan novos incrementos adicionais, agás que aqueles foran superiores ós aquí previstos.

Cuarto.-A Administración educativa engadirá ós módulos económicos mínimos de distribución de fondos públicos para o sostemento de centros concertados, que se fixan nos orzamentos xerais do Estado, os incrementos sinalados no punto segundo do presente acordo, todo iso en cumprimento do artigo 49 da LODE.

Quinto.-O aboamento do complemento retributivo para os profesionais que figuran no seguinte punto atense ó previsto na disposición adicional sexta do IV Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas, total ou parcialmente, con fondos públicos e no artigo 7 do IX Convenio colectivo de centros de asistencia, atención, diagnóstico e rehabilitación e promoción de minusválidos, sendo necesaria así mesmo a oportuna aprobación polo Consello da Xunta de Galicia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sexto.-A determinación do complemento salarial da Comunidade Autónoma de Galicia do profesorado do ensino concertado e subvencionado correspondente ó ano 2001 en función do establecido no punto segundo do acordo de equiparación retributiva do profesorado do ensino concertado/subvencionado co profesorado do ensino público, será o seguinte:

a) O importe do complemento retributivo mensual e anual correspondente ás 14 pagas comprendidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2001 é o seguinte, segundo o nivel educativo no que exerce o persoal docente.

* Persoal docente: profesor de 2º ciclo de educación infantil (4 e 5 anos), de educación primaria, de 1º ciclo ESO, de educación especial e orientador 1º ciclo ESO.

Importe ano 2001 con Seguridade Social: 113.686*.

Importe ano 2001 sen Seguridade Social: 87.049.

Importe mensual: 6.218.

* Persoal docente: profesor de 2º ciclo ESO, de formación profesional de 2º grao, de programas de garantía social, de ciclos formativos de grao medio e grao superior e orientador 2º ciclo ESO.

Importe ano 2001 con Seguridade Social: 123.459*.

Importe ano 2001 sen Seguridade Social: 94.532.

Importe mensual: 6.752.

* Nesta cantidade está incluído o incremento do 2% do complemento retributivo da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2000.

Estes importes refírense a un profesor con xornada completa.

b) O pagamento deste complemento será proporcional ó número de horas contratadas no caso de profesores con xornadas parciais.

ANEXO II

Acordo de incremento de equipos docentes dos centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2001-2002, co obxectivo de continua-lo proceso de aplicación dos equipos docentes dos centros privados concertados, e aumento para o ano 2001 dos outros gastos do módulo económico de sostemento dos centros concertados

En concordancia co protocolo de acordo previo para acada-los equipos docentes dos centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tendo en conta os cadros de persoal de profesorado dos colexios públicos e institutos de educación secundaria, co obxectivo de lograr que nos centros

privados concertados exista un paralelismo con eles, que se corrixirá gradualmente para a dignificación da profesión docente.

Presentado este incremento dos equipos docentes dos centros privados concertados polas organizacións patronais e sindicais á Administración educativa nas últimas mesas de negociación entre as tres partes como unha mellora da calidade do sistema educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, reto fundamental da educación dos próximos anos.

Ademais, este acordo está baseado na Resolución do 3 de agosto de 2000 (DOG do 25 de agosto) pola que se ordena a publicación do acordo do 21 de xullo de 2000, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se autoriza a sinatura do acordo sobre melloras retributivas e incremento dos equipos docentes.

En consecuencia e de conformidade con todo o exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións abaixo asinantes, como membros da mesa de negociación do ensino privado concertado, adoptan o seguinte

Acordo:

Primeiro.-O presente acordo terá efectos a partir do 1 de setembro de 2001.

Segundo.-Os centros privados concertados que pertencen ó ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia experimentarán un incremento de dúas horas semanais por unidade concertada de educación secundaria obrigatoria e cinco horas semanais por cada seis unidades concertadas de educación primaria, o que supón a consolidación dos equipos docentes na proporción que se engade.

Terceiro.-No caso de que nos módulos económicos para o sostemento de centros concertados ós que se refire o artigo 49.2º da LODE, que con carácter mínimo fixe o Estado, se inclúan incrementos para persoal docente, en concepto de aumento de equipos docentes, estes serán absorbidos polos incrementos fixados neste acordo sen que se produzan novos incrementos adicionais, agás que aqueles foran superiores ós aquí previstos.

Cuarto.-Esta Administración educativa engadirá ós módulos económicos mínimos de distribución de fondos públicos para o sostemento de centros concertados, que se fixan nos orzamentos xerais do Estado, os incrementos sinalados no punto segundo do presente acordo, todo iso en cumprimento do artigo 49 da LODE.

Quinto.-O incremento de dúas horas de profesor por unidade de educación secundaria obrigatoria e de cinco horas por cada seis unidades concertadas de educación primaria atense ó previsto na disposición adicional quinta do IV Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas, total ou parcialmente, con fondos públicos, sendo necesaria a oportuna aprobación polo Consello da Xunta da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sexto.-Así mesmo, para o ano 2001 e con efectos económicos do 1 de xaneiro aplicarase un incremento do 2,5% na parte do módulo económico de distribución de fondos públicos para sostemento de centros concertados denominada outros gastos. A estes

efectos esta Administración educativa engadirá ós módulos económicos mínimos de distribución de fondos públicos para o sostemento de centros concertados, que se fixaron nos orzamentos xerais do Estado para o ano 2001, os incrementos derivados deste aumento.

ANEXO III

Acordo polo que se establece para o ano 2001 o importe anual dos módulos económicos de distribución de fondos públicos para o sostemento de centros concertados e subvencionados

A Lei 13/2000, do 28 de decembro (BOE do 29 de decembro), de orzamentos xerais do Estado para o ano 2001, establece no artigo 13 o módulo económico de distribución de fondos públicos para sostemento de centros concertados durante o ano 2001, fixando no anexo IV os importes anuais e a desagregación dos módulos económicos por unidade escolar nos centros concertados dos distintos niveis e modalidades educativas con efectos do 1 de xaneiro e ata o 31 de decembro de 2001.

O artigo 49.2º da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, na redacción dada pola Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, da participación, a avaliación e o goberno dos centros docentes, sinala que o importe do módulo económico por unidade escolar fixarase anualmente nos orzamentos xerais do Estado e, se é o caso, nos das comunidades autónomas, non podendo, nestes, ser inferior ó que se estableza nos primeiros.

A Lei 4/2000, do 27 de decembro (DOG do 29 de decembro), de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001, recolle no artigo 44, en relación co módulo económico de distribución de fondos públicos para sostemento de centros concertados, que coa finalidade de continua-lo proceso de achegamento das retribucións do profesorado do ensino privado, concertado e subvencionado, ás retribucións do profesorado do ensino público da Comunidade Autónoma, así como de prosegui-lo proceso de aplicación dos equipos docentes de centros privados concertados, autorízase o Consello da Xunta de Galicia para establecer, en función dos acordos que poidan alcanzarse e dentro dos créditos orzados, o importe anual dos módulos económicos de distribución de fondos públicos para o sostemento de centros concertados.

A Resolución do 3 de agosto de 2000 (DOG do 25 de agosto) pola que se ordena a publicación do acordo do 21 de xullo de 2000, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se autoriza a sinatura do acordo sobre melloras retributivas e incremento de equipos docentes, reflicte o acordo de incremento retributivo do profesorado do ensino privado concertado e subvencionado para o ano 2000, co obxectivo de comeza-lo proceso de homologación co profesorado do ensino público desta comunidade, así como o acordo de incremento de equipos docentes e xefatura de estudios dos centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2000-2001, co obxectivo de comeza-lo proceso de aplicación dos equipos docentes dos centros privados concertados.

En consecuencia e de conformidade con todo o exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións abaixo asinantes, como membros da mesa de negociación do ensino privado concertado/subvencionado, adoptan o seguinte

Acordo:

Primeiro.-Segundo o disposto nos puntos segundo e terceiro do artigo 49 da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, no anexo do presente acordo fíxanse os módulos económicos correspondentes á distribución da contía global dos fondos públicos destinados ó sostemento de centros concertados e subvencionados para o ano 2001 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O punto de salarios do persoal docente do módulo é o resultado de multiplica-la cantidade fixada por unidade nos orzamentos xerais do Estado para o ano 2001 pola ratio profesor/unidade concertada e subvencionada acordada nesta comunidade.

Terceiro.-O punto de gastos variables do módulo de educación primaria é o resultado de multiplica-la cantidade fixada por unidade nos orzamentos xerais do Estado para o ano 2001 pola ratio profesor/unidade concertada acordada nesta comunidade, mantendo no resto dos módulos a contía establecida no Estado.

Cuarto.-O complemento retributivo da Comunidade Autónoma na cantidade previamente acordada nesta comunidade para a homologación do profesorado do ensino concertado/subvencionado co profesorado do ensino público figura expresamente e inclúe a contía que se acordou para o ano 2000.

Quinto.-O punto de outros gastos do módulo é o resultado de engadirlle á cantidade fixada por unidade nos orzamentos xerais do Estado para o ano 2001 o incremento do 2,5% acordado nesta comunidade, con efectividade do 1 de xaneiro de 2001.

Sexto.-As retribucións do persoal docente serán aboadas directamente pola Administración educativa galega e terán efectividade desde o 1 de xaneiro de 2001, sen prexuízo da data en que se asinaron os preceptivos acordos, aplicables a cada nivel educativo concertado e subvencionado. A Administración educativa galega non asumirá alteracións nos

salarios do profesorado que superen as cantidades correspondentes a salarios do persoal docente establecidas no presente acordo.

Sétimo.-Os puntos de salarios do persoal docente, gastos variables e complemento retributivo da Comunidade Autónoma, nos niveis de educación primaria e educación secundaria obrigatoria, van desagregados en dous períodos, xaneiro-agosto e setembro-decembro por unidade e ano, en función da distinta ratio profesor/unidade que se acordou para o curso 2000-2001 e 2001-2002.

Oitavo.-Fíxase ademais a cantidade por centro con dereito a aboamento da xefatura de estudios, para garantir esta función directiva, conforme co previsto na disposición adicional sétima da Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, da participación, a avaliación e o goberno dos centros docentes.

Noveno.-A contía correspondente a outros gastos abóase ós centros mensualmente, debendo estes xustifica-la súa aplicación por curso escolar, mediante achega polo titular da certificación do acordo do consello escolar aprobando as contas.

Décimo.-Ós centros docentes que teñan unidades concertadas no primeiro e segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria, dotaráselles do financiamento para sufraga-los servicios de orientación educativa previsto na disposición adicional terceira.3 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. Esta dotación será a equivalente e proporcional a unha xornada completa do orientador por cada 25 unidades concertadas de educación secundaria obrigatoria.

Décimo primeiro.-As ratios profesor/unidade concertada para imparti-lo plan de estudios vixente en cada nivel obxecto do concerto, están calculadas con base nas xornadas de profesor con vintecinco horas lectivas semanais.

Décimo segundo.-Nos concertos de formación profesional de segundo grao e ciclos formativos de grao superior, a Administración para o financiamento dos outros gastos minoraralle á cantidade establecida 640.000 pesetas, como consecuencia do cobramento ós alumnos de 3.200 pesetas por mes durante dez meses no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2001.

ANEXO

Módulos económicos de distribución de fondos públicos para o sostemento de centros concertados

e subvencionados

PesetasEuros

Educación infantil (subvencionada):
(Ratio profesor/unidade 1:1)
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais3.908.39323.489,92
Gastos variables531.9643.197,17
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais207.9471.249,79
Outros gastos816.9464.909,94
Importe total anual5.465.25032.846,82

Educación especial (niveis obrigatorios e gratuítos):

I. Educación básica primaria:
(Ratio profesor/unidade 1:1)
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais3.908.39323.489,92
Gastos variables531.9643.197,17
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais207.9471.249,79
Outros gastos871.4115.237,29
Importe total anual5.519.71533.174,17

PesetasEuros

Persoal complementario (logopedas, fisioterapeutas, axudantes técnicos educativos, psicólogo-pedagogo e traballador social), segundo deficiencias:
Psíquicos2.832.38017.022,95
Autistas ou problemas graves de personalidade2.297.49713.808,24
Auditivos2.635.42015.839,19
Plurideficientes3.270.93046.670,38

II. Formación profesional: aprendizaxe de tarefa:
(Ratio profesor/unidade 2:1)
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais7.816.78546.979,82
Gastos variables697.9804.194,94
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais415.8942.499,57
Outros gastos1.241.4387.461,19
Importe total anual10.172.09761.135,52
Persoal complementario (logopedas, fisioterapeutas, axudantes técnicos educativos, psicólogo-pedagogo e traballador social), segundo deficiencias:
Psíquicos4.522.28727.179,49
Autistas ou problemas graves de personalidade4.044.89924.310,33
Auditivos3.503.87621.058,72
Plurideficientes5.028.72872.548,54

Programas de garantía social:
(Ratio profesor/unidade 1,28:1)

I. Ramas industriais e agrarias:
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais5.886.18835.376,70
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais240.3891.444,77
Outros gastos1.163.8486.994,87
Importe total anual8.234.27349.488,98

II. Ramas de servicios:
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais5.886.18835.376,70
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais240.3891.444,77
Outros gastos1.017.9726.118,13
Importe total anual8.088.39748.612,24

Ciclos formativos de grao medio (sen módulo económico definido):
(Ratio profesor/unidade 1,52:1)

I. Ramas industriais e agrarias:
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.989.84842.009,83
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais285.4621.715,66
Outros gastos1.163.8486.994,87
Importe total anual9.383.00656.393,00

II. Ramas de servicios:
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.989.84842.009,83
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais285.4621.715,66
Outros gastos1.017.9726.118,13
Importe total anual9.237.13055.516,26

Ciclos formativos de grao medio (con módulo económico definido)
(Ratio profesor/unidade 1,52:1)

I. Xestión administrativa:
Primeiro curso do ciclo formativo:
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.989.84842.009,83
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais285.4621.715,66
Outros gastos2.502.53915.040,56
Importe total anual10.721.69764.438,69
Segundo curso do ciclo formativo
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais00,00
Gastos variables00,00
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais00,00
Outros gastos332.1951.996,53
Importe total trimestre setembro a novembro332.1951.996,53

II. Comercio
Primeiro curso do ciclo formativo:
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.989.84842.009,83
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais285.4621.715,66
Outros gastos2.502.53915.040,56
Importe total anual10.721.69764.438,69
Segundo curso do ciclo formativo
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais00,00
Gastos variables00,00
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais00,00
Outros gastos332.1951.996,53
Importe total trimestre setembro a novembro332.1951.996,53

III. Carrocería
Primeiro curso do ciclo formativo:
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.989.84842.009,83
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais285.4621.715,66
Outros gastos1.703.05510.235,57
Importe total anual9.922.21359.633,70
Segundo curso do ciclo formativo
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.989.84842.009,83
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais285.4621.715,66
Outros gastos1.833.71711.020,86
Importe total trimestre setembro a novembro10.052.87560.418,99

PesetasEuros

IV. Electromecánica de vehículos:
Primeiro curso do ciclo formativo:
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.989.84842.009,83
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais285.4621.715,66
Outros gastos2.114.97712.711,27
Importe total anual10.334.13562.109,40
Segundo curso do ciclo formativo
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.989.84842.009,83
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais285.4621.715,66
Outros gastos2.242.31913.476,61
Importe total trimestre setembro a novembro10.461.47762.874,74

V. Equipos electrónicos de consumo:
Primeiro curso do ciclo formativo:
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.989.84842.009,83
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais285.4621.715,66
Outros gastos2.427.24014.588,01
Importe total anual10.646.39863.986,14
Segundo curso do ciclo formativo
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.989.84842.009,83
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais285.4621.715,66
Outros gastos2.554.58215.353,35
Importe total trimestre setembro a novembro10.773.74064.751,48

VI. Equipos e instalacións electrotécnicas:
Primeiro curso do ciclo formativo:
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.989.84842.009,83
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais285.4621.715,66
Outros gastos2.101.68812.631,40
Importe total anual10.320.84662.029,53
Segundo curso do ciclo formativo
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.989.84842.009,83
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais285.4621.715,66
Outros gastos2.232.35313.416,71
Importe total trimestre setembro a novembro10.451.51162.814,84

VII. Fabricación a medida e instalación de carpintería e mobles:
Primeiro curso do ciclo formativo:
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.989.84842.009,83
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais285.4621.715,66
Outros gastos1.703.05510.235,57
Importe total anual9.922.21359.633,70
Segundo curso do ciclo formativo
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.989.84842.009,83
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais285.4621.715,66
Outros gastos1.833.71711.020,86
Importe total trimestre setembro a novembro10.052.87560.418,99

VIII. Confección:
Primeiro curso do ciclo formativo:
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.989.84842.009,83
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais285.4621.715,66
Outros gastos2.114.97712.711,27
Importe total anual10.334.13562.109,40
Segundo curso do ciclo formativo
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais00,00
Gastos variables00,00
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais00,00
Outros gastos332.1951.996,53
Importe total trimestre setembro a novembro332.1951.996,53

IX. Perruquería:
Primeiro curso do ciclo formativo:
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.989.84842.009,83
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais285.4621.715,66
Outros gastos1.736.27310.435,21
Importe total anual9.955.43159.833,34
Segundo curso do ciclo formativo
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.989.84842.009,83
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais285.4621.715,66
Outros gastos1.866.93811.220,52
Importe total trimestre setembro a novembro10.086.09660.618,65

X. Coidados auxiliares de enfermería:
Primeiro curso do ciclo formativo:
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.989.84842.009,83
Gastos variables943.8485.672,64
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais285.4621.715,66
Outros gastos1.370.8608.239,03
Importe total anual9.590.01857.637,16
Segundo curso do ciclo formativo
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais00,00
Gastos variables00,00
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais00,00
Outros gastos332.1951.996,53
Importe total trimestre setembro a novembro332.1951.996,53

PesetasEuros

Formación profesional de 2º grao e ciclos formativos de grao superior
(Ratio profesor/unidade 1,40:1)

I. Ramas administrativas e de delineación:
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.452.16638.778,30
Gastos variables937.7415.635,94
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais262.9261.580,22
Outros gastos1.090.7216.555,37
Importe total anual8.743.55452.549,83

II. Restantes ramas:
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.452.16638.778,30
Gastos variables937.7415.635,94
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais262.9261.580,22
Outros gastos1.246.3237.490,55
Importe total anual8.899.15653.485,01

Xaneiro-agostoSetembro-decembro
PesetasEurosPesetasEuros

Educación primaria:
(Ratio profesor/unidade 1,167:1(*) xaneiro-agosto e 1,20:1 setembro-dicembro)
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais4.561.09528.187,904.690.07228.187,90
Gastos variables620.8023.836,60638.3573.836,60
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais242.6741.458,50249.5361.499,74
Outros gastos816.9464.909,94816.9464.909,94
Importe total anual6.241.51738.392,946.394.91138.434,18
(*) Aplicable a centros con profesorado de apoio, segundo Orde 30-8-2000 (DOG do 14 de setembro)

Educación secundaria obrigatoria:
Primeiro ciclo:
(Ratio profesor/unidade 1,28:1 xaneiro-agosto e 1,44:1 setembro-decembro)
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais5.002.74131.946,275.628.08333.825,46
Gastos variables625.8143.761,22625.8143.761,22
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais266.1721.599,73282.8081.699,70
Outros gastos1.062.0306.382,931.062.0306.382,93
Importe total anual6.956.75743.690,157.598.73545.669,32
Segundo ciclo:
(Ratio profesor/unidade 1,44:1 xaneiro-agosto e 1,52:1 setembro-decembro)
Salarios de persoal docente incluídas cargas sociais6.609.10741.928,296.976.28041.928,29
Gastos variables1.198.5277.203,291.198.5277.203,29
Complemento retributivo Comunidade Autónoma incluídas cargas sociais270.4301.625,32285.4621.715,66
Outros gastos1.172.2077.045,101.172.2077.045,10
Importe total anual9.250.27057.802,009.632.47657.892,35

Centros con dereito a aboamento da xefatura de estudios
Educación primaria423.9162.547,79
Educación especial423.9162.547,79
Programas de garantía social531.7023.195,59
Ciclos formativos de grao medio609.0853.660,67
Ciclos formativos de grao superior609.0853.660,67
Formación profesional de 2º grao609.0853.660,67
Educación secundaria obrigatoria: 1º ciclo423.9162.547,79
Educación secundaria obrigatoria: 2º ciclo654.7523.935,14