Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 09 de agosto de 2001 Páx. 10.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto de Alcaldía do día 31-7-2001, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación mediante concurso con procedemento aberto por tramitación urxente a adquisición dun terreo en Sofán con destino a centro social o cal se expón ó público por prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación se adiará cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: catro mil (4.000) pesetas por m.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sábado en que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións.

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación en horario das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de trece (13) días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación.

Documentación: presentaranse en sobre pechado conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 31 de xullo de 2001.

Manuel Varela Rey

Alcalde