Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 09 de agosto de 2001 Páx. 10.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO de licitación de concurso aberto da consultoría e asistencia técnica para a redacción do proxecto técnico de rexeneración do río C0roño.

1. Proxecto: redacción do proxecto técnico de rexeneración do río Coroño.

2. Tipo de licitación: 9.000.000 de pesetas (54.091,09 euros).

3. Aplicación orzamentaria: 432.640.00.

4. Prazo de execución: 3 meses.

5. Clasificación: non se esixe.

6-7. Lugar e prazo de presentación de ofertas: no rexistro xeral do Concello de Boiro durante o prazo de 13 días naturais a partir da publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG, das 9 ás 13 horas.

8. Garantía provisional: non se esixe.

9. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

10. Taxas do contrato: non.

11. Apertura de propostas: terá lugar na casa do concello ás dez horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No suposto de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

Modelo de proposición.

D/Dna...... con domicilio en....., rúa..... nº..... teléfono..... con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa)....., actuando en nome propio/ou en representación de..... DNI ou CIF nº..... e con domicilio no lugar....., teléfono....., toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da execución da consultoría e asistencia consistente en..... e para estes efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de..... pesetas (IVE incluído), que significa unha baixa de..... de pesetas, en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións.

3. Que achega a documentación exigida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En....., ..... de..... de 2001.

O/A licitador/a (asinado e rubricado)

Modelo sobre A Oferta económica.

Modelo sobre B Personalidade xurídica e xustificantes.

Modelo sobre C Referencias técnicas.

Proposición para tomar parte na contratación da consultoría e asistencia técnica para a redacción do proxecto de..... presentada por.....

En....., ..... de..... de 2001.

O/A licitador/a (asinado e rubricado)

Expediente.-O expediente e prego de condicións están á disposición dos interesados nas oficinas municipais durante o prazo e horas de presentación de proposicións.

Boiro, 31 de xullo de 2001.

O alcalde

Rubricado