Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 09 de agosto de 2001 Páx. 10.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se concede á Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galicia (Forga) a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas para as categorías IG-I, IG-II, IG-III e IG-IV.

Examinada a solicitude e a documentación anexa presentada por Leonardo Dafonte Docampo en nome e representación da Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galicia (FORGA) con CIF 6-36.818.367 e domicilio en avda. Aeroporto nº 92 de Vigo, nas que solicita renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador de gas grupos IG-I, IG-II, IG-III e IG-IV.

Feitos.

Primeiro.-A Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galicia (FORGA) foi recoñecida o 25 de xaneiro de 1999 como entidade para a formación de profesionais autorizados nos ámbitos e categorías mencionadas.

Segundo.-Con data 14 de maio de 2001, Leonardo Dafonte Docampo, en nome e representación da Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galicia (FORGA), presentou escrito no que solicita ó amparo da Orden do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial. (DOG do 16 de xaneiro de 2001), que lle fose concedida a renovación como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos nos ámbitos solicitados.

Para tal efecto, achegaba a documentación esixida no artigo 13 da citada orde.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1998, do 6 de abril, nos reais decretos e decretos de transferencia da competencia en cuestión de esta no Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, de 17 de xuño, con relación á normativa específica que resulte de aplicación.

Segundo.-Na tramitación deste expediente cumprironse tódolos requisitos regulamentariamente establecidos.

Terceiro.-A documentación presentada por Leonardo Dafonte Docampo acredita que a fundación cumpre coas esixencias establecidas no artigo 13 da Orde

do 27 de decembro de 2000 para su actuación nos ámbitos e categorías solicitadas.

Esta Dirección Xeral de Industria, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Outorgar á Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galicia (FORGA) a renovación da cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador de gas IG-I, IG-II, IG-III e IG-IV, de conformidade co establecido no capítulo quinto da Orde de 27 de decembro de 2000.

Segundo.-Para imparti-los cursos, deberase comunicar á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia de Pontevedra e a esta dirección xeral, cunha antelación de 30 días, o programa, profesorado, lugar, horario e data dos exames (para os cursos que substitúen o requisito de estar en posesión do título de ciclo medio de formación profesional e que permiten poder presentarse ós exames oficiais correspondentes, segundo Orde do 17 e decembro de 1985, BOE do 9 de xaneiro de 1986), co fin de realiza-lo control correspondente.

Terceiro.-Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar ante a dirección xeral competente en materia de industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Cuarto.-As entidades recoñecidas quedan obrigadas a comunica-los cambios que se poidan producir en su estructura de personal durante el período de validez de la autorización. Así como presentar anualmente unha memoria na que se detallen as actividades desenvolvidas.

Quinto.-Poderase, mediante resolución motivada polo director xeral competente en materia de industria, revoga-la autorización á dita entidade no caso que se incumpran as obrigas e compromisos que resultan do disposto na Orde do 27 de decembro de 2000, DOG do 16 de xaneiro de 2001.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á data da súa notificación, recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria