Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 09 de agosto de 2001 Páx. 10.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 219/2000).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Energías Ambientales, S.A. (EASA).

Enderezo social: r/ José Luis Bugallal Marchesi, 10-1º esq., 15008 A Coruña.

Denominación: liña eléctrica en media tensión aérea en dobre circuíto a 20 kV con orixe na L.A.T. 20 kV parque eólico de Novo e fin na subestación de interconexión coa L.A.T. 132 kV Cornide-Mera.

Situación: San Sadurniño e Valdoviño (A Coruña).

Características técnicas: L.M.T. a 20 kV DC aérea e capacidade de transporte 39,77 mVA, sobre apoios realizados en torres metálicas de celosía tipo MADE ou similares, de 5.616 metros de lonxitude atravesando os termos municipais de San Sadurniño e Valdoviño, con conductor simplex LA-280 e cable de fibra óptica para comunicacións tipo Pirelle-Opsycom ASDL 16F.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966 e pola disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no proxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 26 de xuño de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña