Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 09 de agosto de 2001 Páx. 10.816

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 5 de xullo de 2001 pola que se resolve a cesión en propiedade de material quitaneves ós concellos galegos para misións de protección civil.

Por Orde do 8 de febreiro de 2001 (DOG nº 39, do 23 de febreiro), a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio ós concellos galegos, consistentes na cesión de material quitaneves para misións de protección civil.

Analizadas as solicitudes e a súa documentación polos servicios competentes da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil emitiuse o correspondente informe, e de conformidade co punto 5 da devandita orde

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.04.623.0, programa 231 A, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001, a cesión en propiedade de material quitaneves ós concellos de: O Carballiño, Chandrexa de Queixa, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Lalín, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Muíños, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Samos, A Veiga e Vilariño de Conso.

Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante convenio no que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde.

En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais