Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 09 de agosto de 2001 Páx. 10.814

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de xullo de 2001 pola que se resolve a convocatoria da do 5 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 19 de marzo) de axudas de desprazamento para a realización de prácticas de campo recoñecidas nos plans de estudios correspondentes ás titulacións autorizadas pola Xunta de Galicia nas universidades galegas.

Mediante a Orde do 5 de marzo de 2001 (DOG do 19 de marzo), convocáronse e aprobáronse as bases que rexen o concurso público de axudas de desprazamento para a realización de prácticas de campo recoñecidas nos plans de estudios correspondentes ás titulacións autorizadas pola Xunta de Galicia nas universidades galegas.

De acordo co establecido no artigo 5 das bases da convocatoria, desde o día 14 ata o día 25 de maio, expuxéronse as listas de solicitudes admitidas e excluídas, podendo durante ese mesmo prazo os interesados formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentos perante a Dirección Xeral de Universidades.

Rematado este prazo, as solicitudes admitidas foron estudiadas pola comisión avaliadora citada na propia orde de convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elevada pola citada comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Artigo 1º

Concederlles axudas de desprazamento para a realización de prácticas de campo recoñecidas nos plans de estudios correspondentes ás titulacións autorizadas pola Xunta de Galicia nas universidades galegas ós centros das tres universidades da Comunidade Autónoma que se relacionan no anexo I á presente orde e na contía que se especifica.

Artigo 2º

Denegarlles axudas de desprazamento para a realización de prácticas de campo recoñecidas nos plans de estudios correspondentes ás titulacións autorizadas pola Xunta de Galicia nas universidades galegas ós centros das universidades do sistema universitario de Galicia que se relacionan no anexo II á presente orde.

Artigo 3º

O incumprimento total ou parcial por parte dos beneficiarios de calquera das condicións establecidas na orde de convocatoria do 15 de marzo de 2000, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, segundo o disposto no artigo 6 da la Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, que modifica o artigo 78 do texto refundido la Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 4º

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recuso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación da mesma no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

AXUDAS DE DESPRAZAMENTO PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS DE CAMPO RECOÑECIDAS NOS PLANS DE ESTUDIOS CORRESPONDENTES ÁS TITULACIÓNS AUTORIZADAS POLA XUNTA DE GALICIA NAS UNIVERSIDADES DE GALICIA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

NÚM. EXPED.

CENTRO SOLICITANTE

NIF

CONTÍA

ADXUDICADA

2001/000002-0E.U. TRABALLO SOCIALQ1518001A188.469

2001/000022-0ENX. ETC. AGRIC. EXPLOTAC. AGROPECUARIASQ1518001A251.230

2001/000021-0ENX. TEC. AGR. INDUSTR. AGRAR. E ALIMENTAR.Q1518001A251.230

2001/000017-0ENX. TEC. AGR. MECANIZ. AGR. E CONSTRUC. RURAISQ1518001A316.229

2001/000023-0ENX. TEC. AGRIC. HORTOFRUTICULT. E XARDINERIAQ1518001A251.230

2001/000018-0ENX. TEC. FORESTAL EXPLOT. FORESTAISQ1518001A251.230

2001/000020-0ENXEÑERIA AGRONOMAQ1518001A286.229

2001/000019-0ENXEÑERIA DE MONTESQ1518001A251.230

2001/000012-0ESC. UNIV. RELACIONS LABORAIS SANTIAGOQ1518001A251.230

2001/000032-0ESCOLA UNIV. OPTICA E OPTOMETRIAQ1518001A75.000

2001/000007-0ESCOLA UNIVERSITARIA DE MAXISTERIO (LUGO)Q1518001A100.000

2001/000011-0FAC. DE CIENCIAS: E.T.I. ESP. QUIMICA INDUSTRIALQ1518001A251.230

2001/000013-0FACULTADE DE BIOLOXIA: LIC. EN BIOLOXIAQ1518001A316.229

2001/000009-0FACULTADE DE CIENCIAS: LIC. QUIMICA-LUGOQ1518001A151.229

2001/000008-0FACULTADE DE CIENCIAS ECONOMICAS E EMPRESARIAQ1518001A60.000

2001/000010-0FACULTADE DE CIENCIAS: LIC. CIENCIA E TECNOL. ALIM.Q1518001A251.230

2001/000028-0FACULTADE DE MEDICINA E ODONTOLOXÍAQ1518001A151.229

UNIVERSIDADE DA CORUÑA.

NÚM. EXPED.

CENTRO SOLICITANTE

NIF

CONTÍA

ADXUDICADA

2001/000025-0E.S. MARIÑA CIVIL: DIPL. NAVEGACION MARITIMAQ6550005J113.470

2001/000026-0E.S. MARIÑA CIVIL: DIPL. NAVEGACION MARITIMAQ6550005J113.470

2001/000024-0E.S. MARIÑA CIVIL: LICENCIADO EN NAUTICA E T.M.Q6550005J151.229

2001/000027-0E.S. MARIÑA CIVIL: DIPL. MAQUINAS NAVAISQ6550005J151.229

2001/000003-0ESCOLA UNIVERSITARIA TERAPIA OCUPACIONALQ6550005J151.229

2001/000004-0FAC. CIENCIAS: LIC. EN QUIMICAQ6550005J251.230

2001/000031-0FACULTADE CIENCIAS DA EDUCACIONQ6550005J251.230

2001/000005-0FACULTADE DE CIENCIAS: LIC. EN BIOLOXIAQ6550005J251.230

UNIVERSIDADE DE VIGO.

NÚM. EXPED.

CENTRO SOLICITANTE

NIF

CONTÍA

ADXUDICADA

2001/000030-0ESC. TECNICA SUPERIOR DE ENXEÑEIROS MINASQ865002B286.229

2001/000029-0FACULTADE DE CIENCIAS: LIC. EN BIOLOXIAQ865002B325.000

ANEXO II

AXUDAS DE DESPRAZAMENTO PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS DE CAMPO RECOÑECIDAS NOS PLANS DE ESTUDIOS CORRESPONDENTES ÁS TITULACIÓNS AUTORIZADAS POLA XUNTA DE GALICIA NAS UNIVERSIDADES DE GALICIA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

NÚM. EXPED.CENTRO SOLICITANTECIFMOTIVO DENEGACIÓN

2001/000006-0ESCOLA UNIVERSITARIA DE MAXISTERIO DE LUGOQ1518001ASOLICITA A AXUDA PARA O CURSO ACADEMICO 2001-2002, E NON PARA O CURSO 2000-2001 OBXECTO DA CONVOCATORIA.

2001/000014-0FACULTADE DE XEOGRAFIA E HISTORIA: LIC. EN HISTORIAQ1518001ASOLICITA A AXUDA PARA O CURSO ACADEMICO 2001-2002, E NON PARA O CURSO 2000-2001 OBXECTO DA CONVOCATORIA.

2001/000016-0FACULTADE DE XEOGRAFIA E HISTORIA: LIC. EN HISTORIA DA ARTEQ1518001ASOLICITA A AXUDA PARA O CURSO ACADEMICO 2001-2002, E NON PARA O CURSO 2000-2001 OBXECTO DA CONVOCATORIA.

2001/000015-0FACULTADE DE XEOGRAFIA E HISTORIA: LIC. EN XEOGRAFIAQ1518001ASOLICITA A AXUDA PARA O CURSO ACADEMICO 2001-2002, E NON PARA O CURSO 2000-2001 OBXECTO DA CONVOCATORIA.

UNIVERSIDADE DA CORUÑA.

NÚM. EXPED.CENTRO SOLICITANTECIFMOTIVO DENEGACIÓN

2001/000001-0E.T.S. ENXEÑEIROS CAMIÑOS, CANAIS E PORTOSQ6550005JSOLICITA A MESMA AXUDA O GRUPO DE ALUMNOS DA E.T.S. DE CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS.