Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 08 de agosto de 2001 Páx. 10.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAMOS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión de data 15 de xuño de 2001, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá na contratación

da obra acondicionamento do camiño de peregrinos de S. Cristovo do Real a Sivil (límite do concello), o que se expón ó público na secretaría do concello polo prazo de 10 días para que poidan presentarse reclamacións, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Simultaneamente, anúnciase a contratación da dita obra mediante concurso aberto polo trámite de urxencia, se ben no suposto de presentarse reclamacións contra o prego, o concurso aprazarase, ata que sexan resoltas pola propia corporación.

Tipo de licitación: 9.615.801 pesetas, IVE incluído.

Garantías: provisional o 2% do tipo de licitación e definitiva o 4% do importe de adxudicación.

Proposicións: presentaranse no rexistro do concello durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Os criterios de valoración e a documentación para participar no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás doce horas do primeiro día hábil seguinte (agás sábados) a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Samos.

Teléfono: 982 54 60 02. Fax: 982 54 61 22.

Samos, 25 de xuño de 2001.

O alcalde

Rubricado