Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 08 de agosto de 2001 Páx. 10.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

EDICTO de convocatoria pública para a elección de xuíz da paz titular do concello de Nogueira de Ramuín.

Solicitudes: poderán participar na convocatoria tódolos cidadáns que reúnan os seguintes requisitos:

-Ser español e maior de idade.

-Non estar incurso nas causas de incapacidade previstas no artigo 303 da Lei orgánica do poder xudicial, así como nas incompatibilidades sinaladas no artigo 389 e s.s. á excepción do exercicio de actividades profesionais ou mercantís.

Documentación: solicitude dirixida á alcaldía coa achega dos seguintes documentos:

-Certificado de nacemento ou fotocopia autentificada do DNI.

-Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes.

-Declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980 no seu punto 1 a) referente a se se acha inculpado ou procesado.

-Xustificante dos méritos que poida alegar.

Prazo: 15 días hábiles contados desde o día seguinte ó da súa publicación. (Cóntase desde a última publicación: BOP/DOG).

Esta publicación faise para dar cumprimento ó disposto na Lei orgánica do poder xudicial, artigo 101, para proceder á elección do xuíz de paz titular deste concello.

Nogueira de Ramuín, 27 de xuño de 2001.

José Eugenio Galindo González

Alcalde