Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 08 de agosto de 2001 Páx. 10.789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2001, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, do servicio de limpeza do Centro de Saúde de Noia. (C.P. 10/2001).

A Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público por procedemento aberto, para a contratación do servicio de limpeza do Centro de Saúde de Noia.

1. Obxecto e orzamento.

Contratación do servicio de limpeza do Centro de Saúde de Noia, C.P. 10/2001, por un orzamento estimado total de 9.984.000 pesetas (60.005,05 euros), IVE incluído.

Ano 2001: 1.664.000 pesetas (10.000,84 euros), IVE incluído.

Ano 2002: 4.992.000 pesetas (30.002,52 euros), IVE incluído.

Ano 2003: 3.328.000 pesetas (20.001,68 euros), IVE incluído.

2. Prazo de execución.

A prestación do servicio deberá comezar no prazo de trinta días contados desde a data de notificación do contrato, e concluirá ós dous anos desde o seu inicio.

3. Admisión de variantes.

Non se admiten.

4. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

6. Criterios de adxudicación.

Igual que na folla de especificacións.

7. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na unidade de contratación administrativa da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela; rúa Santiago León de Caracas, nº 12, código postal 15701, de luns a venres desde as 9 ás 14 horas, ou ó teléfono 981 52 73 27 e fax 981 59 66 20, durante o prazo de admisión de proposicións.

8. Garantías exisidas.

Provisional: non se exise.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación. Ver punto 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

9. Presentación das proposicións.

As proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, antes das catorce horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

10. Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte ó último marcado para a recepción de proposicións. No caso de que este día coincidise en sábado o festivo, a apertura realizarase o seguinte día hábil.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2001.

David Bouza Álvarez

Director xerente da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela