Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 08 de agosto de 2001 Páx. 10.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2001, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos concursos públicos correspondentes ós expedientes de contratación CP-SX-6/2001 e dous máis.

O director xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, de 30 de maio) e para cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, acorda darlle publicidade ás adxudicacións dos concursos que se citan.

1. Expediente: concurso público CP-SX-6/01.

a) Obxecto: servicio de limpeza no centro de saúde e Punto de Atención Continuada (PAC) de Ribadavia.

b) Adxudicatario: Symatec, S.L.

c) Importe: 7.355.400 ptas. (44.206,84 euros).

2. Expediente: concurso público CP-SX-7/01.

a) Obxecto: servicio de limpeza no centro de saúde e no Servicio Normal de Urxencias (SNU) Novoa Santos.

b) Adxudicatario: Eurolimp, S.A.

c) Importe: 8.511.175 ptas. (51.153,19 euros).

3. Expediente: concurso público CP-SX-8/01.

a) Obxecto: servicio de limpeza no centro de saúde e Punto de Atención Continuada (PAC) de Verín.

b) Adxudicatario: Eurolimp, S.A.

c) Importe: 9.966.720 ptas. (59.901,19 euros).

Ourense, 25 de xuño de 2001.

José F. Troncoso Casares

Director xerente de Atención Primaria de Ourense