Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 08 de agosto de 2001 Páx. 10.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2001, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas do concurso público 4CCP/2001 que ten por obxecto a adquisición de apósitos e outros.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, conforme ó establecido na Orde do 21 de abril de 1998, do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de atribucións en órganos centrais e periféricos, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, e para dar cumprimento do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, acorda dar publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato de subministracións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Provincial do Sergas da Coruña, rúa Durán Loriga nº 3.

c) Número de expediente: 4CCP/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de apósitos e outros.

Lotes: A. Apósitos transparentes.

B. Apósitos de protección.

C. Compresas tocolóxicas.

D. Algodón.

E. Slips elásticos de fixación.

c) Anuncio de licitación publicado no DOG número 33, do 15 de febreiro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 30.891.297 pesetas (IVE incluído) (trinta millóns oitocentas noventa e unha mil duascentas noventa e sete pesetas) (185.660,43 euros).

5. Adxudicacións.

a) Data: 20 de xuño de 2001.

b) Contratistas.

Lote A: 3M España, S.A., Juan I. Luca de Tena, 19-25, 28027, Madrid.

Lote B e E: Unitex-Hartmann, S.A., Polígono Industrial Pla d'en Boet II, Carrasco I Formiguera, 48, 28223 Mataró (Barcelona).

Lotes C: Indas, S.A., Camino de las Huertas, 2, 28027, Pozuelo de Alarcón (Madrid).

Lote D: Texpol (Textil Planas Oliveras, S.A.), Passatge del Forn, 5 08240, Manresa, Barcelona.

c) Nacionalidades:

d) Importe de la adjudicación: 30.665.787 pesetas (184.305,09 euros).

Lote A: 5.991.428 pesetas (36.009,21 euros).

B: 15.240.469 pesetas (91.597,06 euros).

C: 5.538.000 pesetas (33.284,05 euros).

D: 2.747.490 pessetas (16.512,75 euros).

E: 1.148.400 pesetas (6.902,02 euros).

A Coruña, 22 de xuño de 2001.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña