Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 08 de agosto de 2001 Páx. 10.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2001, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas do concurso público 5CCP/2001 que ten por obxecto a adquisición de esparadrapos.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de atribucións en órganos centrais e periféricos, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, e para dar cumprimento do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, acorda dar publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato de subministracións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Provincial do Sergas da Coruña, rúa Durán Loriga nº 3.

c) Número de expediente: 5CCP/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de esparadrapos.

Lotes: A. Esparadrapo autoadhesivo.

B. Esparadrapo de tecido.

C. Esparadrapo de papel.

c) Anuncio de licitación publicado no DOG nº 33, do 15 de febreiro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 17.188.255 pesetas (IVE incluído) (dezasete millóns cento oitenta e oito mil duascentas cincuenta e cinco pesetas) (103.303.50 euros).

5. Adxudicacións.

Data: 20 de xuño de 2001.

b) Contratistas:

Lote A: Mölnlycke Healthcare Spain, S.L., Parque empresarial La Moraleja, avda. de Europa 22, 28108, Alcobendas, Madrid.

Lote B: Smith & Nephew, Fructuós Gelabert 2-4, 08970, San Joan Despí, Barcelona.

Lote C: 3M España, S.A., r/ Juan I Luca de Tena, 19-25, 28027, Madrid.

c) Nacionalidades:

d) Importe da adxudicación: 16.588.127 pesetas, (99.696,66 euros).

Lote A: 5.471.980 pesetas (32.887,26 euros).

B: 682.607 pesetas (4.102,55 euros).

C: 10.443.540 pesetas (62.706,84 euros).

A Coruña, 22 de xuño de 2001.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña