Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 08 de agosto de 2001 Páx. 10.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 27 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00001-S-2001 y outro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes, contado

desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 0182.5947.14.0200002630 do Banco Bilbao-Vizcaya, Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela, no prazo dos quince días hábiles seguintes á firmeza das resolucións (firmeza que se producirá ó non interpoñeren recurso ordinario dentro do prazo), e de non face-lo así procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Para que conste, sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela a 27 de xuño de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00001-S-2001

C-4030-BX

G.C. Tráfico

Fernando y Beatriz, S.L.

Pol. Grela Bens, estrada O Bosque, s/n, 158 A Coruña

O 8 de agosto de 2000, o vehículo C-4030-BX da titularidade de Fernando y Beatriz, S.L., desde o 22 de maio de 1998, viuse implicado nun accidente. Efectuadas as oportunas actuacións ante o xerente da citada empresa, presentouse fotocopia do seguro de responsabilidade civil válido desde o 18-8-2000 ata o 17-8-2001, non acreditando que o día do accidente 8-8-2000, o vehículo estivese cuberto polo preceptivo seguro. Non presentando documentación que acredite que os 49 vehículos da empresa se atopen cubertos polo seguro de responsabilidade civil; así mesmo tampouco presentou a autorización administrativa da actividade de aluguer de vehículos sen conductor á que se dedicaba. Requiriuse, varias veces, o xerente da empresa para que presentase os documentos acreditativos do seguro dos 49 vehículos, así como autorización administrativa, sen que fosen presentados. A empresa Fernando y Beatriz, S.L. tivo autorización de aluguer

de vehículos sen conductor ata o 30 de xuño de 2000 en que foi dado de baixa por non visar.

8-8-2000; 11

Artigo 133 da Lei

16/1987

Artigo 143 da Lei

16/1987 e artigo 201

do R.D. 1211/1990

250.000 pesetas

1.502,53 euros

XC-00154-S-2001

C-8527-AW

Policía municipal

Coacon, S.L.

Galileo Galilei-P. A Grela, 17 B, 158 A Coruña

Realizar transporte de mercadorías carecendo de tarxeta de transporte, reunindo os requisitos esixidos para o seu outorgamento. Transporta entullo de obra desde A Coruña a Monticaño-Pastoriza.

27-9-2000; 13

Artigo 90 da Lei 16/1987

e artigo 41 do R.D.

1211/1990

Artigo 143 da Lei

16/1987 e artigo 201

do R.D. 1211/1990

250.000 pesetas

1.502,53 euros