Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 08 de agosto de 2001 Páx. 10.763

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2001 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica arquitectónica, do departamento de Tecnoloxía e Ciencia da Representación Gráfica, a José Eduardo P. Ramos Fernández.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 6 de outubro de 2000 (BOE do 26 de outubro), para a provisión da praza nº 2000/059 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica arquitectónica do departamento de Tecnoloxía e Ciencia da Representación Gráfica desta universidade, a favor de José Eduardo P. Ramos Fernández, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Eduardo P. Ramos Fernández, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica arquitectónica, do departamento de Tecnoloxía e Ciencia da Representación Gráfica desta universidade.

A Coruña, 2 de xullo de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña