Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 08 de agosto de 2001 Páx. 10.753

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 31 de xullo de 2001 pola que se acorda a cesión da propiedade de bens mobles, automóbiles, propiedade do Servicio Galego de Saúde a favor dos concellos de: Bueu, Coristanco, Gondomar, Silleda, A Pobra de Trives, Taboada, Chantada, Soutomaior, Cerdedo, Padrenda e Fornelos de Montes.

O Servicio Galego de Saúde, co fin de mellora-la prestación da asistencia sanitaria na Comunidade Autónoma, concedeu permisos de utilización temporal a favor de distintos concellos de varias ambulancias propiedade do Sergas. Algúns deses vehículos, en virtude do tempo transcorrido, non son útiles na actualidade para a realización de labores de ambulancia e, de acordo o Decreto 42/1998, do 15 de xaneiro, polo que se regula o transporte sanitario, superan o tempo máximo establecido para o seu destino a fins sanitarios. Por todo iso, varios concellos solicitan a cesión dos vehículos para seren utilizados por eles para outros fins que redunden no interese xeral do municipio.

Con este fin, o Servicio Galego de Saúde tramitou o expediente de cesión de conformidade co disposto no artigo 35 bis da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e no artigo 96 bis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, engadido polo

decreto 238/1998, do 24 de xullo (Diario Oficial de Galicia nº 156, do 13 de agosto de 1998)

Por todo o exposto e en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Cesión.

Acórdase a cesión da propiedade de varios vehículos, determinados no anexo a esta orde, a favor dos concellos de: Bueu, Coristanco, Gondomar, Silleda, A Pobra de Trives, Taboada, Chantada, Soutomaior, Cerdedo, Padrenda, Fornelos de Montes.

Artigo 2º.-Cláusulas da cesión.

A cesión queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos destinaranse a fins de utilidade pública ou interese social do concello, tal e como esixe o artigo 96 bis do Decreto 50/89 e 35 bis da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma

b) A cesión outórgaralle o concello a propiedade do vehículo, comprometéndose este a realizar ante a Xefatura Provincial de Tráfico os trámites precisos para o cambio de titularidade do vehículo.

c) Os bens cedidos destinaranse a outros fins de utilidade pública ou interese social do concello, debendo o concello proceder a retirar do vehículo todo anagrama ou rotulación que puidera identificalo

como vehículo sanitario, asi como a aboa-los gastos que puidera orixina-la transformación do dito vehículo.

Artigo 3º.-Formalización.

A cesión da propiedade formalizarase mediante acta subscrita polo director xeral da División de Recursos Económicos do Sergas e o órgano competente dos distintos concellos, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón na presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación do Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2001.

Como encargado do despacho dos asuntos

da Consellería de Sanidade e Servicios

Sociais durante a ausencia do seu titular

(Decreto 178/2001, do 27 de xullo,

DOG do 30 xullo)

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Relación de concellos e vehículos obxecto da cesión:

VehículoConcello

Renault TraficC-2539-AWBueu

Nissan SerenaC-1140-BLCoristanco

Nissan VanettePO-6687-ADGondomar

Nissan VanettePO-1883-AHSilleda

Renault TraficC-3462-AVA Pobra de Trives

Nissan PracticC-8404-BCTaboada

Renault TraficC-7260-BCChantada

Nissan VanettePO-6385-AHSoutomaior

Nissan VanettePO-3130-ADCerdedo

Renault TraficC-3461-AVPadrenda

Nissan VanettePO-3681-FFornelos de Montes