Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 07 de agosto de 2001 Páx. 10.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MAZARICOS

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a adquisición dun terreo.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Mazaricos, expediente tramitado na secretaría.

2. Obxecto do contrato.

Adquisición dun terreo para a construcción dun recinto feiral, espacio multiuso (mercado de gando, productos autóctonos, exposicións ...).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Ordinaria, concurso con procedemento aberto.

4. Orzamento de licitación.

O prezo máximo de m edificable é de 15.000 pesetas; prezo máximo do predio 15.000.000 de pesetas.

5. Obtención de documentación e información.

Nas oficinas do concello, situada na avda. 13 de abril nº 59, A Picota. Teléfono 981 86 71 04, no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio (BOP ou DOG).

6. Presentación de ofertas.

No prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio, presentando a documentación esixida no prego de condicións aprobado o día 26 de xullo de 2001 pola alcaldía.

7. Apertura de plicas.

Na casa do concello, ás trece horas do quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día é sábado, trasládase o acto ó luns seguinte.

8. Modelo de proposición.

Está contido no prego de condicións.

9. Exposición do prego.

O prego de condicións queda exposto ó público durante o prazo de oito días para que as persoas e as entidades interesadas poidan presenta-las alegacións, suxestións e reclamacións que xulguen oportunas.

Mazaricos, 26 de xullo de 2001.

O alcalde

Rubricado