Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 07 de agosto de 2001 Páx. 10.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, con data do 24-7-2001, o estudio de detalle para a ordenación de volumes no predio CS 1 do polígono de Augas Férreas, solicitado por José Constantino Núñez Vázquez.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, número 197), e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 26 de xullo de 2001.

P.D.

José A. Mourelle Cillero

Letrado consistorial

Visto e prace

Xosé C. López Orozco

Alcalde