Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 07 de agosto de 2001 Páx. 10.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/66-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. enlaces polígono As Gándaras.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 576 m de lonxitude, con conductor tipo LA-180, desde un apoio s/n tipo 2HV/12 da L.M.T. D/C ATI.7.18 e 7.19 ata o apoio N.3 desde onde se realiza a derivación ó C.T. Orbenlle. L.M.T., aérea, a 15 kV, de 32 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio proxectado N.3 ata o C.T. existente en Orbenlle. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 995 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio N.3 desde onde parte a derivación o C.T. Orbenlle ata o centro de reparto existente no polígono. Toda a instalación está situada no concello do Porriño.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 15 de xuño de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra