Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. Vilacriste-Cora.
Situación: A Estrada.
Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.490 m de lonxitude, con conductor LA-56, desde un apoio s/n da L.M.T. Piñeiro-Vea ata o C.T. existente de Cora, no Concello da Estrada.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 14 de xuño de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra