Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 07 de agosto de 2001 Páx. 10.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2001, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación, trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada PO-200, treito: Aciveiro-O Cachafeiro, clave: N/PO/90.8.4.2, termo municipal de Forcarei.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 6 de febreiro de 2001 procédese á aprobación do proxecto de trazado das obras de acondicionamento da estrada PO-200, treito: Aciveiro-O Cachafeiro, clave: N/PO/90.8.4.2, termo municipal de Forcarei, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 22 de febreiro de 2001 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas obras polo Decreto 53/2001, publicado no DOG nº 50, do 12 de marzo.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para procederen ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Forcarei:

Día: 28 de agosto de 2001.

Horario: das 9.30 ás 13.30 horas.

Do predio nº 001 ó predio nº 075.

Día: 29 de agosto de 2001.

Horario: das 9.30 ás 13.30 horas.

Do predio nº 076 ó predio nº 150.

Día: 30 de agosto de 2001.

Horario: das 9.30 ás 13.30 horas.

Do predio nº 151 ó predio nº 225.

Día: 31 de agosto de 2001.

Horario: das 9.30 ás 13.30 horas.

Do predio nº 226 o último predio.

A relación de titulares dos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no Concello de Forcarei, e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Pontevedra, na rúa Said Armesto nº 1, 36001 Pontevedra.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuaren no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo acompañarse, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, para o fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante o Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Pontevedra, as alegacións que consideren pertinentes para o obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 26 de xullo de 2001.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe