Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 07 de agosto de 2001 Páx. 10.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 2 de xullo de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se notifica apertura de expediente sancionador, pendente de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Benbrún, S.A.)

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase: apertura de expediente sancionador pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase ós interesados que ser sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América Bloque 1 portal Oficinas 2ª planta Vigo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o dia seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 2 de xullo de 2001.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Benbrún, S.A.

CIF: A-36839108

Luis Taboada, 27 baixo

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais

e actos xurídicos documentados.

Expte. Sancionador nº 73/01.

Exercicio: 1998

Asociado á acta nº 173-076. Modelo A02